Os arquivos estaban depositados baixo chave nas dependencias dos propios axentes á espera de que a xustiza tomase unha decisión.
O que está a acontecer en Sada seméllase cada vez máis a unha película de suspense. Por se non houbese xa argumentos abondo para este esperpéntico “thriller”, o Concello de Sada vén de denunciar diante da Garda Civil que alguén roubou parte dos ficheiros ilegais que estaban depositados en dependencias municipais. Tal e como denunciou no seu momento Vieiros, os polémicos arquivos da Policía Local de Sada, que contiñan datos persoais de veciños (algúns deles menores), estaban baixo custodia do responsábel en funcións deste corpo policial por indicación da propia Garda Civil, á espera da actuación da Xustiza.
Este funcionario comunicoulle este martes ás autoridades do consistorio que desapareceran parte dos arquivos que tiña depositados nun armario pechado. Precisamente, os autores do roubo puxeron especial atención á hora de eliminar todas as fotos tipo 'polaroid' que apareceran canda os ficheiros. As instantáneas recollían imaxes de menores que foran retidos nas quendas de noite que facían os axentes.
O goberno local ten previsto achegarse este mércores até a Fiscalía para pedir consello do que facer cos arquivos que aínda quedan nas dependencias da Policía Local. Tres semanas despois do escándalo das fichas policiais, as autoridades xudiciais aínda non se dirixiron ao Concello de Sada para ver de tomar medidas ao respecto destes arquivos.
Noticias relacionadas co caso publicadas en Vieiros:
Vaia escándalo! Que veñan os do CSI. Este país é de pandeireta
Alguém duvidava que fosse algo previsível?
E que isso de por o zorro a guardar das galinhas nunca deu moi bom resultado!
"...documentos que estavam depositados nun armario pechado..." nem um mísero cofre forte têm?
Ou é que existiu algúm tipo de acordo para fazer desaparecer as provas??
Impunidade policial...
E as autoridades xudiciais? pasaron 3 semanas e non foron quén de levantar os ficheiros.
Non creo na xustiza diste país.
Seria de riso se não fosse de chorar.
Devem pensar que somos parvos, mas o certo é que algo parecemos...
Vergonhento e previsibel. Nalgúns comentarios das novas anteriores sobre este tema ja se apuntaba o mesmo. Pero que lhe imos fazer, mentres nom haia um cambio de réxime as cousas seguiram assim, como van a cambiar se seguem estando as mismas institucións, xuices e policía que durante a época franquista??