O científico David Skilicom vén de crear un software informático capaz de detectar as falsidades e manipulacións dos discursos dos políticos.
Obama e McCain xa pasaron polo programa
O produto permite analizar a tendencia que teñen os políticos a presentaren unha imaxe de si mesmos que lles convén para "seducir" aos votantes, pero que non reflicte o que realmente pensan.
O programa xa se usou para estudar os discursos dos candidatos á Casa Branca. Así, de Barack Obama di que é o que recorre con maior frecuencia á linguaxe manipuladora, mentres que a John McCain defíneo como alguén que se asemella moito a unha persoa clinicamente deprimida.
Este software funciona detectando o que o investigador denomina "verbal spin", que segundo a súa propia definición se refire a un discurso no que as expresións dun líder non reflicten o que el sabe que é de verdade".
Para detectar estas potenciais manipulacións, o software rastrea os discursos para achar o que considera indicadores de "spin", por exemplo, o recurso a xeneralidades vagas, o uso da primeira persoa de plural no canto de singular ou a invocación a palabras de alto contido emocional.
O uso deste tipo de aparatos é cada vez maior na nosa sociedade, de maneira que, por exemplo, na India unha muller foi condenada a prisión despois de que un detector de mentiras sinalase que mentía sobre a súa inocencia e nos Estados Unidos xa hai dúas empresas que se dedican á comercialización deste tipo de produtos.
FWWWRANDO
Buenísimo o do MENTIROMETRO. Agora valería a pena probalo con tipos como Bush ou Chávez. Non tanto para demostrar que son mentireiros. Para iso non son necesarias maquinas. Senón para ver cantas mentiras din cada un nunha hora de discurso.
Ollo con estes aparellos que poden acabar cos nosos dereitos fundamentais. O millor en 100 anos a tecnoloxía e mais exacta, pero aceptalos agora é como facelo cos horóscopos.
Os trebelhos estes não fazem mais do que formalizar e automatizar técnicas que se usam desde há anos para analisar qualquer tipo de texto. A análise crítica do discurso leva-se usando na Galiza bastante tempo. Há estudos aplicados aos meios de informação escritos como La voz de Galicia, ou a campanhas de partidos políticos nas municipais dalgumas vilas, por pormos dois exemplos. Alguns aspectos concretos, tenhem já décadas ou séculos de uso como a Lógica, Retórica ou a Teoria da Argumentação.
Eu acho que, deixando o factor surpresivo que levanta qualquer método informático graças aos mídia, devemos de deixar de reagir como velhas supersticiosas... e preocuparmo-nos de que no ensino básico aprenda aos nossos beibes a lerem e perceberem a comunicação social. Menos Quevedo e mais disto.
Um saúdo.
Pois non lle acabo de ver eu a utilidade a istes trebellos. A non ser que os utilicen para despois da publicidade e manter a audiencia nos debates xa programados. ¿Lembran? Polo demáis para detectar as mentiras dos políticos eche cousa ben doada. Non fai falla ter un coeficiente de intelixencia fora do normaliño. Imos ver…pero é que ainda hai alguén que non se decatou que minten máis ca falan? Bueno eu creo que antes de falar xa minten. Sobran trebellos e faltan políticos honrados. Ainda que, ben pensado, ao mellor mandarían a rúa a todos istes expertos en marketin electoral que nos están a zugar coma carrachos o diñeiro dos contribuintes.