Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil



A resaca do temporal

A Xunta presenta unha queixa formal ante Fomento polo corte da AP-9

19:30 03/12/2008 - Quintana entende que os usuarios "pensen en deixar de pagar". O PP exixe explicacións nas Cortes. Industria di que volve haber servizo eléctrico en todo o país. No interior, critican o rol das deputacións.

EN 2009 os primeiros axentes teñen que estar na rúa

Madrid ralentiza a posta en marcha da Policía Galega

5

09:00 03/12/2008 - Con todos os trámites legais xa superados, o corpo policial só está pendente de que a Consellaría de Presidencia aprobe un decreto.

DAVID SILVA, COGAMI

"Os discapacitados xa non quedamos na casa, agora somos máis visíbeis"

18:00 03/12/2008 - No Día Internacional da Discapacidade, os colectivos reclaman igualdade de servizos e prestan atención á situación das mulleres e do rural galego.

APOSTA POLA BICI

Raña ficha polo Xacobeo

17:49 03/12/2008 - O triatleta de Ordes correrá a vindeira campaña nas filas do equipo profesional de ciclismo galego.

O Ministerio de Interior sinala á ETA

Falece o empresario tiroteado en Guipúscoa

13:41 03/12/2008 - É un construtor, relacionado coas obras do TAV. Disparáronlle cando saída da empresa Altuna y Uría.

Denuncia dos socialistas

A Deputación de Ourense só varreu a neve a pé dos concellos do PP

18:20 03/12/2008 - O PSOE ourensán quéixase do suposto uso "partidista" dos medios cos que o ente provincial conta para atender as emerxencias.

Certame de opinión económica

"A refundación do capitalismo" ten premio

20:15 03/12/2008 - A retranca e profundidade analítica do artigo que baixo este título publicou Marcelino Fernández Mallo en Vieiros, premiada polo Colexio de Economistas.

SEN LUZ NA MONTAÑA

Parche "electróxeno" malia as reiteradas deficiencias de subministro

2

12:30 03/12/2008 - Fronte aos déficits no servizo eléctrico, a idea de Industria é de momento pagarlles estes aparellos aos concellos máis illados para ir tirando nos casos máis graves....

Galiza-Norte de Portugal

A alta afluencia de galegos fai que a biblioteca de Valença aposte polas nosas letras

14

11:30 03/12/2008 - Os valencianos tamén poden retirar libros en Tui grazas a un acordo entre os dous concellos.

EXPLOTACIÓNS LÁCTEAS

Os gandeiros con débedas recibirán axudas a partir de xaneiro

19:30 03/12/2008 - Medio Rural estabelecerá unha liña de financiamento a través do IGAPE que permitirá aos produtores refinanciar a débeda derivada da compra de cota de produción....

REDE NEURONA

O I+D+i do país preséntase perante Europa

3

19:00 03/12/2008 - Deuse a coñecer en Bruxelas a rede que integra 17 plataformas tecnolóxicas de sectores estratéxicos.




Cantos na Maré 08

Sons da Diversidade - Aynur


Culturgal 08


ecoloxia
ecoloxia

O Banco de Galicia a Estudo

O Banco de Galicia é un gran monte submarino localizado a uns 200 km ao oeste da costa galega, nunha zona de afloramentos o upwelling, o que implica que as augas situadas por riba del son...

sogama



Outros canais


Futuro das Comunicacións xornal pontevedra