Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENERXÍA

O reparto eólico sobe a voltaxe política no Parlamento

O PPdeG volve a deitar dúbidas sobre a transparencia do proceso e o BNG retrúcalle que hai un cargo 'popular' encausado polas adxudicacións anteriores.

Redacción - 18:15 24/09/2008

Cando falta cada vez menos para que se coñezan as adxudicacións eólicas (agárdase que se resolva en novembro), a batalla política acentúase. Este mércores o debate volveu ao Parlamento e houbo sonoras labazadas dialécticas. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, defendeu o concurso e asegurou que se vai resolver con responsabilidade e transparencia. Antes de que Touriño defendera na tribuna o concurso que leva adiante a Consellaría de Industria, o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, pediu que se reiniciase todo o proceso ao considerar que hai numerosas irregularidades.

Núñez Feijoo considera que as empresas privadas non poden levar o 100% das concesións. O 'popular' demanda que o 20% da enerxía eólica sirva para financiar os concellos. Os conservadores consideran que a Xunta ten moita présa por sacar adiante unhas concesións con “máis sospeitas que garantías”. Para Feijoo é evidente que o Goberno quere deixar “atado” o proceso antes das eleccións, a pesar de que “até 2016 non van estar operativas as novas instalacións”.

A polémica chegou a tal grao que Feijoo afirmou dende o estrado, dirixíndose os deputados nacionalistas Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, que “algúns rin por que lles vai ir ben”. Diante destas palabras, Aymerich tomou a palabra para advertir que polo de agora non hai ningún membros de Industria nin do BNG encausado por adxudicar magavatios. A continuación Aymerich lembrou o caso de Luis Castro Valdiviesa, que está a ser investigado por presunto tráfico de influencias canda o seu cuñado, Ramón Ordás Badía, que foi director xeral do goberno Fraga entre 1999 e 2005.


5/5 (3 votos)


Comentarios (2)

outrolector #1 24/Setembro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os do PPdG eran lamentables; seguen sendo lamentables; abofé que están doentes por perder os seus sistemas de control e realimentación do partido, beneficiarios e clientela. MERECEN O DESPREZO dos galegos por ducias de anos, por aproveitados, mentireiros, incompetentes e amigos da ignorancia e da desinformación allea. Tamén por hipotecarnos con moitas inutilidades e rémoras das que lamentablemente destaca a cidade da Cultura, pero de seguro non é a máis grande. O MEU DESPREZO, señores do PPdG. Teñen moito que calar, moto que expiar, moito que aprender a vivir en sociedade e a coidar con intelixencia do barco e da nai que nos leva e nos alimenta a todos, Galiza.

mceleiro #2 29/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Antes de "repartir", era bem saber QUANTO se reparte, que LEGISLAÇÃO regula essas concessões, ONDE se fazem, etc, etc.

Logo, para os parceiros já sabemos que o Sr. Jove (Ex Fadesa) vai invertir neste sector os seus ganhos com o companheiro de Martinsa, que há um sector banqueiro retirando fundos da ultima depredação que os irá por na seguinte: pelotazoeólico.

Seica os ppeiros não estão conformes. O bipartito sim. Vai criar a burguesia-nacinal-galega tão desejada. Ha ha ha ha.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: