Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
35º aniversario do golpe de Estado en Chile

EUA planeou o derrocamento de Allende dende o mesmo intre en que foi electo

O Arquivo Nacional de Seguridade estadounidense desclasifica novos documentos que confirman a xa probada intervención da Administración Nixon.

Redacción - 14:00 11/09/2008
Pinochet e Kissinger

Pinochet e Kissinger

Estados Unidos intentou derrocar o presidente Salvador Allende dende a primeira semana en que foi electo, en setembro de 1970, segundo documentos difundidos esta cuarta feira polo Arquivo Nacional de Seguridade do país norteamericano e que recollen conversas entre altos cargos do goberno de Richard Nixon. O anuncio realizouse esta cuarta feira, véspera do 35º aniversario do golpe de Estado en Chile.

Nunha destas comunicacións, rexistrada o 12 de setembro de 1970, oito días despois de que Allende gañase as presidenciais, o daquelas asesor de seguridade, Henry Kissinger, afirma que "non podemos permitir que Chile marche polo sumidoiro". Ao outro lado do teléfono estaba o director da CIA, Jesse Helms, que coincidiu co seu interlocutor.

O Arquivo Nacional de Seguridade, un instituto independente de estudos, tamén desclasificou transcricións de conversas de Kissinger con Nixon e co seu secretario de Estado, William Rogers. De acordo a eses documentos, Kissinger informoulle a Nixon de que Rogers recomendara "decidir con sangue frío que é o que compre facer e entón facelo". No entanto, alertou da necesidade de actuar con cautela para que a imaxe de Estados Unidos non se vise prexudicada.

A información feita pública confirma unha vez máis que o goberno de EUA liderou o proceso de desestabilización do goberno de Allende, derrocado polo xeneral Augusto Pinochet hai 35 anos. Outros documentos desclasificados con anterioridade xa probaran que EUA, por exemplo, financiara o paro de camioneiros, en outubro de 1972, dando inicio ás accións para derrocar a Allende.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)

Comentarios (37)

Afonso_ch #1 11/Setembro/2008 Afonso_ch
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não não, o que queria o kissinger era instaurar uma democracia segundo a linguagem actual politicamente correcta.
O facto de que a democracia já estivesse presente não ia mudar em nada os seus planos.
porque uma outra democracia (pinochetista) era posível

Em toda parte baqueia
A muralha imperialista
Na ponta duma espingarda
Os povos da Indochina
Varrem da terra sangrenta
Os fantoches de Kissinger

Mas aqui também semeias
No pátio da tua fábrica
No largo da tua aldeia
A fome, a prostituição
São filhas da mesma besta
Que Kissinger tem na mão

Valor à Mulher Primeira
Na luta que nos espera
Só não há vida possível
Na liberdade comprada
Na liberdade vendida
A morte é mais desejada

A NATO não chega a netos
Abaixo o hidrovião
Na ponta duma espingarda
O Povo da Palestina
Mandou a Golda Meir
Uma mensagem divina


Da CIA não tenhas pena
Tem carne viva nas garras
É a pomba de Kissinger
Toda a América Latina
Se lembra das suas farras
A mesma tropa domina


A mesma tropa domina
Só um é embaixador
Mas nada nos abalança
A dormir sobre a calçada
Faz como o trabalhador
Dorme sobre a tua enxada


Faz como o atirador
Dorme sobre a espingarda

(Os fantoches de Kissiger, José Afonso)

ObdulioVarela #2 11/Setembro/2008 ObdulioVarela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguén o dubidaba?

Gaviotero #3 11/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

E hicieron bien los EE.UU...

alboiando #4 11/Setembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o pior é que o politicamente correcto critica os xogos olímpicos da china e nada di da delegacións dos EUA. por que será que hai 11-s en new york se xa houbo un no Palacio de la Moneda. Em cada esquina um ALLENDE...

trapalleiro #5 11/Setembro/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa se che escapou outra vez esa raiba facha aznar que tanto disfrazades con democracia centro e non sei que conachadas máis.

Hermerico #6 11/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E agora está planeando o derrocamento de Chávez, Correa, Morales, Castro... é o que fam os estados terroristas, com os seus sicários colombianos , sionistas, británicos...(Espanha nom chega nem a sicário)

godot #7 11/Setembro/2008 godot
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero:
Non tes vacacións?
Deberias ver mundo, a ver se aprendias algo.
Que che pasou para que estes comentando con esa rabia todolos artigos de vieiros?
Por certo tes algo mais que facer na tua vida que estes comentarios cheos de maldade?
Eres libre de facer co teu tempo o que che apetezca.
Un consello: o mundo é moi grande e está cheo de xente.
Pasao ben.

O de Allende ninguén o dubidaba.

carlosroca #8 11/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa vedes de que lle serveu, poucos gobernos amigos lles quedan, por non dicir ningún...

xaviersouto #9 11/Setembro/2008 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Um pode pedir perdom por cousas que fijo no passado e seguir a fazer falcatruadas no presente. Olhai para o que lhe está a ocorrer a Morales em Bolívia. E a imprensa espanhola diz que a culpa é de ele, ou que nos comícios de fai uns meses empatou, quando em realidade superou o 60% dos votos.

Barcelos #10 11/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Gaviotero, que tanto lle molesta o fascismo e gústalle a democracia, lémbrolle, aínda que seguramente el non nacera en 1973, que Allende foi elixido presidente democraticamente e derrogado por un golpe de estado de Pinochet, un dos fascistas máis sanguinarios de Latinoamérica na segunda mitade dos século XX, xunto con Videla en Arxentina.

(Sí Gaviotero, que vivan los EEUU tan demócratas y justicieros)

BonKarallan #11 11/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Kissinger. Un jodío fascista. Premio Nobel da Pax Eterna. AMEN

COUTOVEN #12 12/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que USA non desexase que Allende accedese ao goberno Chileno. Non é ningunha novidade. Como non é ningunha novidade que as ditaduras do sur de América Latina na década dos 70 tiñan o visto bo deste país.

Isto só é unha confirmación de algo coñecido. O interesante é que a información se sustenta nunha decisión voluntaria do goberno de Estados Unidos de desclasificar documentos. É dicir, é o mesmo imperio o que confesa. Non é produto dunha investigación xornalística. Moito menos unha orde dun tribunal. É dicir. Sacaron os trapos sucios ao sol de forma voluntaria.

Non cren vostedes que outros países como Rusia, China, Corea do Norte, Alemaña Oriental, etc. terían que descualificar tamén os seus documentos secretos? Non me dirán que estes son mansas pombas.

Eu creo que se isto ocorrese a pestilencia non a aguantaría ninguén xa que USA xunto cos países anteriores. Sen esquecer a Francia e o Reino Unido. “SON CAIMANES DEL MISMO CAÑO? como se di en Venezuela.

Si con noticias como estas se pretende dar a entender que USA é o único que ten trapos sucios. Sinceramente oféndese a intelixencia dos lectores. O único que queda claro. É que até os momentos son os únicos que se atreven a permitir o acceso a esta información. E créanme. Dubido moito que o imperio mostre as súas pezas mais intimas e verdadeiramente comprometedoras. Cando empezasen os outros?

Unha cousa que dignifico a Allende foi, que accedeu ao goberno de forma democrática, cun modelo socialista moderno e alternativo. Que sendo Medico e non militar. Defendeu a democracia no palacio da moeda xeonllo en terra. Algo que moitos militares golpistas en latinoamericana non fixeron. Os cales ao verse derrotados optaron con esconderse nun edificio histórico ou baixo a sotana da xerarquía eclesiástica. O mellor exemplo é Hugo Rafael Chávez Frías.

Tino #13 12/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E alguén duvida q os enfrontamentos q hai en países latinoamericanos hoxendia non está o auto-Bush metendo o fociño?
Eses onde meten a pasta, meten a bala.

baltar69 #14 12/Setembro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

faltaba o chavezcomentario diario, mesié. recórdame vostede a el país, que se non é nun sitio é noutro, sempre deixa caer algunha lindeza contra o presidente venezolano.

ecoe #15 12/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A chavezchorrada de cada día. E mira que é bocazas (en directo e cando non pensa)o Chávez (auténtico), mais haivos ben quenes fan dele unha minucia, a comparar.

A violencia agóchase á espera da oportunidade e proe no lombo coma un coitelo. Hai qasuen non aguanta e espicha seguido. Como dicían os vellos: Deus nos aparte dos pés a áuga, que o que é da boca, ben nola apartamos nós.

Chardella #16 12/Setembro/2008 Chardella
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Recoméndovos a lectura do novo libro de Naomi Klein, La doctrina del shock. Nel fai un repaso, entre outra couas, das intervencións directas ou indirectas dos EUA na soberanía nacional de moitos países do mundo. Entre eles: Chile, Arxentina, Perú, México, e logo en Asia, en África. O capítulo dedicado á investigación no lavado de cerebro e mecanismos tortura é estarrecedor.

Desexo que Evo Morales non sexa un novo Allende. Desgraciadamente xa morreu xente no seu país. Debezo que non sexa en valde.

Dito isto estou coa reflexión que fai 12 Coutoven sobre a autodenuncia dos EUA. Evidentemente non podemos culpar a todos os estadounidenses porque son moitos os que fan oposición desde dentro á política exterior do seu goberno. Estou con Coutoven que EUA non é o único EStado que ten mortos no armario. Son moitos outros e non teñen a mesma oposición dentro da súa sociedade civil ou esta non ten a mesma liberdade para facelo.

Hermerico #17 12/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os golpes de estado, os genocídios, as operaçons encubertas, se as reconheces trinta anos despois já nom som tam graves, essa transparência informativa retardada dá umha pátina de democracia à criminalidade imperial. Allende na sua tumba está mais tranquilo desde que os terroristas EUA desclasificarom os detalhes. Os miles de guatemaltecos, salvadorenhos, colombianos, nicaraguenses,... assassinad@s polas forças mandatárias dos ianques descansarám em paz quando os terroristas globais digam: Estabem, fômos nós.
Vá, outra imbecilidade social-demócrata!

COUTOVEN #18 12/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Grazas Chardella polo seu comentario onde invoca a pluralidade de pensamento e compartindo o criterio que en materia de intervención das grandes potencias, ningunha pode presumir de castidad. Comparto a súa opinión que unha cousa son os pobos e outras son os gobernos. Ninguén fóra dos fanáticos de sempre. Pode pretender que o feito de ter unha nacionalidade ou unha forma de pensar poida ser culpado pola política do seu país de orixe. De tal maneira que desculpe o resto do comentario o cal esta destinado aos archiconocidos adoradores ultramarinos de Chávez. Que son incapaces de emitir conceptos senón descualificacións ao carecer de argumentos.

Que están a esperar? Vingan a Venezuela e loiten polo que tanto defenden. E de todo estar tan ben como vostedes din .Queden a vivir aquí e pasen da teoría a practícaa.

Hermerico #19 12/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cada quem tem que loitar contra a chusma dereitista e social-demócrata no seu país. Em Venezuela já vos tenhem controlados, aqui ainda fica muito por fazer

Vakaloura #20 12/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Creo que xa ninguén o dubidaba dende o primeiro intre do golpe. A sociedade ianqui está enferma. Pero o pior non é iso, o pior é que é unha enfermidade moi contaxiosa. Verdade cidadán texano Aznar? Propoño para premio nobel de mediciña ao primeiro que descubra unha vacina para erradicar ista pandemia mundial. Poñámonos mans ao traballo.

COUTOVEN #21 13/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se controladísimos. O pequeno detalle é que a maioría dos gobernos da 4ta república foron social demócratas e recoñecidos pola INTERNACIONAL SOCIALISTA. Os gobernos máis afíns á dereita foron os de Copey. Ao cal pertencía o pai de Chávez e que baixo a presidencia de Caldera (fundador de Copey) foi que se lle sobreseyó a causa a este criminal golpista. De tal maneira. Se esa chusma logra ser controlada. Buscase outros países onde sobrevivir e no caso da comunidade galega posiblemente galiza sexa o punto de destino.

Se na patria galega aínda falta moito para desfacerse desta chusma. Probablemente despois disto falte máis. Que están a esperar? Véñanse a Venezuela. A de antes foi moi útil para uns. A de agora será moi boa para outros.

teixugo #22 13/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

LERIA PODRE SEM CRÉDITO.

Xeonllo #23 13/Setembro/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, Estados Unidos sempre anda detrás de todo o que sexa facer de "policía" internacional para velar polo único que lle interesa, que son os intereses do capitalismo, en especial o seu propio. E así actúa no estranxeiro forzando a existencia de gobernos que non se lle escapen das mans. Agora Bolivia e Venezuela, ente outros países, están no centro da súa preocupación co único obxectivo de facer que desaparezan os actuais gobernos ou que cambien de política. A palabra golpe de estado está á orde do día nos desexos da Casa Branca e da CIA, mais en ambos casos, especialmente no de Venezuela, paréceme que non lle vai ser tan doado facelo como fixo no Chile de Allenda, porque a forza que ten Chávez ou incluso Evo (64% dos votos no recente referendo), o apoio popular dos dous e o apoio tamén no exército de Chávez e bastante superior ao que tiña Allende. Claro, aquí xorde a dúbida: ¿hai que ir pouco a pouco e que o curso natural da evolución e desenvolvemento económico e cultural da sociedade capitalista faga chegar á xente aínda que sexa lentamente a conciencia da necesidade do socialismo ou hai que ter unha actitude radical e combativa como Chávez? Ata agora ningunha revolución socialista puido ser feita con medias tintas, aínda que tamén ningunha revolución socialista foi totalmente satisfactoria nin merece o nome de tal se falamos con propiedade.

Carlinhos #25 13/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Acho que sem o precedente do Chile democrático, as formas do presidente de Venezuela, comandante Hugo Chávez, seriam discutíveis. Depois da morte do Presidente Salvador Allende eu opino que tanto as formas como o fundo estam plenamente justificados.

zemalves #26 13/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Há trinta e cinco anos, um golpe militar - concebido e organizado pela CIA e concretizado por militares fascistas chilenos - derrubou o Governo de Salvador Allende, eleito em eleições de facto democráticas, e implantou uma das mais bárbaras ditaduras de que há memória, chefiada pelo facínora Pinochet.
O Presidente Allende foi uma das primeiras vítimas da barbárie fascista que se seguiu ao golpe.
Tal como Victor Jara, barbaramente assassinado logo na primeira vaga repressiva.
Muitos milhares de chilenos - comunistas, socialistas e outros democratas - foram presos, torturados, assassinados.
Nixon, então Presidente dos EUA, aplaudiu entusiásticamente o morticínio.

O Cravo de Abril, para além de assinalar essa data trágica, relembra - para que as nossas memórias registem - números respeitantes aos financiamentos promovidos pelos EUA, visando a liquidação da democracia e da liberdade no Chile - financiamentos iniciados muito antes do golpe fascista através da CIA, instalada no Chile como em todos os outros países da América Latina (e não só...).

1969 - 1 milhão de dólares entregue aos opositores do candidato Salvador Allende, tentando impedir a vitória deste (em eleições anteriores, a CIA já tinha investido fortemente, e dessas vezes com êxito, visando o mesmo objectivo).
1970 - 350. 000 dólares para subornar membros do Congresso chileno para que não votassem em Allende na sessão que devia decidir sobre o futuro presidente do Chile.
1971 - 1 milhão e meio de dólares entregues a candidatos da oposição às eleições municipais.
Entre 1971 e 1973 - 5 milhões de dólares utilizados na desestabilização política e económica do país.

Para além disso,
vários milhões de dólares foram fornecidos a empresas privadas, a sindicatos e à imprensa de direita - indo a maior fatia para o diário mais importante: El Mercúrio, e
a CIA pagou a agentes chilenos para que se infiltrassem nos escalões superiores do Partido Socialista;
a CIA pagou a provocadores para actos de sabotagem na economia chilena;
a CIA organizou dezenas de manifestações de rua contra o Governo de Allende;
a CIA financiou as greves dos comerciantes e dos taxistas;
a CIA organizou e financiou integralmente a greve dos camionistas, que durou 45 dias e constituíu um dos mais graves golpes na economia chilena.
(estas são verbas e práticas já reconhecidas pelos EUA - o que significa que estão muito aquém da realidade...)

Um ano depois do golpe sangrento, o então Presidente Gerald Ford foi entrevistado pela revista Time:
Jornalista: Que lei internacional nos dá o direito de tentar desestabilizar o governo constitucionalmente eleito de outro país?
Presidente dos EUA: Não vou pronunciar-me aqui sobre se isso é ou não permitido por leis internacionais. É um facto reconhecido, no entanto, que tanto historicamente como no presente, tais acções se aplicam no melhor interesse dos países envolvidos. O nosso governo, tal como outros governos, emprende essas acções para ajudar a boa orientação das políticas externas e para proteger a segurança nacional... A CIA tentou ajudar, no Chile, a preservação dos jornais opositores e das rádios e apoiar os partidos da oposição»

Esta visão das coisas continua em vigor, hoje, nos EUA.
Repare-se no que está acontecer, por exemplo, na Venezuela e, de forma mais acentuada, na Bolívia:
não é verdade que a ofensiva das forças reaccionárias bolivianas contra o governo democrático de Evo Morales é, em muitos aspectos, a repetição do que se passou no Chile?;
e não é verdade que por detrás dessa ofensiva antidemocrática está o mesmo imperialismo norte-americano que organizou o sangrento golpe de estado noChile?


Tudo isto a mostrar a quem não quiser ser cego que o imperialismo norte-americano é o inimigo número um da democracia, da liberdade e dos direitos humanos.



Por Fernando Samuel em Quinta-feira, Setembro 11, 2008 7 DO BLOGUE
http://cravodeabril.blogspot.c...

zemalves #27 13/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

HOMENAGEM AO POVO DO CHILE


Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que tombaram pelo Chile
morrendo de corpo inteiro.

Nas suas almas abertas
traziam o sol da esperança
e nas duas mãos desertas
uma pátria ainda criança.

Gritavam Neruda Allende
davam vivas ao Partido
que é a chama que se acende
no povo jamais vencido.
- o povo nunca se rende
mesmo quando morre unido.

Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que tombaram pelo Chile
morrendo de corpo inteiro.

Alguns traziam no rosto
um rictus de fogo e dor
fogo vivo fogo posto
pelas mãos do opressor.
Outros traziam nos olhos
rasos de silêncio e água
maré-viva de quem passa
uma vida à beira-mágoa.

Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que tombaram pelo Chile
morrendo de corpo inteiro.

Mas não termina em si próprio
quem morre de pé Vencido
é aquele que tentar
separar o povo unido.
Por isso os que ontem caíram
levantam de novo a voz.
Mortos são os que traíram
e vivos ficamos nós.

Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que nasceram para o Chile
morrendo de corpo inteiro.

José Carlos Ary dos Santos

celtibero #28 13/Setembro/2008 celtibero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ata agora ningunha revolución socialista puido ser feita con medias tintas, aínda que tamén ningunha revolución socialista foi totalmente satisfactoria nin merece o nome de tal se falamos con propiedade.


Eu coido que há uma excepçon, a Revoluçon Cubana

COUTOVEN #29 13/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comparar a Salvador Allende e a Chávez e só pensar que teñen algo en común. É o maior insulto que se lle pode facer á conciencia dun demócrata, a um socialista e a un home valente.

Salvador Allende foi un demócrata porque asedio ao poder polos votos do pobo despois de habelo tentado en múltiples oportunidades de forma infrutuosa. Unificando a gran parte das organizacións socialistas que facían vida política en Chile logro o seu fin por vías democráticas e pacificas.

A pesar de non acceder ao poder nos seus primeiros intentos. NUNCA asumiu a conduta covarde e rastrera que asumiu Chávez o 04 de febreiro de 1.992. Cando utilizando as armas da nación e enganando a gran parte da tropa tento tombar a un presidente democraticamente elixido polo pobo. De actuación cuestionable. Ninguén o discute. Pero nada xustificaba ese intento de acceder ao poder e non de facer xustiza como pretende facer crer. De feito. A historia confírmoo. Carlos Andrés Pérez foi retirado do seu cargo pola xustiza e non as balas e por un delito que é unha minucia diante da corrupción imperante nesta 5ta república.

Allende foi valente. Se señores moi valente. Xa que sendo medico competente e cientificamente recoñecido. Asumiu a defensa da vida como razón de ser da súa profesión e defendio o dereito do seu pobo á democracia dando a súa vida e pelexando xeonllo en terra até o final. Hoxe en día o seu nome só evoca dignidade. Algo moi distinto á nena llorona de Chávez que saíu a esconderse no museo histórico militar ao fracasar o seu golpe de estado do 04 de febreiro de 1.992 abandonando ás súas tropas. Non conforme con isto e demostrando que a bravuconería é o preámbulo a unha retirada covarde e rastrera. O 11 de abril xera unha situación de inestabilidade nacional ao sinalar o xefe do estado maior conxunto que este renuncio. E como se podía esperar. Saíu novamente a esconderse. Esta vez baixo as sotanas da alta xerarquía eclesiástica.

Bonito militar de CARREIRA saíunos o comediante.

Teñan por seguro que Chávez será o primeiro que enarbore as bandeiras da conflitividade e a violencia. Pero teñan máis que seguro que o primeiro que sairá correndo ao ouvir o primeiro disparo.

Señores Allende foi un demócrata. Un socialista democrático creedor da alternancia política. Respetoso da disidencia e do xogo democrático. Aberto á crítica. Presidente de todos e cada un dos chilenos. Votasen ou non por el. Soubo dar a vida pola democracia e polo dereito de vivir en democracia. Non ensuciemos a súa obra e memoria. Co maloliente verbo dun militarucho covarde que o único que demostrou é que sabe mentir e enganar ao pobo máis humilde dándolle migallas do tesouro nacional o cal utiliza en nome da democracia e o socialismo coa única finalidade de perpetuarse eternamente no poder.

zemalves #30 13/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

COUTOVEN, para ti democratas são aqueles que se deixam assassinar ou que metem a pescoço no garrote!

COUTOVEN #31 13/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non compañeiro. zemalves

Son demócratas. Todos aqueles que van a eleccións con argumentos e propostas serias.

Son demócratas, Aqueles que van a eleccións e aínda perdendo son capaces de mirar aos outros candidatos sen descualificalos.

Son demócratas. Aqueles que gañan eleccións e cando están no poder non utilizan o diñeiro para comprar xuíces, funcionarios, xornalistas e intelectuais como pretende Chávez para eternizarse no poder.

Son demócratas. Aqueles que buscan diminuír as diferenzas dentro da súa nación e non fomentalas para crear unha ambiente división e anarquía que lle permita perpetuarse no poder como fai Chávez nos seus case 10 anos de goberno.

Son demócratas. Os que utilizan o diñeiro da súa nación con responsabilidade e destínano ao seu lexítimo propietario que é o pobo. Non como Chávez que en case 10 anos de goberno dilapidou a maior bonanza petroleira da Venezuela e os mellores números que pode ofrecer son: A segunda inflación máis grande do mundo e o dubidoso merito de ser o país mais violento do mundo segundo a UNESCO.

Son demócratas. Aqueles que repudian listas onde se segrega ás persoas segundo a súa condición política e das que o maior e máis aberrante exemplo é a Lista Tascon. Coa cal se vulnera o dereito á privacidade e á condición política a máis de 12 millóns de venezolanos. Facendo dos opositores branco de persecución e segregación. E nun futuro comprometendo aos que compartían o seu pensamento político.

Son demócratas. Políticos como Allende. Ao cal non lle importo participar en varias eleccións onde non logro gañar e non descanso até lograr a cohesión de gran parte dos partidos socialistas chilenos para brindar unha verdadeira alternativa de poder. Cando o máis fácil fose coquetear cos militares, as clases podentes e o clero, manténdose no poder como un dos tantos presidentes mal chamados democráticos en América Latina.

Ser demócrata é gañar limpamente unha elección. Exercer o mellor goberno posible e entender que a alternancia no poder é a mellor forma de evitar a formación de grupos e intereses. Cando un demócrata esta en o poder e no canto de gobernar dedícase a crear as condicións para manterse eternamente no mesmo. Estamos ante un ditador. E Chávez é iso.

Allende loito pola vida e a democracia. Como medico ninguén mellor que el soubo o importante de vivir con dignidade. Pero tamén como bo médico sabia que a vida se acaba e que a morte sempre gaña ante o mellor esforzo por perpetuar a vida. De tal maneira que a morte é unha realidade para todos e máis para os médicos. Para os cales é igualmente obrigatorio garantir unha morte digna. Allende fiel ao seu pensamento escolleu morrer pola democracia e non correr como unha miserable sabandija da cal o mellor exemplo é Hugo Rafael Chávez Frías.

Ser demócrata é loitar pola democracia e se a morte é unha consecuencia desta loita haberá que asumila. Él que mete a cabeza voluntariamente no garrote é un suicida non un demócrata.

Allende merece respecto. Non simplifiquemos por favor.

teixugo #32 14/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

LERIA PODRE BABOSO FALTOM.

COUTOVEN #33 14/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É o mesmo que di a túa nai cando lle falas

zemalves #34 14/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

COUTON
« Son demócratas. Aqueles que gañan eleccións e cando están no poder non utilizan o diñeiro para comprar xuíces, funcionarios, xornalistas e intelectuais como pretende Chávez para eternizarse no poder.» Com o que dizes chego á conclusão que vivo em ditadura, pois aqui é muito pior e sobre o tempo dos mandatos presidenciais posso dizer-te o seguinte: O Presidente da Republica pode fazer dois mandatos seguidos, mas o Presidente poucos poderes tem, o poder está no parlamento e no governo. Para o 1º ministro não ha limites de mandatos! Neste momento o governo está a politizar e a controlar a Justiça!

COUTOVEN #35 14/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bo. É a súa conclusión señor zemalves . Pola miña banda coñezo moi pouco de Portugal como para discutir sobre a súa política.

Certamente en Venezuela hai cidadáns portugueses pero lamentablemente non profundei con eles opinións a ese respecto. Rógolle que comprenda esta limitación.

Do comentado por vostede despréndese que a fauna política en moitos países conta entre os seus integrantes con persoas nobres e outras non tan nobres. Xa sexa nun goberno presidencialista como o venezolano ou parlamentarista como o portugués sempre haberá políticos que pretendan manterse no PODER polo PODER e esquéceselles que foron elixidos como SERVIDORES PÚBLICOS e que esta e non outra. É a razón que xustifica a súa existencia.

Saúdos.

teixugo #36 15/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

LERIA PODRE BABOSO FALTOM.

COUTOVEN #37 15/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É o mesmo que di a túa nai cando lle falas

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: