Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito diplomático

Chávez: "O embaixador ianqui en Caracas ten 72 horas para marchar"

En solidariedade con Bolivia polo conflito con EUA. Brasil e outros gobernos tamén ofrecen apoio a Evo Morales. A violencia continúa no país andino.

Redacción - 10:00 12/09/2008
As protestas violentas contra Evo Morales provocaron a morte de oito persoas

As protestas violentas contra Evo Morales provocaron a morte de oito persoas

O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, anunciou estas quinta feira pola noite a expulsión do embaixador de EUA en Caracas, Patrick Duddy, así como o regreso inmediato do delegado venezolano en Washington, Bernardo Álvarez.

"O embaixador ianqui en Caracas ten 72 hours para marchar de Venezuela, en solidariedade con Bolivia, co pobo boliviano, e co goberno boliviano", expresou Chávez. O país andino, que preside Evo Morales, mantén un conflito diplomático co norteamericano e que levou a expulsión recíproca dos respectivos embaixadores.

"Cando haxa un novo goberno en Estados Unidos mandaremos un embaixador. Cando chegue (á Casa Branca) un goberno que respecte os pobos de América Latina", engadiu o mandatario venezolano. "Xa abonda de tanta merda de vostedes, ianquis de merda", remarcou Chávez.

Pola súa banda, Evo Morales advertiu que "a paciencia ten un límite", en referencia á violencia desatada no país por grupos opositores ao seu goberno, que provocou xa a morte de oito indíxenas no departamento de Pando. Bolivia acusa as autoridades rexionais de apoiar aos grupos paramilitares armados, e a EUA de conspirar para propiciar a caída de Morales.

Apoio de países latinoamericanos

Brasil xa advertiu de que non aceptará ningún intento de derrocar o goberno de Bolivia, segundo o asesor do presidente brasileiro para asuntos internacionais, Marco Aurélio Garcia. "Non toleraremos unha ruptura na orde constitucional de Bolivia", dixo.

Garcia explicou que o presidente Lula da Silva mantivo consultas cos seus homólogos de Arxentina, Cristina Fernández; de Chile, Michelle Bachelet e de Venezuela, Hugo Chávez, e que acordaron aplicar "medidas diplomáticas" no caso dunha tentativa de golpe de estado contra o goberno constitucional.


4.53/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: