Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DISCRIMINACIÓN LINGÜÍSTICA

O BNG denuncia sexismo na nomenclatura oficial das profesións

A deputada nacionalista Olaia Fernández exixe a modificación desta clasificación porque todos os oficios están nomeados en masculino, agás azafata.

Redacción - 13:20 11/10/2008

Avogados, sociólogos, fiscais, bibliotecarios, camareiros ou enxeñeiros. Na Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO) non se rexistran mulleres ou, polo menos, non consta máis traballo feminino ca o da azafata. A auxiliar de voo é a única ocupación recollida con terminoloxía feminina, se cadra pola dificultade de nomear ao seu homólogo masculino (algunhas voces falan xa de "azafato", se ben esta forma aínda non se recolle en ningún dicionario).

A deputada nacionalista no Congreso, Olaia Fernández, reclamoulle ao goberno que modifique esta nomenclatura ao considerar que emprega unha linguaxe "claramente sexista" ademais de "contribuír a facer invisíbel a presenza das mulleres no emprego remunerado". Recorda que a Lei de Igualdade estabelece o obxectivo de implantar unha linguaxe non discriminatoria no ámbito administrativo, unha tarefa que, ao seu xuízo, aínda está pendente. Ademais, a deputada destaca que "non hai moito aínda se cuestionaban palabras como avogada, médica ou xuíza, termos que hoxe son empregados con frecuencia sen que parezan unha extravagancia".

Así, o BNG pregunta ao goberno se considera necesaria unha modificación e, en tal caso, insta a precisar o tempo no que se levará a cabo.


Ligazóns

4/5 (1 votos)


Comentarios (13)

Creador #1 11/Outubro/2008 Creador
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Non che falla razón pra dicer que a meirande parte das profesaións son masculinas, pode que historicamente foran desembolvidas por homes.
Hay outras como Azafata, Enfermeira, costureira, modista, matrona.

Logo están case que todalas matrices das profesións en feminino. Farmacia, Psicoloxía, Psiquiatría, Menciña, Filoloxía,Xeografía, Matemáticas, Ciencias. etc. etc.

Coido que de choromicas estamos un pouco fartas/os. Pra non ferir sensibilidades teremos que por (as/os)nas terminacións que non sexan neutras, pra que algunha xente deise de toca-lo nabo con temas superficiais que non levan a ningures. "Sra membra"

Creador.

Gaviotero #2 12/Outubro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



teixugo #3 12/Outubro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

TERRORISTA!!!!!!!!

maraghota #4 12/Outubro/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#2: قل الخير وإلّا فاسكت

carxeva #5 12/Outubro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Olalliña, con tantos problemas que ten a Galiza preocuparse de tal paiolada é ofender o senso común de moitos nós, a min o feminazismo xa me rebenta.
Se mirses un pouco máis pola túa circunscrición de Pontevedra e os seus problemas mellor nos iría. Ou queres ser a parva da ministra de igualdade en Galiza?

caloiro #6 12/Outubro/2008 caloiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A palabra "carvexa" comparte étimo con "carca"? Pregunto máis que nada pola miña ignorancia.

maraghota #7 13/Outubro/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Carvexa, se falas de "senso común", demostra que o tes.

Convídote a que coides as túas palabras e que, se pensas que hai algún tema que a deputada Fernández deba elevar a consideración do goberno e non o faga, que lle escribas e llo fagas saber. Tamén sería de agradecer por todos que deixes aquí constancia real de que problemas graves (sexan relativos á sanidade, á pesca, ao agro, etc.) pensas que ten Pontevedra sobre os cales a deputada non abriu a boca en Madrid.

Sentidiño. Grazas.

maraghota #8 13/Outubro/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

De todas as formas, a petición da deputada non ten sentido. Todo o mundo sabe que as mulleres que estudan para traballar no ámbito sanitario acaban todas de enfermeiras e que os homes acaban todos de médicos. Na asistencia especializada hai de media 0,6 médicos e 3,8 enfermeiras e comadroas. E os poucos desviados e desviadas que hai, deben acollerse á denominación xenérica que recibe a súa profesión: Matilde é médico e Xosé é enfermeira. E Afonso é azafata. E Paulo é modisto, pero Paula é costureira. E así por diante.

http://www.nodo50.org/mujeresr...

mceleiro #10 13/Outubro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ai, pobres feministas, que bem vos assimilou o capitalismo. Há "Lei de Igualdade" para o léxico, mas não para o salário.

E vós tão alegres pensando que conquistades liberdades. Quais?

micsha #11 13/Outubro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Gracias por recordar esos enlaces, maraghota. Es una obra maestra de la ignorancia elevada a la categoría de arte. Hacía tiempo que andaba buscando esos artículos para enseñarles a los chavales cómo no hacer el ridículo hablando de cosas de lengua.

Carlinhos #12 13/Outubro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#11 Que raio ensinarás de "lengua" tu, ignorante espanholito? Nem sabes escrever como a gente.

galego83 #13 14/Outubro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Disto preocupanse os políticos? ¿Os nomes das profesións son sexistas? pero que chorrada é esta, a min dame o mesmo que sexan masculinos ou femininos....por favor que lle baixen o soldo a esta deputada...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete