Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Blindaxe a contas por valor de 568.000 millóns

Alemaña únese a Irlanda na decisión de garantirlle aos cidadáns os depósitos bancarios

O acordo do goberno Merkel co sector permitirá ademais a inxección de 50 mil millóns para salvar o Hypo Real Estate, a segunda entidade hipotecaria en tamaño do país.

Redacción - 09:00 06/10/2008
Peer Steinbrück (SPD), ministro alemán de Finanzas

Peer Steinbrück (SPD), ministro alemán de Finanzas

O goberno de Merkel só garantía, ao igual que no Estado español, depósitos de até un máximo de 20 mil euros, situación que mudará esta semana. Coa fin de introducir tranquilidade entre a cidadanía, o executivo alemán decidiu fornecer garantía sen límite do total dos depósitos privados doa aforradores do país. Era unha das recomendacións saídas do cumio de líderes europeos celebrado o sábado, onde se acordou que cada Estado actuase unilateralmente en favor dos bancos locais.

A protección total para os depósitos privados só fora garantida, e de xeito temporal por até dous anos, por parte do goberno irlandés. Malia as retitencias iniciais sobre a medida, Grecia xa deu o mesmo paso e Austria anunciou que tomará idéntica decisión coa fin de reforzar a confianza cidadá no sistema bancario.

De paso, o goberno e banca alemá consensuaron tamén un conxunto de créditos cos que agardan salvar a entidade Hypo Real Estate, iniciativa que custará 50 mil millóns de euros. "Asumimos responsabilidades para que os alemáns non teñan que perder nin un só euro dos seus aforros", explicaba o ministro alemán de Economía, Peer Steinbrück. O ministro tratou de reforzar a idea, na que tamén insistiu a chanceleresa alemá, Angela Merkel, de que a acción era necesaria para que a crise desta institución financeira "non puxese en perigo todo o sistema".


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: