O espazo natural de Doñana conta cun Instalación Científica e Técnica Singular (ICTS) composta por mil sensores ó longo do parque que permitirán o libre acceso ós datos científicos dos investigadores e dos cidadáns.
Algúns dos dispositivos instalados en Doñana
Segundo o investigador do CSIC, Ramón Soriguer, esta instalación converte a Doñana nun laboratorio global, dentro dun proxecto único no mundo tanto pola complexidade tecnolóxica como polo valor ecolóxico do parque natural, ecosistema declarado Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera.
O ICTS desprega en Doñana un milleiro de sensores remotos, cámaras de televisión e infrarroxos e outras infraestructuras tecnolóxicas, conectas entre si en tempo real por fibra óptica, enlaces de radio, GPS e satélite, e ás que se pode acceder libremente por internet.
Todos estes terminais tecnolóxicos transmiten en tempo real indicadores como a temperatura, a humidade, o vento, a chuvia, a fisioloxía e metabolismo de prantas e solos ou os fluxos de carbono.
Ademais, a rede concíbese como unha unidade de vixilancia intensiva do ecosistema do parque, xa que permite o seguimento de vertebrados e insectos e pode actuar como rede de alerta ante continxencias como inundacións, contaminación ou actividades humanas.
Toda a información recollida a través da ICTS unirase ás bases de datos acumuladas pola Estación Biolóxica de Doñana, que ten xa medio século de antigüidade.
FWWWRANDO