Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTOU OS AVAIS NECESARIOS PARA A SÚA CANDIDATURA

Quintana advirte aos críticos: "ninguén quere estragar o momento histórico do BNG"

Afirmou 'respectar' calquera outra candidatura que se presentase para liderar o Bloque, que parece pouco probábel, segundo fontes nacionalistas.

Redacción - 14:27 20/09/2008

O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, avalou este sábado co apoio de 3.023 sinaturas a súa proposta para liderar a formación frentista nas próximas eleccións de 2009. Sen opositores, e apoiado polo portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich; Anxo Quintana chegou á sede nacionalista sobre as 13.00 horas e rexistrou a súa candidatura para ser proclamado como líder da formación na Asemblea Nacional extraordinaria do día 5 de outubro, para o que necesitaba 300 firmas de militantes, como mínimo.

En declaracións aos medios tras presentar os avais no rexistro da sede do BNG en Santiago, Anxo Quintana mostrou o seu "respecto" por calquera outra candidatura que se presentase para liderar a formación frentista e engadiu que está "plenamente convencido" de que "se pense o que se pense, ninguén quere estragar o momento político que vive o nacionalismo". Deste modo, mostrouse agradecido aos "compañeiros" que mostraron o apoio á súa proposta que aspira que alcance a Presidencia da Xunta nos comicios do ano próximo, e aseverou que todos os membros da formación "están comprometidos" para "aproveitar esta grande oportunidade que o BNG ten por diante".

Fontes nacionalistas indican que é pouco probábel que finalmente se presente algunha candidatura alternativa á de Quintana. Quintana rexeitou falar sobre o feito de que ningún dos políticos do sector crítico nacionalista, entre os que se atopa Xosé Manuel Beiras á cabeza do Encontro Irmandiño, formalizase unha candidatura alternativa. Anxo Quintana será proclamado líder do Bloque na próxima Asemblea Nacional, que será a primeira na que se vote polo sistema de delegados, que sumarán un total de 1.500 representantes da militancia. Precisamente, esta condición propiciou as críticas de parte do BNG, como o Encontro Irmandiño e Movemento pola Base, que xa renunciou a acudir nas listas de delegados.


4.09/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: