Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

Quintana marca como obxectivo “que o BNG sexa o PG do século XXI”

O líder nacionalista considera que “os nosos adversarios querían ver un nacionalismo de salón”.

R.V - 14:45 05/10/2008
Tags:

O discurso de Anxo Quintana marcou o primeiro punto de inflexión da Asemblea Nacional extraordinaria para a elección do candidato á Xunta. O líder do Bloque e único aspirante que se presenta diante do plenario trazou un discurso cun fondo contido político e no que deixou moi claro cal é o camiño que quere percorra a formación nacionalista. Quintana mativo a idea de que o BNG ten que ser a casa común de todo o sentimento galeguista que hai no país. Para iso, citando a Vítor Casas, mostrou o seu desexo de “que o BNG sexa o PG do século XXI”.

Diante dun auditorio expectante, Quíntana lanzou frases contundentes que sen dúbida tiñan unha interpretación tamén en clave interna: “Os nosos adversarios querían ver un nacionalismo de salón”. Fronte a isto asegura que o que preocupa é que o Bloque faga políticas máis pragmáticas: “Incluso lles molesta vernos coa xente divertíndose” (en referencia ás críticas ás festas dos maiores). Quintana defendeu as políticas das áreas nacionalistas de goberno e sinalou que ademais da “autocrítica” (que segundo el está máis que garantida no BNG) tamén é importante ver os avances.

O líder do Bloque presentouse diante dos 1.500 delegados con “timidez” porque “quero ser o candidato de todo o BNG”. Consciente de que ten garantido de antemán un apoio practicamente unánime nesta asemblea, o de Allariz dirixiuse ao plenario afirmando que “hoxe síntome máis representado que nunca”.

Un BNG máis necesario en tempos de crise

“Nós nunca abrazamos ese modelo especulativo feito para beneficios duns poucos”, afirmou en medio dunha forte ovación. Fronte a crise internacional, Quintana sinalou que o Bloque sempre defendeu unha “economía con raíces”. Nese momento deixou ver un dos obxectivos prioritarios de cara a vindeira lexislatura: “que mellor momento ca este para conseguir un sistema financeiro a favor dunha economía produtiva e non especulativa”.

Autogoberno


O Estatuto de Nación. Esa é a baza que segundo Quintana o Bloque ten que xogar a curto prazo. “Eu quero autogoberno para o recoñecemento nacional do país e ter un lugar como nación no Estado Español, en Europa e no mundo”.

O gran obxectivo: as eleccións galegas

Quintana non dubidou en colocar ben alto o listón das vindeiras eleccións. Segundo o líder nacionalista, o Bloque está en disposición de sacar o mellor resultado da súa historia, o que suporía superar os 18 deputados conseguidos nos comicios de 1997.

Os sectores críticos, os grandes ausentes


A Asemblea Nacional que se está a celebrar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela vai ser sen dúbida a máis tranquila dos 26 anos de historia do BNG. As dúas principais correntes críticas coa dirección (Encontro Irmandiño e Movemento pola Base) decidiron non asistir a unha asemblea que consideran que non reflicte toda a pluralidade da organización frontista. Á Asemblea non acudiron dirixentes destas formacións a pesar de que algúns tiñan o dereito a asistir polo simple feito de pertencer ao Consello Nacional ou á Executiva Nacional.


4/5 (10 votos)


Comentarios (24)

Cuevillas #1 5/Outubro/2008 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Imposíbel có BNG de hoxe sexa o PG do século XXI. Sinxelamente porque os direxentes de agora non teñen a cabeza daqueles, nin van facer todo o que fixeron os grandes do PG. Cantos traballos científicos, sociais, culturais ou informes teñen feito estes novos "dirixentes"?
Interésanse pola economía, por coñecer o cerne do país? Coñecen o noso rural? Saben como é a xente de cada comerca? Coñecen o patrimonio? Saben que existe unha Galiza extremeira e irredenta?
Eu penso que non. Moitos non miran máis alá do "xenero", "memoria histórica" (a que quere a esquerda española), ou o "capitalismo".
Non é máis importante o País cá "poltrona" que ofrecen as cidades? Non é mellor un furancho da Fonsagrada cun Restaurante "lésbico-Gay" con decoración pseudo xaponesa elitista de esquerdas do centro dalgunha cidade? Por favor...
Polo único que teño que votarvos é porque hai que xunguir forzas nun voto útil contra as forzas españolas. NADA MÁIS.

Vakaloura #2 5/Outubro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Nunca me cansei de por o meu propio coche e pasar a megafonía polos povos e vilas da Galiza cando o BNG non tiña un peso e lle custaba moreas acadar representación no Parlamento Galego. Tampouco xamáis me importou pasar campañas electoráis pegando cartaces e máis cartaces e xuntando unha ducia de persoas para algún mitin.. Sabía e sentía que era necesario. Pero agora chegaron os señoritos e a nova burguesía para axudarse e apropiarse do noso traballo. Que lles aproveite. Agora non lles facemos falla e desbotannos.
Estiven cavilando e lembrei aquela famosa viñeta de Castelao:

Aprende, Xan.

-Eu son Xan, o que votou por vostede.

-¡Ah!.....¡Si! ¡Caramba! Si desea algo vuelva mañana.

Sóalle isto a alguén a dia de hoxe?

olangullo #3 5/Outubro/2008 olangullo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

¡¡2 votos en contra!!! que ven ser o 0,00001%. Ah! e que os delegados ben a representar o sentir da militancia.
Ja,ja,ja...........
Manipulación.

mnawe #4 5/Outubro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#3 a única manipulación é a dos que perden unha votación e logo non quere aceptar o resultado.

O teu comentario é simple demagoxia igual que a de Camilo e Beiras

bainha #5 5/Outubro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

1279 a favor, 2 en contra e 4 abstencións.
99,5308835% de votos favorables, son moito voto favorable. Aquí ten que haber algún truco.
A última que recordo deste calibre foi no conciliábulo dos 500 notables do PP para poñer de Aznar de candidato.
Escándalo á búlgara.

Outro #6 5/Outubro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A min a Asemblea do BNG impórtame ben pouco, por min coma se quen designa ao candidato é o dedo gordo do Arcebispo de Santiago, máis do que me defraudaron non van facer, pero por respecto, por memoria e ainda por vergonza, por favor señor Quintana non insulte a intelixencia dos galegos, singularmene dos que nos sentimos nacionalistas, cmparando o se Bloque co PG histórico, pois básicamente teñen de parecido o que o touciño cuna máquina de coser, máis ainda de o poñemos a vostede nunha balanza con grandes pensadores coma ´Bóveda ou Castelao. Un poquiño de respecto, só iso, se non é moia molestia, plo demáis faan vostedes o que lles pete que así xa o fixeron ata agora.

diegosm_gz #7 5/Outubro/2008 diegosm_gz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Este é o projecto de Quintana e os seus aliados "comunistas": o da "cumplicidade" e "marcar objectivos conjuntos" com o empresariado. E nom o interpreto eu, di-o ele mesmo na sua página de auto-bombo:

http://quin.tv/video/xiii-cong...

Se esta dirigência do Bloco é a mesma da oposiçom aos Pactos da Moncloa, a Otan ou o "Mercado Comum Europeo, ruina do povo galego" devo ser eu que nom me aclaro. Mas isso sim, a dirigência nom renunciou a nada e temos o mesmo discurso de sempre, seica, e quem dunúncia isso vive na inópia, no esquerdismo, na marginalidade, som os do nom e querem destruir o Bloco...

beldro #8 5/Outubro/2008 beldro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

dou por feito que os comentarios que me preceden son de nacionalistas galegos, porque, de certo que me fan dubidalo moito.
Pois ben, eu non son militante do bng ainda que sí son nacionalista de toda a vida, e como non estou metido nas vosas lideiras nin comeduras de coco, simplemente teñovos que dicir unha cousa: Que con xente coma vos non imos a ningures. Cando éramos poucos, que si non tíñamos forza pola division interna.
Agora que somos bastantes mais, volven a xurdir as divisions internas e as críticas sin senso algún, e para mostra estades todos vós.
Con Beiras o salto cualitativo e cuantitativo do bng foi impresionante, e sentou as bases do qué é agora. E neste intre historico sinto que estamos no cerne de dar outro salto polo menos igoal de importante ou máis aínda.
Mais necesitamos UNIDADE, e non o que vexo con xente coma a que ven de poñer estes comentarios. Pero non vos dades conta de que non hai comentarios de ningun peperro ou calquera outro alleo ó nacionalismo galego?
Xa chegamos nos para nos autodestruir...
Ala home ala, e a ver si espabilades dunha vez.
saudiños

lenin #9 5/Outubro/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Viva a democracia! 2 votos en contra. Supoño que serían por erro...

Que siga Quin coa súa inestimable labor: a destrucción da base electoral que tiña o BNG nas cidades (Vigo, Ferrol, Pontevedra) e nas vilas industriais (Fene, As Pontes) e o intento de converterse no novo cacique de Ourense e a Pontevedra rural, agora que Fraga e Cuiña pasaron a mellor vida... Patético. E o peor de todo é que o máis probable e que se estrelle.
Están facendo un castelo de papel. Fan un congreso ó que non van(a grandes rasgos) nin os intelectuais (Beiras), nin os traballadores (Movemento Pola Base). E fora diso non hai nada no nacionalismo galego. Pouco tardaremos en comprobalo.

alpabarda #10 5/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Home sí.
Agora Quin quere equipararse con PG. Vexamos... como quedaría a comparanza de Jorquera, Quintana, Olaia Davila, Carme Adán con Cruz Gallástegui, Bóveda, Otero Pedraio, Paz Andrade, Plácido Castro, Anxo Casal...
Mire Sr. Quintana, os que neste país poden levar a insignia de galeguistas históricos sonlle moi poucos. Nembargantes se o BNG se adicara a ter os mellores nas súas ringleiras, os máis capaces (que sí os hai), os que adican a súa vida a mellorar Galiza, os que pon sobor da mesa Galiza como tarefa, e non os fervellarberzas ansiosos únicamente de poder, que na puta vida traballaron, que carecen de formación e que, dende logo, non poderían traballar noutra cousa que non sexa a política, entón poderiamos escomezar a falar.

bezoucos #11 5/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quixera expresar a INDIGNACIÓN máis profunda pola FALLA DE PROFISIONALIDADE con que o telexornal da TVG do mediodía tratou a AN do BNG. Até as caras do presentador eran totalmente improcedentes. Non sei como non fan nada por mellorar a calidade dese medio, coido que é unha das causas pendentes do Bloque.
Repito, até o feito de poñer despois unha nova do PP amosa ás claras unha falla de ética profisional bochornosa.

bezoucos #12 5/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quixera expresar a INDIGNACIÓN máis profunda pola FALLA DE PROFISIONALIDADE con que o telexornal da TVG do mediodía tratou a AN do BNG. Até as caras do presentador eran totalmente improcedentes. Non sei como non fan nada por mellorar a calidade dese medio, coido que é unha das causas pendentes do Bloque.
Repito, até o feito de poñer despois unha nova do PP amosa ás claras unha falla de ética profisional bochornosa.

bezoucos #13 5/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quixera expresar a INDIGNACIÓN máis profunda pola FALLA DE PROFISIONALIDADE con que o telexornal da TVG do mediodía tratou a AN do BNG. Até as caras do presentador eran totalmente improcedentes. Non sei como non fan nada por mellorar a calidade dese medio, coido que é unha das causas pendentes do Bloque.
Repito, até o feito de poñer despois unha nova do PP amosa ás claras unha falla de ética profisional bochornosa.

bezoucos #14 5/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quixera expresar a INDIGNACIÓN máis profunda pola FALLA DE PROFISIONALIDADE con que o telexornal da TVG do mediodía tratou a AN do BNG. Até as caras do presentador eran totalmente improcedentes. Non sei como non fan nada por mellorar a calidade dese medio, coido que é unha das causas pendentes do Bloque.
Repito, até o feito de poñer despois unha nova do PP amosa ás claras unha falla de ética profisional bochornosa.

bezoucos #15 5/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quixera expresar a INDIGNACIÓN máis profunda pola FALLA DE PROFISIONALIDADE con que o telexornal da TVG do mediodía tratou a AN do BNG. Até as caras do presentador eran totalmente improcedentes. Non sei como non fan nada por mellorar a calidade dese medio, coido que é unha das causas pendentes do Bloque.
Repito, até o feito de poñer despois unha nova do PP amosa ás claras unha falla de ética profisional bochornosa.

bezoucos #16 5/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quixera expresar a INDIGNACIÓN máis profunda pola FALLA DE PROFISIONALIDADE con que o telexornal da TVG do mediodía tratou a AN do BNG. Até as caras do presentador eran totalmente improcedentes. Non sei como non fan nada por mellorar a calidade dese medio, coido que é unha das causas pendentes do Bloque.
Repito, até o feito de poñer despois unha nova do PP amosa ás claras unha falla de ética profisional bochornosa.

mansdodemo #17 5/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Aproximación a xente?....di alguén.Non se aproximou nin tan sequera,a moitos do seu partido,ós que rexeitou,e ademais se rodeou de acólitos,de xentes que lle dín amén e o aplauden,sen facer crítica honesta.E o que él quere oir.
De todos xeitos....¡Enhoraboa Sr.Quintana!.

espanol634 #18 6/Outubro/2008 espanol634
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

La cuestión del idioma de Galicia no se reduce la una cuestión literaria. Para España los gallegos pueden tener cómo segunda lengua a continuación al español cualquier idioma o dialecto que no ponga en causa los intereses del Estado Español. Hay un grupo de gallegos que insisten en la reintegración de su idioma histórico. Comprendo que sea romántico bajo el punto de vista cultural. Pero ese idioma es peligroso para el Estado español porque:
Con la recuperación del gallego/portugués en Galicia esta región española me quedaba muy conectada políticamente a los países lusófonos. Aún sin ser un país independiente Galicia pasaba a influenciar la política internacional a través de Brasil, Portugal etc..Hoy quién es el presidente de la Comisión Europea? El portugués Durão Barroso. Con Galicia conectada a los países lusófonos España aún me despertaba con un Galeguista a chefiar Europa y a hacer directivas favorables a Galicia contra España. Brasil es el país con más fuerza política en América Latina y fuerte candidato para brevemente ser miembro permanente del Concelho de Seguridad de las Naciones Unidas. Portugal es miembro fundador de la OTAN. Vean como Portugal sin disparar un tiro ganó la guerra contra la poderosa Indonesia en Timor haciendo este territorio en Estado independiente. Bastó Portugal decir a los E U lo que era el interés portugués.
La propia China afirma que una de sus prioridades es una relación especial con los países lusófonos y mantiene el Portugués como idioma oficial en parte de su territorio. La India sin tener el portugués como lengua oficial mantiene los pueblos de los territorios de la antigua India Portuguesa conectados a la lusofonia. El problema es económico y político, Galicia escribiendo en la norma Gallego/portugués dejaba en la práctica de necesitar de depender de España. La RAG al estar a crear un dialecto assumidamente isolasionista sólo para gallegos que hablen entre sí está a defender el Estado como es su obligación. Los gallegos fueron asimilados aunque las conexiones lingüísticas y hasta de sangre con portugueses sean muchas. Hoy son españoles. Hay quien ponga Galicia al frente de España. Yo pongo España en primer lugar.
No sé adecuar muy bien mi castellano al gallego, pero da para percibir!

IndependenteGZ #19 6/Outubro/2008 IndependenteGZ
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#18
Não passa de uma confissão de um espanholista/galício.
Fica-te bem galeguizar algumas palavras mas as tuas ideias são do pior que o colonialismo espanhol representa na Galiza.

GalizaPais #20 6/Outubro/2008 GalizaPais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Galiza é reconhecida como Nação IRMÃ e estimada em Portugal.

Anxo Quintana e o Presidente da Republica de Portugal Cavaco Silva

http://br.youtube.com/watch?v=...

Quando será que o Estado espanhol deixa os galegos participarem nos jogos da lusofonia?
Veja o exemplo da China: http://br.youtube...

mansdodemo #21 6/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¡Enhoraboa!ós do MPB,ós Irmandiños de Beiras,ós de Camilo Nogueira e outros....¡Chapeau!.Moi ben pola bosa postura.Sodes consecuentes e honestos coas vosas ideas.Os que construiron "este tinglado",deberan ollar para todos vos,e pensar un pouquiño....na AUTENTICIDADE que demostrachedes.¡CHAPEAU!.

mansdodemo #22 6/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Perdoade,vosa que puxen coa b foi un erro.Disculpade.

Autodeterminacao #23 7/Outubro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os isolatas dizem que o galego teve um desenvolvimento separado do Galego/português durante os séculos escuros de fins de XVI a fins de XVIII.
Mas pode-se chamar desenvolvimento a:
- Um idioma proibido na Galiza nesse periodo?
- Idioma que deixou de ser escrito?
- Idioma falado só em casa e no mundo rural?
-Idioma que se transmitiu de pessoa a pessoa e de pais para filhos de OUVIDO com todas as deturpações daí resultantes?
- Os galegos obrigados a "hablar" castelhano em vez de falar o seu idioma nativo original da Galiza?.
O que a RAG está a fazer é tentar apagar a nossa cultura original e substituí-la pela castelhana através do dialecto artificial “portunhol”.
Com humor: http://br.youtube.com/watch?v=...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...

IndependenteGZ #24 8/Outubro/2008 IndependenteGZ
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O idioma galego em 1º lugar.
Há uma discução muito estúpida se o nosso idioma nativo se deve chamar Galego ou Português.
Esta estupidez tem afastado muitas elites portuguesas da causa galega.
Não estamos em tempo de dividir esforços....
Que o idioma é o mesmo ninguém tem dúvidas.
Deixem o GALEGO entrar na lusofonia que em todo o mundo todos os povos saberão que o galego existe e é o pai do português.
Agora quem conhece que há um idioma galego? Para além de nós?
Temos de ser inteligentes e ver o curto, médio e longo prazo......
Só escrevendo o nosso idioma nativo sem castelhanices na norma universal temos futuro como galegos..

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: