Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTOU OS AVAIS NECESARIOS PARA A SÚA CANDIDATURA

Quintana advirte aos críticos: "ninguén quere estragar o momento histórico do BNG"

Afirmou 'respectar' calquera outra candidatura que se presentase para liderar o Bloque, que parece pouco probábel, segundo fontes nacionalistas.

Redacción - 14:27 20/09/2008

O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, avalou este sábado co apoio de 3.023 sinaturas a súa proposta para liderar a formación frentista nas próximas eleccións de 2009. Sen opositores, e apoiado polo portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich; Anxo Quintana chegou á sede nacionalista sobre as 13.00 horas e rexistrou a súa candidatura para ser proclamado como líder da formación na Asemblea Nacional extraordinaria do día 5 de outubro, para o que necesitaba 300 firmas de militantes, como mínimo.

En declaracións aos medios tras presentar os avais no rexistro da sede do BNG en Santiago, Anxo Quintana mostrou o seu "respecto" por calquera outra candidatura que se presentase para liderar a formación frentista e engadiu que está "plenamente convencido" de que "se pense o que se pense, ninguén quere estragar o momento político que vive o nacionalismo". Deste modo, mostrouse agradecido aos "compañeiros" que mostraron o apoio á súa proposta que aspira que alcance a Presidencia da Xunta nos comicios do ano próximo, e aseverou que todos os membros da formación "están comprometidos" para "aproveitar esta grande oportunidade que o BNG ten por diante".

Fontes nacionalistas indican que é pouco probábel que finalmente se presente algunha candidatura alternativa á de Quintana. Quintana rexeitou falar sobre o feito de que ningún dos políticos do sector crítico nacionalista, entre os que se atopa Xosé Manuel Beiras á cabeza do Encontro Irmandiño, formalizase unha candidatura alternativa. Anxo Quintana será proclamado líder do Bloque na próxima Asemblea Nacional, que será a primeira na que se vote polo sistema de delegados, que sumarán un total de 1.500 representantes da militancia. Precisamente, esta condición propiciou as críticas de parte do BNG, como o Encontro Irmandiño e Movemento pola Base, que xa renunciou a acudir nas listas de delegados.


4,24/5 (21 votos)


Comentarios (24)

toivonen1978 #1 20/Setembro/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿Alguén sabe que foi daquel intento de Alba Nogueira?

Eu tiven o pracer de ser alumno seu e me parece una muller xoven, con moita capacidade de comunicación, agradable e, sobre todo, cunha importante formación.

Si a eso lle engadimos que viría avalada por Beiras e o su pai a mín pareceríame unha excelente nova.

Evidentemente agora hai que tirar todos con forza cara o mesmo lado, pero, despois, a mín gustaríame un cambio. Este BNG actual deixáme bastante tibio e o señor Quin non me acaba de ofrecer a talla necesaria para ser dunha vez unha alternativa seria.

COUTOVEN #2 20/Setembro/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Paréceme brillante utilizar a frase dita por Anxo Quintana "ninguén quere estragar ou momento histórico" Certamente é brillante, pero depende de como se lea ou mellor dito de quen a diga. Se a mesma saíse da boca dun político fascista ou comunista con afán de continuísmo no poder. Podería interpretarse como unha orde ou unha ameaza. Pola contra se a mesma parte da boca dun político ELIXIDO POLAS BASES DO PARTIDO só demostraría que e un bo demócrata e sométese novamente ao ditame da totalidade da militancia.

Neste caso non estamos en ningunha destas situacións extremas. Xa que Anxo Quintana dista moitísimo de ser un ditador de esquerdas ou dereitas. Pero lamentablemente decidiu seguir a senda das eleccións indirectas. Sen ningunha xustificación. Xa que en pleno ano 2.008 non existe limitación técnica para a realización dunha elección de base.

Todos os que cremos na alternancia democrática e no profundo desexo dunha patria galega pluralista e respectuosa de todos os pensamentos políticos desexamos que o BNG siga sendo un movemento de bases e que o feito de saborear os meles do goberno non tente ao seu dirigencia a transformarse nunha organización mais do status.

Erasmo #3 20/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Suscribo as dúbidas que presenta Coutoven na súa análise. O BNG de Quintana deixa moito que desexar á hora de abrirse á participación de tódolos galegos e galegas que apoiamos a súa candidatura nas últimas eleccións autonómicas.

Foron catro anos de espaldas á militancia (e ós problemas do país)e agora aparece como a única cara do BNG, cando a forza do BNG como ben sabemos está na 'forza de traballo' e na dedicación silenciosa das súas bases.

Cada quen é responsable das súas estratexias. Para min o erro máis grave desta lexislatura foi e segue sendo a falta de diálogo con uns e con outros.

¿Acaso por ESCOITAR ás bases ía pasar algo tan grave como parece temer o candidato? Penso que é un erro máis, que amosa ás claras o talante dos que confunden coche oficial e blindaxes económicas coa realidade do país.

Veremos...

Gaias #4 20/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

O BNG (con todolos seus defectos, empezando polo lider) e o unico partido politico galego que defende os intereses galegos. O PPdeG e PsdeG son meras sucursais do PP e Psoe na Galiza. Actuan defendendo os intereses do seu partido en Madrid e non de Galiza.
Coma exemplo o boicot de Feijoo o estatuto galego de primeira (a altura do catalan, andaluz e valencian), ou o silencio ante a financiacion privilexiada para Catalunya e os retrasos do AVE galego por parte dos deputados galegos do Psoe.

Vakaloura #5 21/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pois non sei eu a que se refire co do momento histórico coma non sexa que nunca se elexiu así un candidato no BNG. Ninguén quere estragar ren. Xa se encargaron Vdes. de estragalo. Ao Sr. Quintana; coma político; fáltanlle ainda dúas ou tres ferveduras polo menos. Non se pode governar de costas ao povo. A cidadanía galega non é amnésica ainda que a Vde. llo pareza. Ainda non esqueceu que a Lei dos pluses e sobresoldos vitalicios foi aprobada con alevosía nun mes de agosto. Corríxame, pero Vde. e un beneficiario dela e que se saiba non renunciou a ela. Tampouco se esqueceu; isa mesma cidadanía; que o plan acuícola; tan defendido por Vde.; tamén ficou aprobado nun mes de agosto. No dos sobresoldos foi o Sr. Aymerich quen dixo que non era xusto, pero a cousa non se arranxou e o conto morreu así. Que se saiba, só a Sra. Encarna Otero foi quen de renunciar. No caso do plan acuícola foi o Sr. Bieito Lobeira quen intentou desmarcarse, pero a Vde., Sr. Quintana, faltoulle tempo para desautorizalo.Poderíamos seguer e segueremos. Grazas a Vde. e a súa camarilla hoxe o BNG debería chamarse BNdG. Non sei se o vai pillando. Creo que si. Vde. sabe moi ben que o BNG; de agora en adiante BNdG; nunca tivo tanto poder con tan poucos deputados e votos. E xa que logo, por que lle ten tanto medo a unha elección asamblearia? Non se esqueza que os mellores resultados electoráis da historia colleitáronse escoitando a militancia das bases e non a elección por aclamación de delegados. Xa sei que iso está por ver, pero verase despois das próximas eleccións ao Parlamento da Galiza. Tamén sei que se queremos acadar un novo marco estatutario teremos que remar tod@s na mesma dirección. Farémolo polo ben da nosa Nación, pero non por que Vde. sexa un político brillante. Máis as dúbidas dos posíbeis votantes do BNdG están a crealas Vdes. polo medo esquizofrénico a enfrontarse a unha elección asamblearia. ¿Teñen algo que agochar? O dito, dúas ou tres ferveduras máis.

bainha #6 21/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enigmático "Como diría Bertoldo" en http://xgaliza.blogspot.com

?????

Carballo #7 21/Setembro/2008 Carballo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Quin
O momento histórico do BNG en Ferrol o estragóu Reganosa e os seus amigos do teu partido. Aínda me acordo das túas palabras cando che dabamos detalles do perigosa e ilegal planta de gas. Dixéchesnos "tereino en conta". ¿cando? Onde? Gobernar corrompe as ideas e os compromisos. Vaite!

alenmar #8 21/Setembro/2008 alenmar
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Coincido con varios. Falar de "estrago" é ameazar. Estrago é o que fixeron co BNG os upegallos ao quitarnos a posibilidade de participar, persoalmente, na Asamblea como militantes.
Democracia non é ameazar coa frase feita de "presenta candidato" senón escoitar o que dí unha masa considerable de militantes.
O paternalismo actual maniféstase nese proteccionismo da organización falso. Ningunha organización estrágase pola participación de tódolos militantes.
DEMOCRACIA? non, autoritarismo oculto baixo a máscara da necesidade de contar con parte do goberno nas máns do nacionalismo.
NACIONALISMO? Non. Esquecida a autodeterminación. Esquecida a participación. Esquecidos os militantes.
VIVA GALIZA CEIVE

lugris #9 21/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Aproveitemos o momento histórico, sí histórico nunca xamais o nacionalismo tivo posibilidades de gobernar. Agora estamos en minoria frente a un Psoé cada vez màis centralista. Temos que superalos, podemos conseguilo, a no ser que algúns se empeñen en desprestixiar o proceso asambleario e deslixitimalo. Todolos militantes participan na eleccion dos delegados é unha infamia o que se dí. Beiras está na Executiva, Camilo tamén cos seus representantes. A que ven todo isto? Quintana estao a facer ben.

bainha #10 21/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Ánimo! A superar os 17-18 deputados do 1997-2001! Non hai que conformarse cos 13 de 2005! Agora está o Bloque na Xunta e ten que demostrar que é quen de sumar á acción de goberno o traballo da organización. Pódese aspirar aos 22-24 e a poñer ao PSOE no "seu sitio", por que, como se pode comprobar en TVQuin, o BNG estáo a facer moi ben. Se non se consigue a "remontada" xa haberá tempo de falar dos remedios. Agora a por todas, ánimo e adiante!

teixugo #11 21/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

"ninguén vai estragar o momento histórico"

giao #12 21/Setembro/2008 giao
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O momento histórico será em março, quando Quintana volverá empiorar resultados eleitorais -como em todos os processos que protagonizou- apesar de vender quase todos os princípios que lhe ficavam ao BNG. A ver se cre de verdade que o vam votar as velhas por essa política populista-folclorista que tam bem conhecemos.

teixugo #13 21/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Há que dizer aos nossos idosos que o PP não vai ganhar.
O proximo presidente da Xunta está nas suas mãos, querem um socialista ou querem a Quintana.
Está claro que num país de velhos não se pode pretender mudar a situação politica democráticamente sem contar com eles.

E ademais, so estão enganados: as comedias Fraga mata porcos e Fraga canha brava... fiz que a gente o vira coma um deles.

Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.

NINHADA DE RATOS NA CASA DO POVO.

bezoucos #14 21/Setembro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Como dicir isto suavemente e con moito respeito. Aí vou. Hai un determinado tipo perfeitamente definible ou identificable (á marxe de siglas)de militantes, que foi fulcral para a vida do BNG. Traballadores incansábeis para ben do País e do nacionalismo, ese que a sociedade sinalaba co dedo e dicía "bloqueiro". Coido que todos saberán ao que me refiro.
Agora fago esta pregunta. ¿Como tender ou aspirar a un novo tipo de militante sen que aqueles militantes non se cabreen?. Conste que non falo de esquerdas/dereitas nen cousas desas. Ao mellor esa militancia é a que vale ou o BNG ten que seguir como está, mais para o Nacionalismo sería bon que fose algo aceitado e querido pola maior parte da sociedade; para iso o BNG terá que mover-se tamén, principios fundacionais aparte.

Hermerico #15 21/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A POLÍTICA DO MEDO. Que venhem os fachas! E quando marcharom?

Outro #16 21/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Os que están a estragar o BNG son os seus actuais dirixentes que malia estar gobernando colleitan fracaso tras fracaso eleitoral. Había máis de 15 anos que o Bloque non tiña tan pouca representación parlamentar, é dicir a que dan os votos, outra cousa é que a casualidade e un PSOE en alza fixesen que chegase a gobernar, pero so é pan para hoxe e fame para mañá.

Alghien #17 21/Setembro/2008 Alghien
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A/A de VIEIROS.
Na nova hai unhas errata que cumpre corrixir: onde dí "a súa candidatura para ser proclamado como candidato á Presidencia da Xunta pola formación na Asemblea Nacional extraordinaria do día 5 de outubro" e onde dí e "Anxo Quintana será proclamado líder do Bloque na próxima Asemblea Nacional" debera dicir algo así como "Anxo Quintana será proclamado candidato á Presidencia da Xunta polo Bloque na próxima Asemblea Nacional".

Do contrario estase mentindo xa que a Asemblea Nacional Extaordinaria ten como obxectivo e escolla do candidato á presidencia da Xunta polo Bloque, non para escoller lider nen Portavoz nen nada diso.

Saudos

bainha #18 22/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Para algúns que o bloque saque 1 deputado e sexa necesario para formar a maioría gobernante, sería un éxito. Este resultado (ou algún semellante) tería incluso a ventaxa engadida de que os votos resultantes serían moito máis "puros" que os conseguidos en coxunturas "favorables", como a presente, na que se anuncia o desfonde de ZP e cando hai moito oportunista infiltrado que se apunta a votar polo bloque, para ver se dunha vez por todas consigue facelo reventar de éxito.
PS.- Estas reflexións non son froito dunha alcolemia, senon que tratan de ser a síntese do sen senso das ideas da cúpula dirixente.

Tino #19 22/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Tino #20 22/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Pois si frouxeira, é así como se transforma un país, co poder.
O BNG leva decenios intentando governar este país, e os escasos resultados están á vista: os votos q deberian ser traspasados ao BNG desde o PP foron para o Psoe, q keirámolo ou non é o partido de esquerdas en galiza con mais votos, despois é o PP e por último o BNG.

Si, eu kero q governe con maioria para tranformar este país, se fai falta vendendo unha parte aos nosos empresarios, mellor q aos foráneos. Que sexamos capaces de q o galego se normalice dunha P vez. Q o noso país teña voz en foros internacionais, q podamos falar de ti a ti co governo central q nos tira os cartos. SI, QUÉROO ASÍ, e q q o bng deixe de ser o partido da fama dos piollentos q sempre protestan por todo e nunca fan nada porq non teñen o poder suficiente.
E todo isto conséguese con cartos; si, con pasta: como podemos mandar aos nosos representantes aos foros internacionais? con latas de sardiñas?
Como pagar os nosos deportistas q nos representen polo mundo? Con boas palabras?
Como governar un país se non é cos orzamentos do propio país?

Xa está ben de discutir idealismos adolescentes: eu kero un BNG forte e q governe, e se hai q arriar lastre pois arríase, e quen keira estar no barco q non faga desvandadas.

O Beiras cando lideraba o BNG sabia perfectamente q a UPG sempre se impuña nas decisións de TODAS as asembleas: e agora racha as vestiduras?

O sistema asembleario está moi ben para quen ten miles de horas ao seu dispor, e de feito as asembleas non se eliminaron do BNG.

Se keremos q un partido sexa de miles de militantes e non de catro amigos q se coñeceron nos 60, hai q artellar un sistema de toma de decisións áxiles. Xa sabemos q nunca chove a gusto de todos, pero ao mesmo tempo ese sistema debe permitir reconducir as situacións nas q os militantes podan opinar e se volva ao rego.
Pero o q non pode ser é estar horas e horas para discutir cousas tan esperpénticas como decidir se votar ou non nunha votación q se decidira (ou non) se se votaba: isto non ten nin pés nin cabeza, como moitas das asembleas q o único q fan é desesperarte polo q se eterniza unha decisión moitas veces estúpida.

E isto vai para os "desvandados,, de última hora.
Sempre falan da UPG por detrás: q se os da UPG sempre se impoñen..., q keren acalar aos demais..., blablabla

Por que o resto dos grupos do BNG non chegan nunca a un acordo para impor eles o seu punto de vista? Pois pq non teñen a capacidade de convencer a nin aos seus, moitas das veces.

