Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Traíñas

Galiza gaña a primeira bandeira feminina da Concha

O equipo do noso país, composto por remeiras de Cabo de Cruz, Chapela e Samertolameu fixo historia en augas do Cantábrico, este domingo en Donostia.

Redacción - 19:08 14/09/2008
O equipo 'Galicia' na súa presentación

O equipo 'Galicia' na súa presentación

O equipo Galicia, composto por mozas de tres equipo do país (os tres, por certo, os que coparon o podio no último campionato estatal, o Cabo de Cruz de Boiro, o Chapela, de Redondela e o Samertolameu, e Meira) impuxéronse nunha histórica I Bandeira da Concha Feminina, en augas de Donostia.

As galegas entraron por diante doutros equipos, máis acostumados a remar no duro Cantábrico, como a embarcación cántabra do Astillero, que foi segunda, e a vasca de Zumaia-Getaria, que foi terceira. Cuartas entraron as remeiras de Hondarribia.

Xa chegaban como favoritas, pero demostraron o que valen nunha bandeira que, tradicionalmente era dos homes, pero que dende este domingo tamén é das mozas, que agardan darlle continuidade, para que colla a sona que merece, despois dos 128 anos de historia da proba masculina.

Clasificación da regata:
1-Galiza 11:35,80.
2-Astillero 11:40,44.
3-Getaria-Zumaia 11:43,32.
4-Hondarribia 11:53,92.


5/5 (12 votos)

Comentarios (7)

Arroas #1 15/Setembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa, campionas ¡¡¡¡
A Galiza mareira arrasando no deporte náutico.
Aí rapazas¡¡¡

Tino #2 15/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Avante mozas, sodes unha campioas!

Arroas #3 15/Setembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comparade o beneficio social, deportivo, de país, de política de muller, de tradición e futuro, etc, etc, co que se padeceu na Ría de Vigo esta findesemana: a POWERBOAT, concurso de planeadores con "glamour". Foi unha lástima, mesmo unha vergoña. En fin, nada que ver co deporte de base, co deporte galego, coa potenciación da cultura e deporte náutico de Galiza, o respeito á imaxe da muller, etc, etc... cantos cartiños regalados ás "multinacionais" do motor.....

Arroas #4 15/Setembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.powerboatp1.com/gal...

carraxe #5 15/Setembro/2008 carraxe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa campionas!! Foi estupendo vervos na tele gañando a bandeira da Concha, un orgullo enorme. Sodes un exemplo para todo o deporte galego. Felicidades!!

E ti, independentista619, menudo rollo soltas nunha nova que nada ten a ver coa túa película.

redaccion #6 15/Setembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

AntonCorsario #7 16/Setembro/2008 AntonCorsario
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Daba groria o ve-las bogaren pola mañanciña... guapas coma soles e bogaban como leoas.
noraboa!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: