Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIDAS CONTRA A CRISE

A caída na produción de vehículos leva a Industria a convocar o Clúster do Automóbil

Fernando Blanco reunirá ao sector para analizar a situación e avaliar as medidas necesarias para que non repercuta no emprego.

Redacción - 10:50 27/09/2008

Neste mes de setembro a planta Citröen de Vigo deixou de fabricar catro mil vehículos e o plan anunciado para outubro prevé deixar de fabricar outras oito mil unidades máis. É unha situación derivada da caída da venda de coches, que está nun 40% e que, presumibelmente, afectará ao emprego. Así o subliñou o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, quen anunciou este venres a convocatoria para a vindeira semana do Clúster de Empresas de Automoción de Galiza (CEAGA).

Neste sentido, Blanco dixo estar moi preocupado polos efectos da crise económica no sector xa que "a baixada das ventas producirá en consecuencia un descenso na produción, afectando ao emprego e á marcha da industria". "O obxectivo é reducir o impacto negativo da crise sobre o sector", asegurou, e engadiu: "Fixémolo coa lousa, co turismo, co comercio... e agora farémolo, a vindeira semana, coa automoción e as empresas auxiliares".

Asemade, Blanco afirmou tamén a súa intención de estabelecer unha serie de iniciativas que reduzan o impacto da situación económica e apostou por un maior esforzo para converter o Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galiza "nun centro de referencia e excelencia para o sector". Nesta iniciativa e co obxectivo de apostar polos proxectos de I+D+i, a Consellaría de Industria investiu este ano máis de 10 millóns de euros.


Ligazóns

4/5 (2 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 28/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ala, ídevos preparando a desenmbulsar polo menos outros 20.000 millóns de rupias, coma fixeron ainda non hai tanto, o goberno Ánsar e o Fraga a dúo!

Xa se sabe, cando a privatización das gañancias na economía dalles perdas ós ricos, temos que os pobres ir taparlle o buraco, ben vestidos de Pai €$tado. Non será a primeira nin a última...polo intre, mentres manden os ricos!

ulo #2 29/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NIN UN SO DESPEDIMENTO, A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL.
E o sr Blanco ten nas súas mans evitalo: proibindo calquer subvecion a empresas que despidan traballadores.
E senon, NACIONALIZACION. Non o fai o ultra reaccionario Bush para resgatar os seus capitalistas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete