Mentres, o goberno do Reino Unido poderíase converter no principal accionista de dous dos bancos máis importantes.
Os xefes de Estado e de Goberno da Eurozona reúnense este domingo en París para tratar a crise financeira mundial e tomar medidas para evitar que vaia a máis. Así o confirmaron os ministros de Exteriores de Italia e do Estado Español.
A reunión "urxente" fora solicitada polo presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero para "artellar unha acción coordinada e forte" dos 15 estados que pertencen á zona euro.
Un dos estados que renunciou voluntariamente a formar parte desa zona, o Reino Unido, ten previsto levar a cabo o luns o seu meirande plan de rescate bancario despois de que as catro principais institucións financeiras do país, o HBOS, o Royal Bank of Scotland (RBS), Lloyds TSB e Barclays, pedisen máis de 44 mil millóns de euros para evitar a creba, segundo informou o Sunday Times. A decisión, sen precedentes, converterá o goberno británico no principal accionista de, polo menos, dúas das entidades, HBOS e RBS.
Por outra banda, o Comité Monetario e Financeiro da Xunta de Gobernadores do Fondo Monetario Internacional (FMI) aprobou este domingo un comunicado que apoia o plan anunciado polo G7 para superar a crise financeira.
Polo intre xa atoparon miles de millóns de ourodólares para que o gran capital en apuros sacie a sua ansiedade, mentres non se incrementa a máis a crise, que non só é financieira no económico, que leva máis outras características, entre elas a ecolóxica e o desastre medioambentaal i enerxético!
E os estresados do sataff que se vaian de unhass ben boas vacacións BEN MERECIDAS!!
A alternativaa sempre será máis capitalismo, pero do bó, seica !!, o ruín xa o imos ir pagando para que se arrede atrás e non volva...ata a próxima oportunidade de esnaquizalo todo (de esta birlaron 25 anos!!)
Imperdonablemente esquecíame da crise alimentar ligada
Como moi ben di hoxe Alitzia Sturtze no gara/rebelion, estamos ante a MÁIS DESCARADA MAIOR ESTAFA na historia do mundo, e con VICTIMAS (a clase traballadora e directamente os usuarios da banca -somos donantes dos nosos cartos-) e RESPONSABLES XUDICIALMENTE (a banca e os seus gobernos).
GRANDE ESTAFA: MALVERSACIÓN prevaricada de fondos pertencentes a terceiros.
Hoxe, para quenes non queren mirar, queda unha miga máis claro, para QUENES traballan o ano enteiro (e mesmo a hipoteca dos seguintes) os gobernos (solicitantes e detentadores dos votos dos votantes) e o carácter MERCENARIO da práctica política no sistemaa capitalista!