En vista das críticas vertidas sobre o seu sistema operativo, Microsoft decidiu inverter 210 millóns de dólares nunha campaña de publicidade para mellorar a súa imaxe.
Na busca de lavar a imaxe do Vista
Responde así á campaña lanzada por Apple baixo o lema “Mac contra PC”, na que se fai unha comparación entre un home pasado de moda que usa un PC e un home moito máis guapo que utiliza un Mac.
A campaña de Microsoft, creada pola axencia Crispin Poter + Bogusky, comezouse a difundir onte cun anuncio protagonizado polo cómico Jerry Seinfeld e o cofundadador da compañía, Bill Gates.
Microsoft decidiuse a lanzar esta campaña para facer fronte a tódalas críticas que vén sufrindo o Windows Vista desde que se lanzou en 2007.
Malia todo, as vendas de 180 millóns de licencias do Vista semellan non verse afectadas polos seus detractores, que o tachas de anticuado e difícil de usar, en comparación cos ordenadores de Apple.
FWWWRANDO
Se tódolos coches vendidos en concesionario levarán rodas michelin, tamén michelin habería vendido 180 millóns ou máis de licencias das súas rodas. Eu aínda non coñecín a ninguén que me dixera que estaba encantado có Vista, o único que atopei foi a pregunta: ¿e non se pode cambiar polo windows xp?