Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A falta do voto por correo e exterior

Eleccións en Austria: Ultradereita, 28,9%; socialdemocracia, 29.7%

Confírmase a suba dos partidos de Strache e Haider. Os resultados definitivos, o 6 de outubro.

Redacción - 10:15 29/09/2008
Strache (FPÖ) e Haider (BZÖ),este domingo

Strache (FPÖ) e Haider (BZÖ),este domingo

Segundo os datos preliminares facilitados polo Ministerio do Interior, o Partido Socialdemócrata Austríaco (SPÖ) foi a formación máis votada nas eleccións lexislativas deste domingo en Austria, co 29,7% dos sufraxios. Porén, confírmase a suba das dúas forzas da ultradereita, o FPÖ que medra do 11% ao 18.01%, e o BZÖ que chimpa do 4,11% de hai dous anos ao 10.98%.

O socio do SPÖ no frustrado goberno que durou 18 meses, o Partido Popular (ÖVP), caeu nove puntos deica o 25,6%, e o até de agora terceiro partido, o dos Verdes (Die Grünen), ficou relegado ao quinto posto. Este é o peor resultado das formacións moderadas en Austria dende a fin da II Guerra Mundial.

Os resultados finais non se coñecerán deica o 6 de outubro, cando se reconte o voto por correo e o dos residentes no exterior, que suma arredor do 10% dos sufraxios. Esta é a primeira vez nun Estado membro da UE que os cidadáns de 16 e 17 anos -uns 200 mil do total de 6,3 millóns de electores- acoden as urnas.

A extrema dereita austríaca aglutina os sentimentos dos que se opoñen a UE e aos inmigrantes, así como os descontentos cos dous tradicionais partidos centristas. Segundo os analistas, a ultradereita podería volver entrar no goberno, mais só despois de que todas as outras opcións posíbeis -entre estas, outra gran coalición como a recentemente fracasada- fosen exploradas.


5/5 (3 votos)

Comentarios (5)

carlosroca #1 29/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Alguén me pode explicar a foto de hoxe na Voz co pe seguinte: "Un guardaespaldas impide que un judío salude al líder de la extrema derecha, Christian Strache"?
Non saio do meu asombro ou é unha broma ou mala memoria...

carlosroca #2 29/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ahh vale, debe ser pola foto da nova anterior na que aparece cuns carteliños e con outros ultras europeos...

xaviersouto #3 29/Setembro/2008 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Europa, Europa! As democracias mais avançadas do mundo. O exemplo a seguir que tantos europeistas nos passam polo fucinhos dia e noite, e nom vou dizer nomes, mas nom me esqueço de camilo Nogueira. Europa é umha maravilha, mas só para os europeus. Esse é um racismo estructural, um racismo que se cahar nom fai referència à cor da pele, senom distribuiçom da riqueza, à necessidade de que exitam muitos pobres, o exército de reserva facilemente explorável, no planeta para podermos manter um nivel de vida insustentável.

carlosroca #4 30/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Desafortunadas palabras as de Camilo Nogueira, demostran unha falta de sensibilidade moi grave, e unha confusión moi fonda entre desexos e realidade.

zemalves #5 30/Setembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ha situações bem piores do que a da Austria! Em Itália é bem pior, pois a extrema direita mafiosa tem a maioria no Parlamento e no senado e no Governo! Mas o pior de todos, são aqueles que se dizem, por vezes até socialistas e nos governos conseguem ser bem piores do que certos partidos da extrema direita, falo concretamente do caso português!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: