Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ACTIVISMO POLÍTICO

Bono blog

No tempo que duren as xuntanzas internacionais ao abeiro da ONU, o cantante do grupo irlandés U2 comenta temas de actualidade nun blog de seu no 'Financial Times'.

Redacción - 11:25 28/09/2008

O activismo político de Paul David Hewson (máis coñecido como Bono) vén de vello. O líder do grupo irlandés U2 é un home comprometido coa causa humanitaria en África e ten feito diversas declaracións e actuacións a prol da cancelación da débeda externa de países do terceiro mundo, que xa lle valeron dúas nominacións ao Premio Nobel da Paz. Agora, Bono vén de dar un paso máis na súa achega activista da man das novas tecnoloxías.

No seu blog, que publica o diario Financial Times, e que comparte co economista Jeffrey Sachs, analiza as diversas xuntanzas que teñen lugar ao abeiro da ONU con motivo da 63ª Asemblea Xeral, e achega a súa visión sobre a actualidade mundial: fala dos orzamentos da Unión Europea ou da impresión que lle causan líderes internacionais como Sarkozy ("semella un tipo duro, dos que non perde nin o seu tempo nin o teu") ou Zapatero, que louva e cualifica de "sorprendoso e modesto".

Especial atención presta, unha vez máis, a África, da que exalta a súa riqueza natural e asegura que, cos seus recursos, "desempeñará un papel fundamental no século XXI", xa que "nunca tivo unha importancia estratéxica no eido económico e político como agora".


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Comentarios (8)

Sara_Mago #1 28/Setembro/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

bono, um tipo super-comprometido (com o seu peto e os dos seus amigos magnates)

-Xavier #2 29/Setembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O melhor que podia fazer Bono e o resto dos seus companheiros de U2 é lançar um bom disco.

Que tempos aqueles de "The Joshua Tree" e "Achtung Baby"!! Que maravilha de discos!!

Saúde e boa música.

Xallundes #3 29/Setembro/2008 Xallundes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un tipo "sobrado" e "forrado", ese é o que quero que sexa o voceiro dos que menos teñen.
Agora que o penso........... ¿¿non había outro así en Roma?? :D
Nihil novum sub solum.

Xoan_da_Tolda #4 30/Setembro/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

¿Queremos que non haxa ricos ou que non haxa pobres?

Varsavsky dixit.

-Xavier #5 30/Setembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Xoan_da_Tolda #4 .

Queremos que haja Humanidade. Uma parte imensa da Humanidade vive na mais absoluta pobreza: não aquela derivada do facto de não ter "pertenças" de diversa índole, mas apenas o facto de no ter o direito à vida. Se não há vida, que há? Uma outra parte da Humanidade, rodeada de "riquezas" vive numa forma de morte mais real ainda que a morte física: a morte da Humanidade. Que poderá salvar a Humanidade destes dous tipos de morte? É óbvio que um (o primeiro) é inevitável (tarde ou cedo todas e todos morreremos), mas não faz sentido viver a morte da Humanidade, da nossa capacidade de sermos humanos.

Saúde e reflexão.

Um abraço.

-Xavier #6 30/Setembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

FE DE ERROS da anterior mensagem:

na segunda linha, onde diz:

não aquela derivada do facto de não ter "pertenças" de diversa índole, mas apenas o facto de NO ter o

deve ler-se

não aquela derivada do facto de não ter "pertenças" de diversa índole, mas apenas o facto de NÃO ter o

A estas horas -com o sono às costas e a tendinite nos dedos e no pulso- até o 'a' e o til fogem à procura do descanso.

Boa noite.

Xoan_da_Tolda #7 30/Setembro/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Xa me parecía. Posto que estamos de acordo con Bono, deixemos de criticalo. Está claro que contribue a consecución dese obxetivo en maior medida que a maioría de nos, obviamente non de misioneiro en África senón facendo o que mellor se lle da, que é ser estrela dos mass media. Quizáis os comentaristas desta nova son excepción e por iso se sinten lexitimados nas súas críticas, nese caso, as miñas desculpas.

Carl #8 30/Setembro/2008 Carl
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bono en troques de rascala barriga polo menos traballa para o 3º mundo. Se o seu activismo político serve para salvar unha soa vida en África, benvido sexa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: