No país veciño o número de granxas pasou de 60 mil a 15 mil en dez anos, un descenso que se acentúa sobre todo nas pequenas e medianas.
A desaparición das explotacións leiteiras é un fenómeno que non vivimos unicamente en Galiza. No noso país a última campaña arrincou cun total de 13.096 granxas, máis dun milleiro menos que no ano anterior. En Portugal non son alleos ao drama do abandono do sector leiteiro, sobre todo por parte dos gandeiros máis modestos. O xornal portugués Público informa este luns de que o seu sector leiteiro perdeu 45 mil explotacións nos últimos dez anos, segundo os datos do Eurostat, a oficina estatística da Unión Europea.
Hai que subliñar que esta diminución de explotacións afecta sobre todo a aquelas de menor dimensión, o que o xornal portugués achaca a un proceso de axuste, onde o mercado seleccionou as empresas máis competitivas. Estas explotacións máis grandes terían unha maior facilidade para incrementar a tecnoloxía nas súas granxas, para mellorar a alimentación ou incrementar as condicións sanitarias e, á súa vez, aumentar a rendibilidade por animal. Isto explicaría que, se ben o número de vacas produtoras pasou de 380 mil a 280 mil, a produción de leite mantense nos perto de dous millóns de litros por ano.
Malia todo, a estrutura leiteira de Portugal continúa a sentar os seus alicerces nas pequenas explotacións. Máis do 90% das granxas producen menos de cinco mil toneladas de leite por ano, mentres que o 5,6% producen entre cinco mil e vinte mil toneladas por ano e o 2% por riba das vinte mil toneladas. Esta non é unha situación típica da Unión Europea, onde só media ducia de Estados ten maioría de pequenas explotacións.
Seica é mais rendível trazer o leite desde Singapur que mungir a vaquinha aquí ao lado.
"Isto explicaría que, se ben o número de vacas produtoras pasou de 380 mil a 280 mil, a produción de leite mantense nos perto de dous millóns de litros por ano."
Pois serám 2 milhões de toneladas, porque 2 milhões de litros/ano produze-os qualquer parroquia que tenha explorações lácteas.
Descoñezo moito do que está a pasar en Portugal coas explotacións agrogandeiras, pero pasará máis ou menos coma eiquí na Galiza. Por iso o meu modesto comentario fareino sobre o noso País. Ainda que supoño que no País veciño no haberá moita diferenza.
Estase a facer unha publicidade enganosa con fondos públicos dende a Consellaría do Medio Rural: NOVA SABEDORIA DO RURAL. Hai moito máis que innovación, producicón e calidade. Hai moito máis que boas oportunidades para a mocidade que elixe traballar no novo rural. Hai outra filosofía de vida….unha nova sabedoría. E ti….se sempre volves ao rural….Por que non ficas a traballar nel?
Imos ver: se o Sr. Suárez Canal, D. Alfredo, descoñece a resposta entón ainda é máis inepto do que eu pensaba. Se a coñece, que creo que si, entón debería dicerlle toda a verdade aos labregos que tentan ficar no rural e non vender fume nin intentar enganalos disa maneira. Por se serve de algo, voulle dar unhas cantas claves do por que a xente moza non fica a traballar no rural.
Se ficas a traballar no rural serás o apestado e o paleto do século XXI. Se ficas a traballar no rural non terás acceso as novas tecnoloxías e xogarás en desvantaxe. Se ficas a traballar no rural trababallarás da orde de 110/120 horas semanáis (igualiño que o Sr. Conselleiro). Nin tan sequera terás festivos. Se ficas a traballar no rural serás o culpábel dos incendios forestáis. Se tés unha leiriña a monte estarás a cometer un delito. Se ficas a traballar no rural non terás os servizos mínimos (alcantarillado, traída de auga, t.v. TDT, enerxía eléctrica moi deficiente; que cha cobrarán a prezo de ouro; medios públicos de transporte axeitados tanto para ti coma para mandar aos teus fillos a escola, estradas adaptadas aos tempos actuáis,(¿corresdoiras?) espazos de lecer, etc. Se ficas a traballar no rural o teu traballo e os teus productos non terán prácticamente nengún valor económico no mercado, polo tanto non serás remunerado polo teu traballo. Se ficas a traballar no rural vivirás, cun pouco de sorte, das esmolas que a Consellaría che venda coma un favor (caciquísmo, puro e duro). Se ficas a traballar no rural serás de por vida un cidadán de terceira. Se ficas a traballar no rural, o pouco tempo que che quede livre , terás que adicalo a burocracia do papeleo para poder producir e recibir algunha esmola. Se ficas a traballar no rural estarás condenado a botar o peche máis cedo que tarde. Se ficas a traballar no rural; facendo caso dista publicidade enganosa; estarás hipotecado e endebedado toda a vida. Se decides ter fillos; ista; pasará a eles. Se pagas a seguridade social con dereito á baixa; no caso que a necesites; terás que contratar persoal que che faga o teu traballo co cal sairás máis endebedado. Se ficas a traballar no rural, nunca terás un sindicato que te defenda, pois xa se encargará o Conselleiro de turno de untarlle ben pra que calen. ¡E calarán pola conta que lles tén! Non lles importarás ren de ren. Se ficas a traballar no rural estarás sempre atado e debaixo das grandes agroindustrias das cales todos os conselleiros de agricultura ou medio rural son aduladores e cómplices, Etc., etc…..Ainda que podería seguir.
Dime:…¿ainda desexas ficar a traballar no rural? Se a resposta é afirmativa, alégrome moito. Polo menos non veremos desertizada e despovoada, máis do que xa está, a Nación Galega. Se a resposta é non, pois entendereite e incluso che direi que eres unha persoa caval.
Namentras o Sr. Conselleiro adícase a: a disfrutar do seu coche oficial, a sentar acomodadiño na súa cadeira de pel, dun despacho que pra que contarche, a fachendear dos seus contratos homologados ¡sen precedentes! (sen prezo en orixe, claro) favorecendo a patronal, a untarlle aos sindicalistas que discrepan, a visitar as grandes adegas; cun par de viñiños engadidos; a visitar as agroindustrias multinacionáis; que serán as que che fundan na miseria; e facerlle o cesto ao gran capital, a por en mans da banca o traballo que tiñan que facer os sindicatos agrarios, (contrato de explotación sustentábel), a montar chiringuitos privados na Xunta con fondos públicos, etc, etc,.Podería seguir, pero iste “Señor” non e merecente de tanta publicidade devalde. Polo ben diste País, mellor que Vostede se adique a dar clases de matemáticas e deixe aos labregos tranquilos. Non os meta en camisas de once varas das cales Vde. sabe moi ben que nunca sairán (falo das pequenas e medianas explotacións familiares). Iso da a entender que un ¿nacionalista? como Vde. descoñce a súa Nación. Na agricultura; e xa que logo Vdte. e profesor de matmáticas; dúas +dúas non sempre suman catro. Por certo, teño entendido, segundo a prensa que Vde. tamén é dos que conta cos pluses dos sobresoldos. ¡Carallo! Pois dígallo clariño aos labregos. En fin…..mellor non seguer. Xa perdín bastante tempo con respeito a Vde., ainda que creo que o gañei para que os labregos cavilen un chixco e que logo, faltaría máis, fagan o que crean máis axeitado.
Galicia perdeu máis dunha cuarta dos seus traballadores do sector primario nos tres anos e medio de bipartito:
http://www.terra-galega.org/2008/03/en-s-dous-anos-e-medio-o-sector.html">http://www.terra-galega.org/20...
Galicia perdeu nestas últimas décadas catrocentosmil postos de traballo no mar e no agro:
http://www.terra-galega.org/2008/09/adeus-galicia-labrega-e-marieira_06.html">http://www.terra-galega.org/20...
Onde queda a defensa a ultranza dos nosos "sectores produtivos"??
http://www.terra-galega.org
Embora discrepe nalgumas afirmações, no fundamental concordo com a exposição feita por Vakaloura.
No dos sindicatos: se houver algum SLG que não siga os nossos mandados já nos encarregaremos nós (UPG & cia) de montar uma campanha de difamação para ver depois de dividir o sindicato em dous.
O de apestado e paleto do século XXI já é algo mais relativo, no sentido de que isso moitas vezes também é uma apreciação pessoal. Depende, em parte, da imagem que cada pessoa tenha de sim mesma.
E eu que votei no BNG precisamente por que fixeram algo com o rural...
Afonso_ch: Discrepar e moito bo. Ninguén está na posesión da verdade absoluta nin falla que fai. Herdei a miña preocupación polo medio rural dende os meus antergos: bisavós, avós e pais. Respecto dos sindicatos ou sindicalistas do agro todos os seus traballadores teñen unha nómina ao fin do mes sen traballar nin vivir ningún deles do agro, sobre to os máximos dirixentes.Por iso manipulan sen saber ren de que vai o problema, ¿entendes? Máis a nómina dos labregos son as súas colleitas e o valor que estas poidan acadar no mercado. A nómina dos traballadores dos sindicatos agrarios e a súa existencia depende de que haxa ou non labregos que aboen a súa correspondente cota, ademais das subvencións das distintas administracións. O mesmo ocorre que haxa unha Consellaría do Medio Rural. Para que ten que existir unha Consellaría do Medio Rural se quedamos orfos de labregos? Mellor dito, se practicamente xa non temos rural? No tocante ao de apestado ou pailán, non o digo por min, eu endexamais me sentiría tal. É o sentir da sociedade en xeral, dos sindicatos agraristas, moi vividores, que nunca viron unha leituga ou unha vaca. E sobre de todo dunha certa clase política que sinte odio ao medio. O rural para os políticos non deixa de seren un grande problema. Eu persoalmente, nunca me sentiría un apestado ou pailán, posto que todas as profesións son igual de dignas coma outras, pero estou a falar en nome de moitos labregos que si que se senten apestados e dígocho despois de percorrer e vagar a Nación Galega e recoller o sentir do pobo agrarista. Para rematar direiche que a Consellaría sabe xogar moi ben cos sindicatos: "Divide et impera".Divide é conquista. Esperemos que non, pero moito medo sinto de que "Alea iacta est" ¡A SORTE ESTÁ BOTADA!