Bieito Lobeira afirma que o BNG "defenderá aqueles proxectos que se impulsen en Galiza, sempre que se adapten á legalidade vixente".
Piscifactoría de rodaballo de Lira
A conselleira de pesca, Carme Gallego, destacou que as firmas acuícolas disporán dun "magnífico instrumento" de ordenación territorial para a creación de novas infraestruturas, en relación ao plano recentemente aprobado. Ademais, incidiu en que a legalidade vixente amparará a creación de cada unha das plantas mariñas previstas no Plan Acuícola, ao tempo que asegurou que o Goberno non xogará cos intereses dos cidadáns.
Gallego, que respondía a unha interpelación do PPdeG para esixir a anulación de varias piscifactorías polo rexeitamento social xerado, cualificou de "impecábel" a súa tramitación e vaticinou que rematará coa especulación sobre o solo, xa que despois dun concurso público, as empresas disporán dunha concesión administrativa dun máximo de 30 anos para desenvolver a súa actividade.
En canto ás firmas que optarán á construción das granxas mariñas nas 24 piscifactorías que prevé este documento, Gallego adiantou que xa recibiron 18 propostas de diferentes empresas acuícolas, e que un terzo delas están interesadas nos novos emprazamentos (13). Ademais, avanzou que a súa consellería aprobara en breves a primeira planta orientada á produción de cultivos mariños e aproveitou para solicitar o "apoio responsabél" dos tres grupos políticos.
Debate parlamentario
Pola súa banda, o portavoz de Pesca do BNG, Bieito Lobeira, afirmou que a formación nacionalista "defenderá aqueles proxectos que se impulsen en Galiza, sempre que se adapten á legalidade vixente" e adiantou que velarán polo "respecto a criterios urbanísticos, ambientais e industriais". Neste eido, Lobeira admitiu que pon en cuestión algúns dos emprazamentos escollidos, e dixo que o Bloque actuará con "responsabilidade e coherencia".
Finalmente o deputado do Partido Popular, Xosé Manuel Balseiro, afirmou que este plan é "inviábel e ineficaz" e falou de "división no Goberno", en relación ás declaracións que hai unha semana facía Lobeira, e que despois matizou Anxo Quintana.
Bieito, ponte a rexeitar xa a piscifactoría da Punta da Roca dos Patos, na ría de Vigo, está sobre chan rústico de protección de espazos naturais e esa cualificación impide calquera tipo de construcción
o plan non define construccións, o que fai o plan acuícola e cambiar o tipo de uso do chan que pasará a posibilitar que se constrúan piscifactorías... estar está ben pensado, o que non está é ben executado... pero supoño que a dirección xeral de conservación da natureza tamén tería algo que dicir ao respecto cando se lle consultou...
Estou certo que o BNG non vai permitir a instalación de determinadas "acuícolas".
O resultado final será un Plano recortado, inicialmente na negociación e posteriormente na execución.
Isto chamase intelixencia política e empregar en cada instancia os medios que se teñen.
Parabéns Bieito.
#3, e quem o garante? tu, algum adivinho, ou um documento com letras bem grandes onde se leia "DENEGADO"?
Parabéns ao Bieito por lutar, mas a victória ainda está bem longe.
A combinación da política e da mobilización social... os resultados non os pode garantir ninguén, a realidade évos así...
Si, Bieito, que nom chora nom mama, e quem vam ser @s afortunad@s?. E que dí Fernandito o gassístico?, ainda tedes pendente a vossa trapalhada eólica. Pero os sociatas nom vos vam protestar escarelhedes o que escaralhedes polo monte arriba. Com estes "nacionalistas" já nom fam falta os espanhois para destroçar o país.
O plano acuicola do PP era unha merda, pro o do actual goberno no fondo non é moito mellor xa que permite un feixe de macropiscifactorías, que van levar un feixe de cartos da administración, e mentras tanto o noso sector terciario o carallo por falta de axudas adecuadas que melloren a explotación dos recursos. Agardo que cando se monten estes monstruos os nosos políticos estean a altura esixindo todolos controis medioambientais necesarios e algún mais.
As piscifactorias poden ser útiles pero sempre que o seu tamaño sexa reducido e sostible, estas macroplantas non creo que sexan tan neutras como nos fan crer, e estas empresas o único que buscan é o carto rápido o menor custe posible, sen importarlle un carallo o medioambiente.