Expertos de todo o mundo analizarán a evolución desta disciplina nos últimos anos, que en Galiza vive un período de crecemento.
Facultade de Tradución e Interpretación da Uvigo
En 2004 celebrouse a primeira edición deste congreso internacional. Moitas cousas mudaron na tradución en Galiza dende aquela. O número de títulos vertidos ao galego multiplicouse, tamén a calidade das traducións, e o nivel dos profesionais da tradución, en gran parte debido ás promocións saídas da faculdade en funcionamento no campus vigués. Ampliouse o abano de linguas para as que se poden realizar traducións de calidade en galego, hai editoriais que apostan con forza por estas obras, e deste xeito mudaron tamén o tipo de adaptacións publicadas.
O congreso, que se celebra no Centro Social Caixanova de Vigo, está coordinado por Silvia Montero, Ana Luna, Liliana Valado e Alicia López e centrará os seus traballos na política editorial da tradución dentro e fóra de Galiza, aínda que tamén estará presente o campo profesional, "no que se afondará nos dereitos e deberes dos profesionais do sector, xa sexan tradutores, correctores ou revisores", sinala Luna. A este respecto, as organizadoras salientan que "os profesionais do sector non son unicamente tradutores e editores, senón tamén persoal dos servizos de normalización lingüística e todo o que teña que ver coas administracións dende o punto de vista das edicións e traducións".
En palabras de Liliana Valado, "a tradución está de moda. As políticas editoriais da Xunta de Galicia favorecen a tradución tanto dende o galego como cara ao galego pero, a nivel de estatísticas, segue habendo eivas, non só no número de volumes publicados senón principalmente nas temáticas". Ao fío deste razoamento, Ana Luna engade que "en 25 anos de democracia e de normalización lingüística neste país non se fixo nunca unha aposta tan importante polo sector en xeral como se está a facer na actualidade".
Hai máis traducións e de mellor calidade, e estas adaptacións teñen tamén un carácter diferente: xa non se trata unicamente de clásicos, senón que nas librarías xa compiten novidades e bestsellers publicados á vez en galego e castelán, "hai que pensar que un lector non se move só por voluntarismo político e lingüístico", sinala Ana Luna. Até o de agora o campo é a literatura, pero no futuro o espazo debe abrirse ás obras técnicas, de ensaio e de consulta, "dende un punto de vista normalizador, é fundamental que existan textos en galego que veñan doutros ámbitos e espazos, que pertenzan a outros campos do coñecemento", sinalan as organizadoras do congreso.
Expertos procedentes de todo o mundo
O Congreso comezou este mércores coas intervencións de Ros Schwartz, e mais de Francisco Fernández Naval, Gotzon Lobera e Mònica Pereña, que falaron das políticas de apoio ao audiovisual en Galiza, Euskadi e Cataluña, respectivamente.
A xornada do xoves estará dedicada aos editores e escritores, abríndose coa ponencia de Anne Bergman-Tahon, directora da Federación Europea de Editores. O venres é o día dedicado especificamente aos tradutores. O protagonista do día será Edwin Gentzler, director do Centro de Tradución e profesor de Tradución na Universidade de Massachusetts. Ademais, intervirán Bego Montorio e Tina Parcero, representantes das asociacións vasca e española de tradutores, respectivamente.
E os tradutores de "galego" quando vam aprender galego, para que os livros "taduzidos" se podam ler sem atopar tanto erro (com a sua normativa)
#1
Trátase de tradución galega, non portuguesa. Os veciños do sur seguro que saben moito diso, a base de poñerlles subtítulos ás películas (iniciativa loable, por certo). A ver cando os reintegrados vos desconectades dese mundo virtual no que estades inmersos e poñedes os pés na terra.
Por certo, unha ollada á nova de portada sobre o patrimonio inmaterial galego-portugués non viría nada mal.
Saúde e Terra.
Se o seu comentário é apagado em Vieiros ou o seu acesso é cortado envie um email para:
anticensuragaliza@gmail.com
Por favor no seu email envie-nos o texto censurado.
A ver ,punk, deve ser que nom percebes este galego tam "cerrado", nom estou a dizer que a normativa do castrapo seja patética e cheia de castelhanismos (que o é), estou a dizer que @s filólog@s do castrapo som incompetentes na sua própria normativa. Já agora, ti mesmo , se procuras na bíblia de castrapo ou diccionário Xerais, atoparás. "Película: incorectamente, filme"