Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DESPOIS DE DOUS ANOS DE TRABALLO

Aprobado o anteproxecto da longamente reclamada Lei de Arquivos

Galiza era unha das poucas comunidades que non contaban con esta lexislación, debatida durante meses cos profesionais e institucións implicadas.

Redacción - 13:55 18/09/2008

O obxectivo da lei, cuxo anteproxecto foi aprobado no Consello da Xunta deste xoves, é ordenar o sistema de arquivos de Galiza, mellorar a transparencia, adaptar os arquivos ás novas tecnoloxías e difundir o patrimonio documental galego. Galiza é unha das poucas comunidades autónomas que aínda non conta cunha lei propia para regular os arquivos e o patrimonio documental. Por este motivo a aprobación desta norma era unha reclamación moi demandada polos profesionais das bibliotecas e arquivos do país.

O panorama arquivístico galego actual amosa ademais unha serie de problemas relacionados coa falta de articulación entre a administración e os arquivos, a insuficiencia de persoal e a inexistencia dun modelo uniforme de xestión arquivística, aspectos todos que fan urxente a aprobación dunha lei propia. A Lei de Arquivos que se aprobará en breve buscará poñer as bases para a solución destes problemas. Foron máis de dous anos de traballos e debates entre as distintas administracións e actores implicados, entre eles a Asociación de Bibliotecarios de Galicia (AGABAD), con quen a Consellaría traballou os distintos borradores do anteproxecto.

Un dos obxectivos concretos que se persegue é crear un verdadeiro sistema de arquivos no país, que aproveite as sinerxías de traballar en conxunto e facilite o seu labor a profesionais, documentalistas, investigadores e cidadáns. O Sistema de Arquivos de Galiza estará integrado, segundo o anteproxecto, por todos os arquivos públicos do país e aqueles privados que o desexen. Este sistema estará encabezado por un órgano administrativo de dirección e coordinación, dentro da Consellaría de Cultura. Contará con dous órganos asesores: o Consello de Arquivos de Galiza e a Comisión Nacional de Avaliación Documental de Galiza. A regulación da lei afectará tamén aos arquivos de titularidade estatal que teñen transferida a súa xestión á Xunta, por seren parte esencial do sistema galego de arquivos.

A Igrexa Católica terá que colaborar na difusión do patrimonio documental
Finalmente, o anteproxecto desenvolve medidas específicas destinadas a fomentar e difundir o patrimonio documental galego. Nestas medidas faise especial fincapé nas obrigas de conservación e acceso do patrimonio documental en mans privadas, e establécese unha obriga de colaboración da Igrexa Católica respecto do patrimonio documental galego do que sexa depositaria en Galiza.


5/5 (5 votos)


Comentarios (4)

Carlinhos #1 18/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que nos devolvam o nosso dumha santa vez! Hai toneladas de documentos galegos e em galego apodrecendo em subterráneos de quem odeiam a Galiza e o galego. Para que raio os querem se lhes dámos tanto nojo? Para continuarem a negar, a manipular e a ocultar-nos a nossa riquíssima História, quiçais?

forxas #2 19/Setembro/2008 forxas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Regreso dos documentos expoliados na desamortización e principio de procedencia: http://www.blogoteca.com/garda...

Dixitalización dos fondos de mosteiros galegos en arquivos españois
http://www.blogoteca.com/garda...

Reburro #3 19/Setembro/2008 Reburro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home! parece que finalmente algo fai a Direçom Geral de Património Cultural. Depois de três anos a lei deve ser boa de caralho.
Se todo o esforço foi para esta lei tam aguardada pouco mais podemos esperar. Entanto vam morrendo os velhos sem que a DGP Cultural entenda

Reburro #4 19/Setembro/2008 Reburro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que com eles morre a NOSSA CULTURA, porque um arquivo, umha igreja, um castro, todo pode esperar, mas a documentaçom urgente, imediata, exaustiva da nossa herdança cultural, isto nom admite demora porque os seus portadores, os nossos velhos e velhas morrem todos os dias, cada dia, cada hora, temos menos.
Parece mentira que alguém nacionalista siga a menospreçar a cultura propia da naçom e nos queira vender como galego qualquer cousa que se fai aquí.
Mágoa que as prioridades da Conselharia, ou de Patrimonio, vaiam por ai, pola Cidade da Cultura (de que Cultura, da ópera?, do frac e do smoking?)...
Se com isto querem fazer ver que fizerom algo em quatro anos, a mim nom me cola, nada fizerom mais que ajudar à morte impune, anónima, da nosa cultura, ao esquecementos de NÓS.
Se nom o fazemos nós quem caralho vai fazê-lo? o PP galeguista? Talvez.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete