Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vieiras con toxina ASP

Beiras considera que Toñi Vicente é un "chibo expiatorio"

Uns 60 hostaleiros, adegueiros e amigos da chef defenden o "prestixio" desta comendo no seu restaurante.

Redacción - 18:20 12/09/2008
Comedor do restaurante Toñi Vicente

Comedor do restaurante Toñi Vicente

Hostaleiros e adegueiros de todo o país, xunto con amigos e "amantes" da cociña, apoiaron este venres cunha comida no restaurante de Toñi Vicente o "prestixio" da chef, imputada por un delito contra a saúde pública pola suposta compra de vieiras contaminadas.

Unhas 60 persoas, entre as que salientaba o político Xosé Manuel Beiras, reuníronse no restaurante que a cociñeira ten en Compostela. Toñi Vicente recibiu o aplauso dos comensais e asegurou sentirse "moi afortunada" por "ter estes grandes amigos", entre os que tamén estaban representantes do colectivo de hostaleiros galegos en Madrid e Barcelona.

Xosé Manuel Beiras, que se declarou "admirador" da "traxectoria exemplar" da cociñeira, opinou que non se pode converter unha persoa en "chibo expiatorio" con "unha agresión que pode acabar con decenios de anos de traballo". "De traballo contra vento e marea", engadiu.

"Mundo ao revés"
Ademais, cualificou de "escándalo" que o proceso xudicial se empece "ao revés" en lugar de centrar o problema nos responsábeis da suposta contaminación do marisco.

Beiras apuntou neste senso "a industria", que contaminou as rías e acabou co marisqueo, e referiuse á "destrución da costa" con medidas como "o plan de piscifactorías". E concluíu a súa intervención citando ao escritor uruguaio Eduardo Galeano, cuestionándose se estamos "nun mundo absolutamente patas para arriba".


2,91/5 (11 votos)

Comentarios (32)

micsha #1 12/Setembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Me alegro mucho por Toñi Vicente, sinceramente.

Pero, que no se olvide nadie de que la gente quiere saber la verdad. Queremos saber por qué se hacen habitualmente nulos esfuerzos por controlar el negocio negro; o, en su defecto, si es que eso de la toxina no es para tanto; ¿o qué?

Carlinhos #2 12/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Micsa, és un sabichom do C... Tarde piaches.
http://br.youtube.com/watch?v=...

anacleto #3 12/Setembro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con toda a admiración que teño por Beiras, aquí creo que mete a pata. Por moita amistade que teña coa sra. Toñi. Non é admisible que un negocio que vive do "plus" mediático que ten a alta cociña reclame agora non sair nos medios cando vulnerou, a sabendas, a legalidade en materia de saúde pública.
Canto máis alto che subiron, de máis alto caes (socialmente, outra cousa é a causa xudicial).
Moitos comentaristas que a defenden din "si non fora ela, ninguén falaría do caso". Ao contrario, si fora o restaurante "Pepe", esos mismos que a defenden atacaríano sen piedade e pedirían o seu peche inmediato por tan intolerable perigo para a saúde pública.A que sí?

Hermerico #4 12/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, Xosé Manuel, me estás dum solidário que flipas. Quando os matons da fascista Sam Gil agredirom a mocidade nacionalista em sentido amplo (autonomista e independentista) na tua faculdade, nom abriches a boca nem assistiches às concentraçons em solidariedade com @s represaliad@s (e agredid@s). Tranquilo, homem, esta vítima da sociedade tem bom dinheiro e boas amizades. Nom há cuidado

Gueceteiro #5 12/Setembro/2008 Gueceteiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sinto umha grande admiraçom polo senhor Beiras, mas acho que neste caso está errado.

Concordo coas palavras de anacleto e coas de Hermerico.

Saudaçons

charino #6 12/Setembro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sobre os apoios papatorios a Toñi Vicente soio se pode dicir que iso si que é facer país. Por unha banda, apoiar a compra de marisco furtivo e semellante a defender as canteiras ilegais do Courel, a construcción ilegal na costa, os verquidos ilegais. Significa impedir o desenvolvemento dun sector productivo que está lastrado desde fai anos por unha lacra da cal soamente se aproveitan os que o comercializan; por outra, porque se ademais o marisco está contaminado por unha toxina a súa venda é un grave delito. Logo, prescindamos da vixilancia pesqueira. Ademaís, teríamos que apoiar a aqueles que comercializaran carne de vacas tolas, aceite de colza, etc. Os que comeron hoxe no Toñi Vicente non fixeron mais que amosar a súa faciana máis elitista. Non lles importa a cociña galega, o prestixio desta. Outra decepción máis daqueles que se reclaman líderes intelectuais deste país de ananos.

carxeva #7 12/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Beiras fala moi ben e non erra nada. Coma sempre, xenial.

alenmar #8 12/Setembro/2008 alenmar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quero ser Beiras. Quero cear no restaurante da Toñi. Quero tomar vieiras (e bon viño albariño)¿Hai por alí un emprego para min pois non chego a fin de mes?

cachindiola #9 12/Setembro/2008 cachindiola
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os hostaleiros fan unha piña coa señora esta porque todos fan o mesmo. Están a reclamar que non se cumpra (outra vez máis) a Lei. Que
se lexisle, si, pero facer cumpri-la lexislación, iso é outra cousa. Se inda fora o bar de Pepe, como di Anacleto, podería pasar.
Para rematar, coido que esta señora e a pior de todo o sistema, pois se ela non mercara non habería furtivos que lla levaran.
Eu a Beiras nunca lle din creto.

charino #10 12/Setembro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A lóxica de Bieras sorprende: como as rías están contaminadas, negociemos con vieiras contaminadas poñendo en perigo a saúde das persoas que é o progresista. É o mundo o dereito.

As declaracións que fixo hoxe son tan demagóxicas coma o artigo que escribíu un tal Reboiras en "EL País", páxinas de Galicia. Recomendo a lectura.

maleiro #11 13/Setembro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia ó!
Vexo que non teño nada en común con esta xente da burguesía...
Cos que ppappean "en la Toñi Vicente", cos que interpretan ó piano a Liszt ou a Chopin.
Beiras, veirinhas...& company, estades fora da onda da xente da terra.
Que vos aproveite.
Ah! Y no os esquezais de dicir que es inociente.

Cuevillas #12 13/Setembro/2008 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu penso que Beiras ten Razón e que hai que apoiar aos empresarios que fan país. O de Toñi Vicente foi unha excusa para agochar o verdadeiro problema. Hai furtivos que venden vieiras ou ostras por detrás porque a Xunta ás veces quere controlar todo: pon a dedo unha empresa de "amigotes" para o das toxinas, cousa que fai encarecer o produto. O das "toxinas" non é grave e pódese limpar; pero acontece que se non pasas polo aro, e lle mercas a un rapaz que se quere gañar a vida de noite, fódente. O de Toñi Vicente fano TODOS, pero como é coñido o sitio fixo de "chivo"...
Os tempos pasan e a Xunta segue como na época de Fraga cos mesmos problemas clientelares. Ao Touriño e ao Quin gústalles a POLTRONA e ao carallo.

rober #13 13/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

EU NOM CONCORDO COAS PALABRAS DE MICSHA POIS É UMA FASCISTA DE "EL MUNDO, LA RAZON E EL ABECE". NOM PERDAMOS O NORTE
Á MERDA OS FASCISTAS E A CONA QUE OS BOTOU!!!!!!!!!!!!!!!!
FÖRA MISCHIA

rober #14 13/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FORA FASCISTAS COMO MISCHIA E JAVIOTERO

rober #15 13/Setembro/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NOM INTENTEDES QUE RESPONDA A NADA, FACHAS ..., AÍ VOS QUEDA O QUE SODES

xoca #16 13/Setembro/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min da-me que este asunto cheira moito mal.
A toñi Vicente é culpábel de mercar aos furtivos, mas ao seu restaurante non van os de chaqueta de franela e pantalón remendado (efemismo), os que van normalmente é xente que lles gosta comer produtos de calidade e sabor e saben que os que proceden das piscifatorias non saben igoal.
Falando das piscifatoria, hai algún contro sabor da cantidade de antibioticos que lles mixturan aos peixes coa comida?
Por outra banda, aqui penso que o problema non ven de que sexa tráfico de marisqueo furtivo que dana aos mariscadores, senón que a que están prexidicando é ao monopólio da distribución da viera.
E xa por último, aínda que poderia seguer a escrever, como están as nosas rias de contaminadas Sr. Vázquez?

edreira #17 13/Setembro/2008 edreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto é incríbel:
1.- O furtivismo nas rías manteno quen merca a marxe das canles normais e legais de venta.
2.- Quen merca produtos o marxe do control sanitario, faino porque son mais baratos.
3.- Servir nun prato un produto sen control sanitario é estafar os clientes e expoñelos a contraer doenzas.
4.- A consellería de Sanidade debería pechar os locais cautelarmente.
5.- Ningún dos implicados debería voltar a poñer os pes nunha cociña ou manipular un alimento na súa vida.
6.- O que non se pode permitir e que estes seudo-divos da cociña lle tomen o pelo os seus clientes a prezos de ouro.
7.- Señor Beiras erra vostede de todo, unha persoa con honra coma vostede non pode dicir que a culpa é do estado das rías....a culpa é de quen merca vieiras noxentas os furtivos e de quen as pon no prato os clientes, que eu saiba a ría non pon as vieiras no prato. Podo entender que vostede este o lado de unha persoa que coñece ou coa que ten amizade, agora ben o que erra, errou e xa esta, que recoñezan o seu erro, pidan perdón a xente que confiou indo comer os seus restaurantes pensando que lles daban calidade e produtos con control sanitario.
O resto son contos, a non ser que queiramos chegar a conclusión de que as vieiras son as culpábeis e tamén os furtivos.

xoselado #18 13/Setembro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero cantas vieiras tomou no restaurante da sra Toñi vicente o compañeiro Beiras para facer esas declaracións?Pois si que deben ser perigas tomalas.

xaviersouto #19 14/Setembro/2008 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A idade nom perdoa ninguém, mesmo as mentes mais brilhantes; poderíamos compará-las ao engrenagem dum motor: quando se oxidam já nom tarvalham como é devido. Acho que o Beiras está caducando, porque nom se explica que saia em defessa desta senhora a que pegarom em flagantre. Vaia cara-de-pau!

o-moinante #20 14/Setembro/2008 o-moinante
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ainda que estou mui longe do jornalista que definiu a Beiras e a sua corte de manduqueiros como a GAUCHE VIEIRA, o conto vem que nem cantado.
Ser solidários com umha patrona que por a vieira sana tinha que pagar três vezes mais que pola contaminada, pois manda caralho!, e mais ainda dizer que foi maltratada quando as forças policiais aos patronos nem lhe dim chis.
Como alguém vai coidar nessa gentinha que é solidária com os amos e nom com os proletas sem trabalho que tenhem que burlar a lei para ganhar um peso, e para identifica-los como gente fora do comum case delinquentes chamam-lhes furtivos. E esses manduqueiros post-modernos e chics vam liberar o País e as suas classes populares! só um parvo pode acreditar nisso.

lourenzo10 #21 15/Setembro/2008 lourenzo10
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O sr. Beiras e demais meten o zanco desta vez, e millor estaban calados, tanto eles coma a sra. Toñi Vicente. Decir que vai sair reforzada deste caso, a verdade non entendo que quere decir. Repito millor calados, e intentar defenderse nos xulgados. Creo que si a pillaron coas maus na masa, ten que responder deso, e tamén ante os clientes que comeron no seu restaurante algunha vez. Eu dende logo sentiriame estafado totalmente. Resulta paradoxal que algunhos dos comensais teñan sido inspectores sanitarios da Xunta, non vos parece surrealista.

lourenzo10 #22 15/Setembro/2008 lourenzo10
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O sr. Beiras e demais meten o zanco desta vez, e millor estaban calados, tanto eles coma a sra. Toñi Vicente. Decir que vai sair reforzada deste caso, a verdade non entendo que quere decir. Repito millor calados, e intentar defenderse nos xulgados. Creo que si a pillaron coas maus na masa, ten que responder deso, e tamén ante os clientes que comeron no seu restaurante algunha vez. Eu dende logo sentiriame estafado totalmente. Resulta paradoxal que algunhos dos comensais teñan sido inspectores sanitarios da Xunta, non vos parece surrealista.

lourenzo10 #23 15/Setembro/2008 lourenzo10
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O sr. Beiras e demais meten o zanco desta vez, e millor estaban calados, tanto eles coma a sra. Toñi Vicente. Decir que vai sair reforzada deste caso, a verdade non entendo que quere decir. Repito millor calados, e intentar defenderse nos xulgados. Creo que si a pillaron coas maus na masa, ten que responder deso, e tamén ante os clientes que comeron no seu restaurante algunha vez. Eu dende logo sentiriame estafado totalmente. Resulta paradoxal que algunhos dos comensais teñan sido inspectores sanitarios da Xunta, non vos parece surrealista.

OBSERVADOR #24 15/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Será "chivo"...

Ou será que quis fazer o trocadilho com "cibo" em italiano??

BonKarallan #25 15/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Beiras está "torrado" de xantar tantas vieiras. A toxina ASP, o mesmo, que a Fraga (kando bañóuse en Palomares pra probar que non estaba contaminado), afectóulle a memoria e xa konfunde lóxiko co tóxiko.

Dende hoxe chamarémoslhe X.M.Vieiras Torrado.

Barcelos #26 15/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O proceso xudicial ao revés?

Cando hai un asasinato, primeiro pescúdase quen é o asasino, logo se o arma era roubada ou comprada, logo se a venda de armas era ilegal... Os que fabrican armas non son culpables do asasinato. Poderán ser culpables doutras cousas.

Quen contamina a ría non é culpable de que *Toñi Vicente venda marisco furtivo.

Os decenios de anos de traballo, estaos tirando pola borda Toñi Vicente, ao cometer un delito. O delito é a compra de marisco ilegal, facéndose responsable da súa toxicidade. Se o marisco fose legal e estivese contaminado, respondería o vendedor da toxicidade e non Toñi.

E Beiras tamén está tirando pola borda decenios de anos de traballo, defendendo estas actividades delituosas. E o que é peor, está comprometendo ao BNG, por unhas opinións súas, nas que lle pode máis a amizade que a obxectividade.

Barcelos #27 15/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Creo que Toñi Vicente, teno moi difícil. Terá que cambiar de cidade e de nome e empezar de novo. E que conste que non só se fixo dano a se mesma, senón a todo o sector, que está baixo sospeita.

Invitando a mariscadas a amigos e autoridades, soa máis a compra de favores que a arrepentimento. Beiras caeu na rede: "A culpa e de EE.UU e do petróleo" Por certo Toñi vendía as Vieiras a máis de 20 € e as mercaba a menos de 8 €.

Reburro #28 16/Setembro/2008 Reburro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Beiras desta destaca-lhe de mais o penacho de pijo hipijo. De comer tanta vieira na Tonhi Vicente já nom lembra que fazer negocio passando polo forro a saúde da gente é o que fam tantos outros que ele tem criticado sem trégua.
Como está o pais!
Nunca pensei que Beiras chegaria a pensar com o estómago!

Xabi1 #29 16/Setembro/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén estaba Fernán Vello, e o acto non era a presentación dun libro, qué curioso.
E tamén pasou por alí o grande escritor galego Perozo, asesor do Alcalde de Santiago, camarada Sánchez Bugallo, alcumado cando era maoista como "Nitro", un día cóntovos a razón. Tamén estaba Perozo apoiando a Toñi, e o profesor da USC David de Prado, lembran, aquel que inventara os másters en Creatividade e Super-Creatividade, que acabou como acabou.

Ana de Arcade e Toñi, patriotas galegas!!

Gueceteiro #30 16/Setembro/2008 Gueceteiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O dia 12 deste presente mês, o senhor Fernán Vello escrevia um artigo de opiniom em "Galicia Hoxe" defendendo a esta mulher. Para lê-lo, premede na seguinte ligaçom: http://www.galicia-hoxe....

Barcelos #31 16/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lin o ligaçom de Gueceteiro #30 e digo eu:

Amigo Miguel Anxo Fernan Vello. Como tiña que ser a noticia?

"Luís Pérez, José García, unha recoñecida cociñeira galega de Santiago T.V., Manuel Rodríguez e Juan López, detidos polo seu presenta implicación nunha suposta trama de comercialización ilegal de vieiras "


Segundo ti, a restauradora Toñi Vicente equivocóuse ao adquirir vieira sen as guías sanitarias precisas a persoas non autorizadas.

É coma se compras un artigo roubado e esquécesche de pedir o certificado de garantía. Unha equivocación.

A equivocación é ser descuberta.

Ninguén é xustificable cando comete un delito. Paga por iso e xa está. E ti xa podes ser moi bo escritor que se compras ou vendes material roubado tamén serás detido, se che collen, por suposto. E como es famoso, ou máis famoso que os outros detidos, pois o teu nome sairá no titular.

Ou seica, se ti foses director dun xornal non o porías no titular, se queres que a noticia léaa máis xente?

Agora vai ser que o delito cometeuno a prensa por destacar o nome de T.V. por encima duns descoñecidos.

Pobriña. Dános unha pena. Ah. Home claro. É que nós non comemos habitualmente no restaurante Toñi Vicente. (Ah perdón. Escapóulleme o nome. Pero non importa. Este é o nome dun restaurante de prestixio)

Barcelos #32 16/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora vai ser o nome dun restaurante de "prestige"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: