Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ACORDO DE INVESTIGACIÓN

Dúas universidades e o Cesga mellorarán a supercomputación co apoio de HP

Colaborarán en dous proxectos que contarán co traballo de 34 investigadores en informática.

Redacción - 20:10 15/09/2008

O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), as universidades da Coruña e de Compostela e a empresa Hewlett-Packard (HP) asinaron un acordo de investigación de tres anos polo que a compañía investirá medio millón de euros para o desenvolvemento de dous proxectos de investigación.

Os dous programas, coordinados polo Cesga, realizaranos científicos das dúas universidades e mais dos laboratorios de HP. En total están implicados 34 investigadores. Un dos proxectos está relacionado con incrementar a velocidade coa que os computadores acceden á memoria, mentres que o outro pretende facilitar a programación e reducir a complexidade dos supercomputadores.

No acto de sinatura do convenio estiveron presentes, por parte do Cesga, o seu presidente, Salustiano Mato, tamén director xeral de I+D+i, e Xavier García tobío, director do centro; por parte de HP, o presidente da sucursal no Estado Español, Santiago Cortés Monedero, e por parte universitaria o reitor da UDC, Xosé María Barja, e o reitor en funcións da USC, Lourenzo Fernández Prieto. En representación dos proxectos estiveron Francisco Fernández e Ramón Doallo.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: