Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Euskadi

Ibarretxe asegura que os límites impostos polo Estado non impedirán que haxa consulta

"Se unha consulta pode pór en risco a sacrosanta soberanía da nación española, é que realmente a nación española é moi feble".

Redacción - 10:45 26/09/2008
Ibarretxe, este venres no parlamento vasco

Ibarretxe, este venres no parlamento vasco

O presidente do goberno de Euskadi, o lehendakari, Juan José Ibarretxe, advertiu de que a consulta popular vaise organizar "malia os límites do aramado" que o PP e o PSOE puxeron a través do Tribunal Constitucional (TC). Ademais, engadiu que "máis cedo que tarde", o uso do dereito a decidir servirá para "solucionar o conflito vasco".

Na súa intervención no parlamento, Ibarretxe reiterou que os vascos reclamarán en Europa o dereito a decidir porque o Estado Español "está violando o Convenio Europeo de Dereitos Humanos". Neste senso, dixo que os membros do seu goberno, "a título persoal, xunto con outros miles e miles de cidadáns vascos, van alzar a súa voz en Europa co obxectivo de restituír o dereito de opinión e participación política, que inxusta e incomprensibelmente foi suspendido".

"Se unha simple consulta pode pór en risco, nin máis nin menos, que a sacrosanta soberanía da nación española, é que realmente a nación española é moi feble", cre Ibarretxe, que considera ademais que a decisión do TC de impedir a consulta é "un ataque frontal ao autogoberno político", ante o que aposta "por unha resposta serena e pacífica, mais tamén firme e contundente".

Ademais, sinalou que ETA "continúa sendo o principal obstáculo para a paz e a normalización política" e recordou que "a inmensa maioría da sociedade vasca exíxelle que manifeste claramente a súa vontade de pór fin á secuela do terrorismo, dunha vez e para sempre".


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

tinho #1 26/Setembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ista e a sua democracia

xoselado #2 26/Setembro/2008 xoselado
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Está ben o que di o sr Ibarretxe pero, onde está a coherencia da súa política?
Que podemos pensar ao ver ao seu partido negociando os orzamentos do estado co goberno do PSOE?
Por último, que di o nacionalismo galego sobre a actual situación que está a vivir Euskadi?Só lin unhas declaracións de Nos -UP.O resto, pronunciouse? Non lle merece ningún comentario o que está a pasar en Euskadi. Moi significativo, para min, o seu clamoroso silencio!

UnDeTantos #3 26/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e os de Nos-Up reconheceron por fin publicamente que están jodidos por ser galegos,que eles pagarían millons por nacer en euskadi¿

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: