Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BANCO CENTRAL EUROPEO

Trichet insinúa unha futura baixada dos tipos de xuro

A decisión do BCE débese ao enfraquecemento da economía europea e a unha posíbel baixada da inflación.

Redacción - 19:00 02/10/2008

O presidente do Banco Central Europeo, Jean-Claude Trichet, non descartou unha futura baixada dos tipos de xuro, polos indicadores que amosan unha diminución da inflación, ademais do enfraquecemento do crecemento económico. Porén, este xoves decidiu manter os tipos básicos ao 4,25% da zona euro, mentres que a facilidade marxinal de crédito tamén permanece no 5,25%.

O mesmo día, a Comisión Europea asegurou que non creará un fondo de rescate para os bancos da Unión. Si presentou un paquete de medidas para reforzar o control do sistema financeiro e asegurar a súa estabilidade.

Máis información:


0/5 (0 votos)


Comentarios (3)

piorno #1 3/Outubro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que tem de democrático que um só indivíduo, chame-se Trichet ou Jám das Bolas, que nengum/ha de nós escolheu, decida sobre a vida de centenas de milhões de pessoas?

No mundo em que vivemos, a fixaçom das taxas de juro (o dos 'tipos' é um castelhanismo evidente) equivale ao controlo das nossas vidas.

Atlantico #2 3/Outubro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tes razón, pero Trichet non decide por si só, decide o Banco Central Europeo, que é propiedade ó fin e o cabo do gran capital europeo, e Trichet é só un mandado como outro calqueira, que poñen alí a dar a cara.

piorno #3 3/Outubro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Com efeito, Atlântico. Centralizando a crítica em Trichet, só estava a fazer uso de umha metonímia, tomando a parte polo tudo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: