ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BERLÍN

Pechan unha tenda que vendía caramelos con droga

Bombóns alucinóxenos e piruletas de marihuana atopábanse entre a oferta do estabelecemento, rexentado por un mozo de 23 anos.

Redacción - 10:40 16/09/2008

A policía de Berlín pechou unha tenda de doces que vendía, supostamente, bombóns e caramelos que tiñan como ingredientes cogomelos alucinóxenos e marihuana. A tenda estaba situada no distrito de moda de Prenzlauer Berg, ao leste de Berlín, unha zona famosa pola súa vida nocturna.

O dono do local, de 23 anos, foi detido como sospeitoso de tráfico de drogas. Segundo a policía, na tenda atopáronse 120 pezas de chocolate de cogomelo máxico e numerosas piruletas de cannabis. Ademais, confiscáronse 70 bolsas con diversa droga, uns 20 porros de marihuana, unha serie de pílulas e algúns tarros de mel con droga.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (3)

Carlinhos #1 16/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

*droga, melhor, drogas ilegais.
E lò, os bonbons "Carmiña" e outros nom continham ou contenhem droga? O etanol que é?
E ainda hai quem ri do semilíngüe Ghosé Tojeiro e o "colacao com drogha das prestitutas"; quando é, coa personage do Manquinha em Airbag, o paradigma da substituiçom lingüística na Galiza.

Barcelos #2 16/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdade é que o mundo está moi aburrido ultimamente cando esta é unha nova interesante para Vieiros.

Salvo que se me escape algo. Que o vendedor sexa galego, ou os compradores, ou a mercancía, ou o chocolate, ou Berlín.

Carlinhos #3 16/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 Si, Cada dia se parece máis ao El Progreso de Lugo, quando o lia. A nova da portada do 12 de Setembro do 2001 poderia ser "Un cuñado de la prima de un lucense subió una vez a las Torres Gemelas derribadas ayer".
Isto co que está acontecendo na América Latina, No Oriente Meio e a nova frente aberta na Gram Rússia. Enfim que se Putin nom se fai sócio da Agal, se Chávez nom apoia ao Movimento pola Base e se o Ben Laden nom participa no campionato de bilharda de Ribadeu, haberá que conformar-se com estas novas. Saúde.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: