Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
UNIVERSITAT DE BARCELONA, 7 DE OUTUBRO, 10 H

Conferencia de Anxos Sumai na Universitat de Barcelona

A sección de Filoloxías Galega e Portuguesa da Facultade de Filoloxía da Universitat de Barcelona presenta a conferencia de Anxos Sumai "Dentro do Acuario".

Filoloxías Galega e Portuguesa da UB - 13:00 02/10/2008

2008-10-01 Anxos Sumai (Catoira 1962) é unha das escritoras máis imaxinativas e polifacéticas do panorama actual. É considerada pioneira do fenómeno blog da literatura galega principalmente pola sección de creación literaria Anxos de Garda, coa que amosou novos camiños para a literatura a través de internet cunha nova relación entre público e escritor/a. Como narradora ten publicadas: Anxos da garda (2003), Melodía de días usados (2005), Así nacen as baleas (2007) e Perigosamente normais (2008).

Conferencia de Anxos Sumai "Dentro do Acuario".

Martes, 7 de outubro de 2008 ás 10:00

Edificio Josep Carner, Aula 3.6
Facultade de Filoloxía, Universitat de Barcelona
Aribau, 2 | 08007 Barcelona


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: