A terceira cadea, integramente en éuscaro, estará dedicada a un público infantil e xuvenil, mentres que o portal se suma á tendencia da web 2.0.
Presentadores de ETB-3
A radio e televisión pública vasca, EITB, celebra este venres o 25 aniversario de Radio Euskadi inaugurando unha nova canle de televisión e renovando a súa web. O Lehendakari José Antonio Ibarretxe deulle a apertura oficial ao novo servizo audiovisual, ETB-3, que emitirá exclusivamente por TDT, en formato panorámico, en éuscaro, e estará dedicado ao público novo.
A programación dividirase, basicamente, en dous grandes bloques: Betizu, dedicado aos cativos, e Gaztea, para a mocidade, con música e cultura. Ademais, o horario de máxima audiencia estará destinado a espazos culturais, seguidos dun informativo para un público novo, e todo en éuscaro.
ETB-3 convivirá no múltiplex dixital de Euskadi con ETB-1, en éuscaro; ETB-2, en castelán, e ETB-Sat, para Europa, mentres que desaparece o Canal Vasco, que emite vía satélite para os cidadáns do país residentes en América.
Asemade, a corporación pública estreou a súa nova web, aínda en fase beta, e que segue a tendencia actual de promover a participación e ofrecer contidos multimedia.
E a TVG?
Entre tanto, a Televisión de Galicia aínda non puxo en marcha a súa segunda canle, en principio destinada tamén a un público máis novo e con programación infantil, cultural e deportiva. As últimas declaracións do seu director, Suso Iglesias, facían referencia ao mes de outubro. Aínda que non houbo anuncio oficial, a web da Galega xa inclúe a programación provisional da súa segunda canle.
Si comezou, este venres, o proceso de dixitalización da televisión pública do país. O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Xosé Fernández Iglesias, recibiu o primeiro borrador do Plan de Dixitalización da CRTVG e das súas sociedades.
O seu obxectivo é deixar de usar fitas de vídeo e que os contidos audiovisuais sexan accesíbeis dende os computadores dos traballadores. O plan estabelece un proceso de implantación en dúas fases: un proxecto piloto dende xaneiro de 2009 e outro proxecto executivo, en 2010. O orzamento é de 6 millóns de euros.
O da TVG é indescriptíbel. Que desastre en todo!!! O BNG non lle pode deixar ao PSdeG facer o que queira nesta canle.
A segunda canle da TVG, que é a da TDT,un calco da canle de mala calidade da int. América.
A Canle INt. Europa non ten nin o xabarín club, por ex. nin debuxos animados, nin filmes, cousa que si hai na TV de Catalunya.
E mentres, os nosos nenos seguen castelanizándose, sen ter a opción de ver unha canle de programación infantil en galego. Isto si que che é imposición lingüística.
E @s presentadores/as da segunda canle da galega vam saber falar galego ou vam ser como os da primeira canle?
para o pp e psoe canto menos galego se fale milhor, por isso cando outros vam pola terceira ou cuarta eles prefeririam nom ter nenhuma
e cando a botem a andar será umha merda, que é o que eles som, para que todo o mundo ponha pola parabólica o terceiro canal de maandril (léase madrid)
queeeeeeeeeeeeeeeeee nooooooooooooooooooooxxooooooooooooooooooooooooooo!!!!!!!!!!!!!!
ú-la tvg2 ??????????? ú-lo xabarin para os pequechos da casa???? ú-la imparcialidade????? baaaaaa isto da noxo.....
PSOE= ANTIGALEGOS PP=FASCISTAS ESPANHOIS
A televisión vasca presenta nova canle e nova web. Pois, “mesmamente igual e cuspidiña ca TVGaita.” A TVG xa se fai infumábel. Hai que ter moita paciencia e coraxe para aguantar diante dela máis de cinco minutos. É máis insufríbel ca unha dor de moas. Nora boa a ETB.
ó mesmo tempo bota a andar a BBC Alba , canle que emite en gaélico escoces para todo o pais Alba e que por cable emitirá para todo o reino unido , pola internet podes sintonizala en: http://www.bbc.co.uk/alba/. E outra cousa, tal como di Vakaloura o creto á Galega xa venceu fai tempo, canle nacional galego con capital privado xa!!
Nós ao noso que somos estupendos.Que diferenza coa TVG do sr Fraga, si Sr un antes e un despois.Canta creatividade aplastada polo sr Fraga, como agroma agora a nosa cultura con maiúsculas.Claro que si, outra máis e unha terceira que non damos feito.ESPERPÉNTICO!.