Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Francisco Rei, organizador de Terr@ctiva

"Promovemos a conciencia ecolóxica con manifestacións artísticas diversas"

Analizamos o Festival das Artes pola Biodiversidade cun dos organizadores desde o seu inicio.

García Martínez - 12:25 28/09/2008
Cartaz do festival

Cartaz do festival

Este xoves presentouse Terr@activa. Festival das Artes pola Biodiversidade que se celebrará os vindeiros días 18 e 19 de outubro en Arzúa. Vieiros falou con Francisco Rei, que leva acompañando a feira desde o seu comezo a través de Cultur@ctiva, organizadora do evento.

Vieiros: A Feira Ecolóxica Terr@ctiva chega consolidada á súa sexta edición. Cal é o valor diferencial de este evento con respecto a outras feiras ecolóxicas?
Francisco Rei: O que fai única esta mostra é o concepto de festival. Promóvese a conciencia ecoloxista a través dun festival no que se fomentan diferentes disciplinas artísticas como a fotografía, o teatro ou a música entre outras. Enfocamos a partir de aquí a idea do respecto ao medio ambiente.

Cal é o público obxectivo da feira?

A idea é chegar a todos os sectores de poboación, aínda que hai actividades destinadas a públicos específicos. Este sería o caso dos concertos, máis enfocados cara a xente nova, ou actividades como a feira e o teatro, que están pensadas para ser consumidas por un público máis familiar. De todas formas preténdese que os principais beneficiarios sexan os habitantes da vila e tamén o público infantil.

Este festival tivo unha primeira edición en Narón no ano 2002 e despois tomouse un descanso de un ano, para no 2004 reaparecer en Arzúa e desde entón xa non se moveu de aí. A que se debe este afianzamento neta última?
Sobre todo á boa acollida que está tendo tanto por parte do goberno local e tamén da cidadanía. Levar o festival a Arzúa foi unha iniciativa da Deputación Provincial da Coruña e máis en concreto da Área de Desenvolvemento Local, que viron nesta vila un lugar ideal polo seu carácter rural e tamén por estar situado no centro xeográfico da Galiza.

Con que nos pode sorprender esta sexta edición?

O programa en xeral non mudou moito e mantense unha proposta coa que estamos contentos. O que podemos apreciar son novidades puntuais, como os postos de exposición ou os cinco cursos que se ofrecen este ano, distintos aos dos anos anteriores.

Como evolucionou nestes anos a acollida da festa por parte do público?

Cada ano está sendo mellor. Está claro que hai eventos como os concertos que dependen moito da climatoloxía, pero os números obxectivos falan dun aumento constante no número de visitantes e tamén no número de expositores. Este ano agardamos volver a superar os cinco mil visitantes. Ademais subimos de 40 a 45 expositores, e isto é un aumento considerábel si temos en conta que nós so aceptamos propostas que estean acorde coa temática do festival.
Outro aspecto son os cursos que vimos ofrecendo desde fai tres anos e que sempre rematan por ter unha grande acollida, chegando moitas veces incluso a cubrirse todas as prazas dispoñíbeis.

Estes cursos están integrados dentro de Formaterra que, como ben dixeches, incorporouse hai tres anos ao programa. Que se nos ofrece a través deles?

Cobren unha demanda que existe na sociedade galega de formación en terapias e materias relacionadas co medio ambiente. Combínanse os prezos populares, co feito de estar integrados dentro dun grande festival no que tes acceso a material sobre o que se traballa nos cursos e serve tamén como punto de encontro para persoas con intereses comúns.


5/5 (3 votos)

Comentarios (5)

conghustononproe #1 29/Setembro/2008 conghustononproe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa comeza a cheirar tanto @ctivismo festivaleiro profisional e remunerado (con cartos públicos, madia leva...)

galeguzo #2 29/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#1 Já havia "Terr@ctiva" com Manuel Fraga ;) Festivais deste tipo poderia haver sem necessidade de dinheiro público, mas imagino que estes têm tanto direito como a RAG, A Mesa, a Sociedade de Ornitologia, Adega, etc., a receberem algum patrocínio ou subsídio para as suas actividades, ou?

Eu não vejo nada mau no "festivaleiro profisional e remunerado" [sic], já que toda profissionalização garante uns mínimos de qualidade. A prova é que Terr@ctiva leva já vários anos em Arçua a contribuir a semear consciência ecológica neste paisinho nosso e a oferecer alternativas sustentáveis para a nossa vida diária.

conghustononproe #3 29/Setembro/2008 conghustononproe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estimado galeguzo, o @ctivismo enfocado de xeito empresarial é, para min alomenos, un contrasentido; xa que a empresa (e coido que os de cultur@ctiva son empresa) busca o beneficio económico. Non se poden comparar con asociacións que (en principio) non teñen ánimo de lucro como ADEGA.
Con isto non quero dicir que non teñan dereito a buscarse a vida como boamente lles pete e facer canto festival queiran.

conghustononproe #4 29/Setembro/2008 conghustononproe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O de que xa había Terr@ctiva con Fraga non sei de certo polo que ven, pero paréceme que marrache-lo tiro.
Con(tra) Fraga había unha chea de activistas que non levaron un can pola súa labor nen buscaron recoñecemento nen mercado...
Un saúdo

signatus #5 29/Setembro/2008 signatus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

conghustononproe cooper@ctiva é umha cooperativa de gestom e promoçom cultural, nom umha associaçom sem ánimo de lucro. Tem todo o direito a organizar um festival e receber subvençons por isso e se por riba abre um espaço gratuíto onde organizaçons sociais se dam a conhecer pois muito melhor.

A comparaçom que fás com ADEGA deveria ir em sentido contrário, porque ADEGA, que nom é nem empresa nem cooperativa nem nada mais que umha associaçom, fai umha caixa que mete medo a base de subvençons e calar a boca quando convém e frente a quem fai falta (nom tés mais do que olhar para o seu web e revista).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: