Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta terza feira, de tarde

Atopan unha bomba lapa no automóbil dun policía en Bilbao

Foi desactivada polos Tedax. O explosivo detectouse no coche particular dun axente cando entraba con el na Xefatura Superior de Policía da capital vasca.

Redacción - 19:57 16/09/2008

Axentes da policía española detectaron na tarde desta terza feira unha bomba lapa cun quilo de cloratita no automóbil particular dun axente, cando este entraba co seu vehículo na Xefatura Superior de Policía de Bilbao.

Segundo fontes policiais, o axente percorreu 10 quilómetros coa bomba no seu automóbil, no camiño do seu domicilio particular ao predio da policía. Ao chegar á Xefatura, no barrio bilbaíno de Basauri, o explosivo foi detectado e, a seguir, desactivado.


3/5 (2 votos)


Comentarios (5)

Outro #1 16/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero pararán dunha vez; canto dano lle están facendo a Euskadi e ao nacionalismo vasco, pero tamén a nós os nacionalistas galegos. Tempos foron os da loita armada contra a ditadura, agora as cosas amáñanse dialogando como incluso lle lo piden os presos; a ver se espertan dunha vez

redaccion #2 17/Setembro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foron borrados varios comentarios:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Tino #3 17/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E se comezamos a chamarlle a esa cidade polo seu proprio nome?
BILBO.

baltar69 #4 17/Setembro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mentira máis que probable para acompañalo asunto da ilegalización de anv.

Hermerico #5 17/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pararám quando o can de presa solte Euskadi

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete