Segundo a minisro de Información venezuelano, Andrés Izarra, o chamado ao magnicidio do director e propietario de El nuevo país, Rafael Poleo, no programa Aló ciudadano da televisión opositora Globovisión e dirixido polo xornalista de extrema dereita Leopoldo Castillo " é un atentado á liberdade de expresión, un abuso que o pobo venezuelano non pode tolerar".
Este luns, o ministro do Poder Popular para a Comunicación e a Información, Andrés Izarra, denunciou un novo chamado ao magnicidio e á desestabilización por parte da canle de televisión privado, Globovisión, e o director do xornal El nuevo país, Rafael Poleo.
Rafael Poleo, no programa Aló ciudadano, transmitido por Globovisión e dirixido por Leopoldo Castillo, desexou ao presidente venezuelano, Hugo Chávez, a mesma sorte de Benito Mussolini, profiriu máis ca unha advertencia, unha ameaza cando "aconsellou" ao presidente "coidarse de non terminar como a ditador italiano".
Ao respecto, o ministro Izarra asegurou que o escoitado no programa Aló Ciudadano "é un atentado á liberdade de expresión, un abuso que o pobo venezuelano non pode tolerar, é unha afronta contra o pobo de Venezuela e contra a Constitución".
"Ese tipo de ameazas é moi grave e o pobo de Venezuela, independentemente da súa posición política, non pode seguir apoiando estas comparacións e ofensas contra o presidente Hugo Chávez", sinalou o Ministro.
Así mesmo, fixo un chamado ao Directorio de Responsabilidad Social en Radio y Televisión para que "tomen cartas no asunto, deben pronunciarse contra este atentado á democracia e á liberdade de expresión en Venezuela".
Finalmente, o ministro Izarra advertiu que, aínda que o seu Ministerio non ten potestade legal para exercer accións en contra deste tipo de feitos, actuará politicamente, denunciando perante toda Venezuela as irresponsábeis declaracións de Poleo e o instigamiento de Leopoldo Castillo, condutor do programa televisivo.