Despois da entrega do galardón, o equipo do filme ofrecerá unha festa no Hotel María Cristina.
"Para un filme galego, e rodado en galego, estar presentes no Festival de San Sebastián, e ademais recibindo un premio é un acontecemento". Así fala Ignacio Vilar, director de Pradolongo, dende Donostia, onde chegou este luns para presentar e promocionar o filme. "Estamos abrindo camiño para o cinema galego, e todo o que imos facer estes días no festival será un grande apoio para todo o que veña detrás", conclúe.
Este martes o equipo da película recibirá o Premio Cidade de San Sebastián Film Commission, entregado pola organización da sección Made in Spain do festival, que valorou a forma en que o filme reflite "os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais" da comarca de Valdeorras. O acto de entrega do galardón terá lugar no Cine Príncipe ás sete da tarde, coa presenza do xurado do premio, formado por Alicia Borrachero, Natalia Berbeke, Pascual Ortega e Manuel Hidalgo. Pradolongo impúxose a outros filmes que tamén aspiraban ao premio, como El orfanato, Rec o Los crímenes de Oxford. A seguir comezará no Hotel María Cristina, o auténtico centro do festival, unha festa galega, con produtos galegos e viño de Valdeorras.
O mércorese ao mediodía Vilar manterá un encontro-coloquio no Centro Kursaal con xornalistas e distribuidores. E xa pola noite, nos Cines Antiguo Berri, haberá unha nova presentación da película coa presenza dos actores e do director. Ignacio Vilar, que está acompañado en Donostia polos tres novísimos intérpretes do filme: Rubén Riós, Tamara Canosa e Riberto Porto, amósase confiado nos contactos que Pradolongo está realizando no festival con produtoras e distribuidoras de distintos países. En San Sebastián están acreditados 800 medios de comunicación de todo o planeta, máis de duascentas distribuidoras.
E un orgullo que peliculas galegas atopen o seu lugar no mundo do cine.A min esta pelicula gustoume e espero que poidamos seguir disfrutando de peliculas feitas na nosa terra. As miñas felicitacións a todas aquelas persoas que traballaron no proxecto e pelicula
Parabéns!! O filme é estupendo.
parabéns, mais considero que o filme é limitadiño e maniqueo, se ben ten algunha faísca interesante. Visualmente gústame máis.
Aproveito para lembrar q os cines de Santiago boicotaron este filme: eu tamén lle fago o boicote a estes empresarios de M, e desde entón non penso volver aos cines desa cidade.
A participação e debate em VIEIROS não respeita a liberdade de expressão.
São vários os espanholistas que escrevem palavras obsenas e o acesso não é cortado.
Pelo contrário usuários educados como: Galeguismo, PedraCorado, MinhoGalego, VerdadeiroGalegoaNorte, GalizaLivre, GalegoColonizado, GalizaVerde, ZecastroCurunha, ZecastroCurunha2, XosePinto, ManoelGalego, AntonioSilva, RealistaGalego, Galego2008, LiberdadeGaliza, Independentista e Outros foram cortados do acesso a Vieiros.
O que têm em comum:
- Escrevem em galego na norma Internacional.
- Defendem a autodeterminação para a Galiza com todas as consequências.
- Defendem a paz,são contra todas as formas de violência.
- Apelam à união de todos os galegos pela Pátria, pedindo para olvidar ideologias enquanto a Galiza não for livre dos seus destinos.
- Defendem a cultura e o idioma materno.
Acresce ainda que votações positivas nos seus comentários são feitas mas não aparecem, não se sabe se as negativas são verdadeiras.
Assim não há credibilidade nestes debates.
Depois desta denúncia, devo ser mais um cortado ao acesso a estes debates. Por isso possivelmente não vou poder responder a qualquer questão.