Pola contra, no conxunto do Estado Español o IPC frea e queda nun 4,5%.
Galiza é a terceira comunidade do Estado onde máis se incrementou o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) no último ano. Dende setembro de 2007 até o mesmo mes deste ano os prezos aumentaron un 4,9%.Este mesmo mes volveu a subir unha décima o IPC.
Pola contra, no conxunto do Estado Español os prezos mantivéronse e a inflacion interanual fica nun 4,5. No noso país, as maiores subas de setembro producíronse no vestido e calzado (3,9%), no ensino (0,9) e nos alimentos (0,3).
O próximo mes vai baixar, porque estes que inventaron o do IPC, son capaces de pór entre os prezos, os da Bolsa, e como caeu bastante. Tamén dirán que baixou o barril do petróleo, e si e certo que baixou, pero o que non baixou foi o prezo da gasolina.
Atentos, pero o mes que vén indignárdesvos cando oiades que caeu a inflación e sen que nada nos salga máis barato (bo, si, as casas e os coches, o sexa a cesta da compra diaria)