Vakaloura #21 22/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

¿MOMENTO HISTÓRICO?
Imos con outra pinguiña para o noso Quin e o BNdG. Disque Quintana lles vai a dar algo “histórico” a uns cantos que cobran pensións non contributivas. Trátase dunha paga única de 200.-€. Isto quere dicer nin máis nin menos que recibirán o insulto ou esmola de 55 céntimos e euro máis ao día. Canto custa unha barra de pan ou un litro de leite? Sen dúbida algo moi “histórico”. Tampouco deixa de ser “histórico” que de eiquí ao remate da lexislatura desaparezan sobre un 15% das explotacións agrogandeiras, verdadeiro tecido productivo deste País. Que eu saiba a Consellaría do Medio Rural está nas mans de D. Alfredo; verdadeiro artífice do novo rural; e senon me trabuco pertence a Executiva do BNdG. Claro que con contratos homologados..¡tamén históricos! como o do leite ou o da pataca sen prezo en orixe..pois manda ¡carallo!,,¿non? O chollo é beneficiar sempre aos mesmos. E xa que logo, os Sres. Conselleiros do BNdG non asinan unha nómina “histórica” por traballar sen saber o que logo cobrarán? Hai entón non, ¡amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale!
Seguiremos co MOMENTO HISTÓRICO DO BNdG que non se diferenza ren do de Fraga. Pouco a pouco iremos debullando cousiñas e falcatruadas diste novo botafumeiro tamén “histórico”. ¡Pillabáns! Á xente non se engana tan doadamente. It will continue…….

Outro #22 22/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cando eu comecei a criticar as actitudes caciquís do novo BNG tiven que ler insultos de todo tipo pero alégrame moito que cada día haxa máis xente neste país que por riba das siglas teña as súas ideas claras e vexa a realidade como é e non como nola queren facer ver. Somos moitos os nacionalistas que nos sentimos traizoados polos actuais dirixentes do Bloque e a súa xestión de goberno, que ten cada día menos de nacionalista e máis de caciquil. Parabéns ao comentario anterior, unha anáilise ben tirada, que continúe...

FROUXEIRA #23 22/Setembro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O momento histórico do BNG será cando todos e cada un dos cidadans de Galiza podan votar libremente a opción política que queiran sin presións de ningún tipo, e digo de ningún tipo como propostas que se presentan ante opinión pública tamén como "históricas".
Non sei o que opinan os que van votar ao BNG, eu de momento non vexo nin palpo ningún momento histórico, tal vez seña que vexo demasiado político de poltrona ou tal vez teña que ser así, e que nós os votantes nos teñamos que conformar con que goberne o BNG antes de que seña o PP ou o PSOE.
O máis notorio e Histórico que eu observo e palpo, son os medios que agora ten o BNG para chegar a maior parte da sociedade posibel.Estou a falar de cousas estilo QUIN TV, e da propaganda das diferentes Consellerias do BNG para que se fagan notar no medio do BIGOBERNO.
Inda con todo o que está a pasar tanto dentro como fora do BNG a respecto de críticas que penso que son sanas dende o ponto de vista de que na súa maioría son xentes afines e antigos colaboradores do BNG e que conservan, ou conservamos, as vellas inda que non antigas reclamacións do Nacionalismo de Esquerdas, que non entendemos como se pode chegar a caer en tanto declive das ideas orixinais do BNG, das da súa fundación no Pazo de Deportes de A Coruña.
Esa e non outra é a cuestión.
De todos os xeitos na Galiza temos a sorte de poder Votar algo que non seña PP-PSOE, que é o que prima básicamente no resto do Estado, máis queremos que teña unha Política de Esquerdas Popular, que non Histórica, e no que o BNG debe afondar si é que lle interesan este tipo de votos, pois puidera ser que se dereitice para coller votos do PSOE e do PP, neste senso sí o estan a facer ben, pero sendo así teriamos que comezar a pensar en outro tipo de Partido Nacionalista que fora máis consecuente, o malo é que non hai e temos que seguir a votar ao BNG de Riazor, e non o anterior, de eso se trata.
Eu tamén concordo có lema SEMPRE EN GALIZA.

zecastrocurunha2 #24 23/Setembro/2008 zecastrocurunha2
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

História do IDIOMA GALEGO

I-Introdução

Temos de diferenciar o que é um idioma materno de uma língua de adopção.
Por exemplo o Galego é um idioma materno para Galegos, Portugueses e de todos os Galaico-portugueses espalhados pelo mundo.
O Galego é o idioma de adopção de Angolanos, Brasileiros, Moçambicanos, São tomenses, Caboverdianos, Macaenses, Timorenses e Guineenses. É também idioma de adopção sem ser oficial em muitos territórios do mundo em especial no antigo Estado Português da Índia.
Um idioma de adopção é uma língua que já existe criada por um povo diferente sendo depois ensinada e implementada a uma região ou a um país.
Pelo contrário um idioma materno é criado durante periodos milenários e representa o expoente máximo da cultura e raizes de um povo.

II-Nascimento do Galego
Quando os romanos chegaram à peninsula Ibérica encontraram um povo com uma origem e dialeto materno comum resultado de culturas milenárias descendentes de celtas, lusitani, cónios e gróvios (mais tarde seriam também assimilados visigodos e suevos) em toda a parte ocidental atlântica.
Dividiram este povo administrativamente em duas províncias a Galécia (em latim Gallaecia ou Callaecia) e a Lusitânia (em latim Lusitania).
A Galécia ficava a norte do rio Douro. A cidade mais importante e capital histórica era Bracara Augusta, a actual cidade Portuguesa de Braga.
A Lusitânia era todo o território do actual Portugal a sul do rio Douro, a província da Estremadura Espanhola e parte da província de Salamanca. A cidade mais importante e capital histórica era Ermita Augusta actualmente a cidade de Mérida na Estremadura Espanhola. Os povos destas províncias romanas tinham já um passado comum o seu dialecto já era muito uniformizado e destinguia-se dos restantes povos da peninsula Ibérica devido à sua matris maioritariamente Celta. O Galego teve uma grande evolução a partir do século II com a assimilação do latim vulgar falado pelos romanos incorporando léxicos como: pré-celtas, celtas, basco, germânicos e provençais.

III-O Galego durante o Reino Suevo
O Reino Suevo teve início no ano de 409 e foi a mais antiga estrutura política das actuais regiões da Galiza , Norte e Centro de Portugal depois da queda do domínio romano. Este Reino é o berço do futuro Reino da Galiza não só pelo contributo da consolidação do galego como as fronteiras desde Reino e a caracterizazão humana ser praticamente a mesma do futuro Reino da Galiza e ainda hoje incluindo o norte e centro de Portugal. Foi o primeiro reino que se separou do Império romano e cunhou moeda. Os suevos eram um povo germânico que entrou no noroeste da Península Ibérica mas com pouca população. Rapidamente tomaram o controlo do território devido à grande capacidade de organização, mas com o seu número reduzido não modificaram grandemente a cultura, pelo contrário foram até assimilados. http://pt.wikipedia.org/wiki/R...
As duas palavras conhecidas mais antigas escritas em Galego cunhadas em pedra “ Pai e Filho” atribui-se à época do Reino Suevo.
Os suevos introduziram o catolicismo no ano de 449 nos territórios a norte do rio Tejo ( Galiza, Norte e Centro de Portugal). http://pt.wikipedia.org/wiki/I...

Mais tarde os visigodos ocuparam o Reino Suevo, mas não alteraram nada a nível de população, língua e cultura, mantiveram as dioceses suevas de Tuy, Braga, Orense, Iria, Bretonha, Lugo, Astorga, Viseu, Coimbra, Idanha e Porto.

IV- O idioma Galego subreviveu durante a invasão muçulmana e a reconquista Cristã

Por volta de 711 quase toda a Peninsula Ibérica foi invadida e ocupada por árabes.
No século VIII a Galiza foi uma zona de guerra até que Dom Afonso um chefe asturiano reconquistou toda a Galiza, Norte e Centro de Portugal aos muçulmanos e foi restabelecido o território, tecido humano e línguistico que tinha existido no Reino Suevo. Nasceu o Reino da Galiza, praticamente com a mesma caracterização do Reino Suevo. Dom Fernando, rei de Leão e Castela, notabilizou-se consolidando as reconquistas e quando faleceu em 1065 reconheceu as diferentes nacionalidades e repartiu os seus domínios pelos filhos: Sancho ficou com o Reino de Castela, Afonso com o Reino de Leão e Astúrias, e Garcia com o Reino da Galiza (e portanto com o condado de Portugal transformado mais tarde em reino independente por não querem depender do rei de Leão e Castela ). Depois de varias lutas entre os irmãos, morto Sancho e destronado Garcia, Afonso VI de Castela ocupa todos os reinos criados pelo seu pai, tornando-se assim rei de Leão, de Castela e de Galiza. Muitos galegos opuseram-se e por isso dois terços da Galiza, o condado de Portugal tornou-se independente.

V-O Idioma Galego durante a ocupação mulçumana e depois da independência de Portugal

O idioma galego continuou a ser o usado pelos povos do antigo Reino Suevo, mesmo durante a ocupação muçulmana da Península Ibérica. Uma língua é o resultado de sentimentos e cultura de um povo durante muitos séculos. O primeiro documento escrito que se conhece em Galego é do século IX. Por isso é considerado oficialmente o galego como idioma desta data. Neste documento perante a qualidade da escrita reconhece-se já como um idioma formado e não um simples dialecto. Essa fase já o galego teria passado há vários séculos. Pela qualidade do documento escrito em galego no século IX pensa-se que o idioma já estaria constituído deixando de ser um simples dialecto pelo menos no século VI.
O galego conhecido internacionalmente com este nome, comum à Galiza e a Portugal, teve pelo menos setecentos anos de existência oficial como língua culta e plena, mas as derrotas que os nobres galegos a norte do rio Minho sofreram ao tomar partido pelos bandos perdedores nas guerras pelo poder em finais do séc. XIV e princípios do XV provoca a colonização da nobreza galega e a dominação castelhana, levando à opressão e ao desaparecimento público, oficial, literário e religioso da língua até finais do século XIX. São os chamados "Séculos Escuros". O galego em Portugal, por seu lado, durante este período gozou de protecção e desenvolvimento livre, graças ao facto de Portugal ter sido o único território peninsular que ficou fora do domínio linguístico do castelhano. Durante pelo menos sete séculos teve uso como língua culta, fora dos reinos da Galiza e de Portugal, nos reinos vizinhos de Leão e Castela. Escrevendo em galego, por exemplo, o rei castelhano Afonso X o Sábio, as suas "Cantigas de Santa Maria". A sua importância foi tal que se considera a segunda literatura durante a Idade Média só depois do Occitano. http://pt.wikipedia.org/wiki/L...

Depois da independência de Portugal os portugueses não mudaram de idioma, continuaram a falar galego. Os próprios portugueses durante séculos ainda se consideravam galegos. http://pt.wikipedia.org/wiki/G...
Portugal era dois terços do Reino da Galiza, a idependência nada teve a ver com o querer separar-se do resto da Galiza mas sim o tornar-se independente de Leão e Castelha que tinham ocupado a Galiza. Desde a independência de Portugal até ao ano1300 , nos reinados de D. AfonsoI, D. SanchoI, D. AfonsoII, D.SanchoII e D. Afonso III os portugueses diziam que falavam GALEGO.
http://pinhoada.blogspot.com/2...

Só o Rei D. Dinis sendo poeta e escritor começou a chamar ao idioma GALEGO-PORTUGUÊS ou GALAICO-PORTUGUÊS. O Idioma continuou a ser o mesmo tanto na Galiza ocupada por Castela como em Portugal independente. http://pt.wikipedia.org/wiki/D...

VI- Séculos escuros tentativa dos Castelhanos extinguirem o idioma galego

Depois de derrotas militares dos galegos com os castelhanos por finais do séc. XIV e princípios do XV assiste-se à colonização da Galiza pelos castelhanos. Os galegos foram oprimidos económicamente e culturalmente, foi extinto o idioma galego pelos castelhanos assiste-se ao desaparecimento público, oficial, literário e religioso da língua.
http://gl.wikipedia.org/wiki/S...
A nobreza galega foi substituída por castelhanos. Os galegos passaram a ser colonizados.
http://gl.wikipedia.org/wiki/L...


Com a extinsão oficial do Galego-Português na Galiza não fazia sentido a língua continuar-se a chamar Galego-Português. O idioma passou a partir daí a chamar-se simplesmente PORTUGUÊS.
Com a extinsão oficial do galego na Galiza:
- O idioma deixou de ser escrito.
- Passou a ser falado só em casa.
- Falado maioritariamente pela população menos culta dos campos.
- Passou a ser um idioma de ouvido sujeito às maiores deturpações.
Quando em finais do século XIX altas personalidades galegas querem salvar a língua, ela não está morta mas tem muitas enfermidades resultantes da opressão castelhana durante séculos. Os galegos falam muito mal o seu idioma materno, está cheio de castelhanices e por não haver escrita muitas das palavras foram deturpadas.
Pelo contrário em Portugal a língua esteve livre de colonização, o galego foi conservado e aprefeiçoado na escrita à oralidade de origem galega/portuguesa. Por isso o IDIOMA GALEGO do SÉCULO XXI é o PORTUGUÊS de HOJE como JÁ o ERA no SÉCULO IX http://www.xornalgalicia...
Em Vieiros: http://www.vieiros.com/blog/am...

VII- A União Europeia obriga o Estado Espanhol a reconhecer as línguas minoritárias

Antes deste direito o galego era proibido. Agora o Estado tenta inventar um dialecto artificial que afaste os galegos dos seus irmãos da fala, negando-nos o direito de recuperar a nossa língua materna. Estão a fazer um crime cultural e colectivo de nos impor a troca do nosso idioma materno por um dialecto artificial de adopção. É o mesmo que obrigar um pai a rejeitar um filho saudável e adoptar um estranho defeituoso. http://br.youtube...
Os galegos têm o direito de receber em canal aberto os canais de televisão portuguesa para ouvirem o seu idioma original actualizado http://br.youtube...
Os galegos têm o direito de influenciar o desenvolvimento da sua língua materna: http://br.youtube...
Há políticos galegos sabem falar galego mas não o defendem http://br.youtube...
Galegos e portugueses têm a mesma origem cultural: http://br.youtube...
A Galiza é uma Nação colonizada . O galego-português na norma internacional é um meio imprescidível para a descolonização da Prátria Galega.
Se no parlamento Europeu oralmente o Português e o Galego são a mesma língua porque será que o Estado espanhol através da RAG quer isolar o galego na norma escrita e não aceita o padrão internacional? E gasta milhões de Euros dos nossos impostos a criar um dialecto padrão isolasionista artificial?

É uma questão política com receio da Galiza ganhar autonomia e força como Nação.
Porque a nossa língua ao contrário do catalão e basco por exemplo tem uma dimensão mundial sendo falada em todos os continentes por cerca de 300 milhões de pessoas e é oficial em 10 países incluindo a Região Autónoma de Macau na China.
Acresce ainda o facto que sem ser idioma oficial é também a língua materna falada e escrita de milhões de pessoas de territórios em vários continentes, com destaque para a Índia no antigo Estado Português da Índia ( Goa, Damão, Diu, Dadrá e Nagar-Aveli) que foi português durante 5 séculos.
É também língua oficial das principais organizações mundiais como na União Africana (onde o espanhol não é), no Mercosul e na União Europeia onde oralmente é reconhecido como galego.
O galego e o português foi a mesma língua oficial falada e escrita em Portugal e na Galiza até os castelhanos a terem extinguido oficialmente na Galiza. Só a reintegração da nossa língua materna faz acabar com a colonização linguística dos galegos. A RAG tenta impor definitivamente a colonização castelhana da língua e isolar os galegos dos povos que falam a nossa língua materna. Tudo porque se teme das vantagens económicas e culturais que a Galiza obtém por entrar num mercado de cerca de 300 milhões de pessoas. Por isso todos os galegos e galegas se devem opôr ao dialecto “portuñol” da RAG. Nós temos como língua materna uma das mais faladas do mundo, não precisamos de a trocar por um dialecto criado artificialmente pela RAG para nos isolar no mundo.
Se na Galiza se continuar a escrever o dialecto “portunhol” da RAG ou o galego-português medieval enfermizado e descaracterizado devido aos séculos escuros de opressão, o galego nunca passará de um dialecto regional isolacionista sem qualquer utilidade e por isso morrerá no tempo. Ficará somente a supremacia do idioma colonizador o castelhano. A Galiza continuará uma colónia espanhola desrespeitada até a sua própria identidade pelos e pelas espanholistas "Rosas Díez" por exemplo. http://br.youtube.com/watch?v=...
Esta senhora nunca falou quando o galego foi proibido na Galiza pelos Castelhanos. Fala agora da constituição do ocupante colonizador castelhano para legitimizar o neocolonialismo da Galiza. A Galiza é uma Nação. Só queremos viver como galegos.
Na Galiza tem de se falar o idioma GALEGO e não portunhol da RAG ou castelhano.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete