O último en usar a expresión, o presidente de quenda da UE, o francés Nicolás Sarkozy, anuncia unha gran xuntanza económica para decembro con ese obxectivo.
Reconstruír o sistema económico mundial "partindo de cero" foi a proposta realizada este mesmo mércores polo presidente de Francia, Nicolás Sarkozy, neste semestre tamén presidente de quenda do Consello Europeo. Sarkozy realizou esta reflexión ao tempo que agoiraba que a actual crise está lonxe de rematar e afirmaba que terá "consecuencias duradeiras" e que lle afectará a crecemento, emprego e poder adquisitivo".
Así e todo, insistiu Sarkozy en quitarlle culpa ao capitalismo, prognosticando a posibilidade dun "bo" capitalismo. "A crise financeira pola que pasamos non é a crise do capitalismo, é a crise dun sistema que se afastou dos valores do capitalismo e que en certo modo traizoounos", explicou. "Hai que refundar o capitalismo sobre bases éticas, as do esforzo e a responsabilidade, porque vimos de estar no gume da catástrofe", insistiu. Con ese obxectivo, propuxo unha xuntanza global para o próximo mes de decembro, que podería celebrarse en Nova York.
Nom refundaram já depois do 29!? Virghem santirma, Dionostenhadasuamao! E di-o o SarkoCIA! e agora nom hai URSS, nem Partidos Comunistas nem sindicatos sem subsídios! Probe de nós!
Se o sistema o ten que "refundar" xente coma Sarcozy, Zapatero ou Berlusconi amañados imos...
O bom desta "ninhada de ratos" é que no-lo pom fácil para comentarmos; nom fai falta ter um doutorado em economia pola Sorbona, avonda com conhecermos os nossos clássicos populares:(...)Quem é o ghovierno? (...) Os ricosh (...) Quem come nosh persebesh? ELES!
Os crentes líderes da U€ xa INVENTARON e DEFENDERON (entre outros xeitos, eliminando da presencia pública toda posición intelixente contraria ou alternativa ós seus postulamentos durante máis de duas décadas) toda unha parafernalia de ritos e creencias que acaban de abanearse a CAIR ABATIDAS POR ELAS PROPIAS, sin que elo fora por causa de acción social algunha de tipo contestatario, tan só pola IGNORANCIA SUPINA CONSCENTEMENTE ALIMENTADA e a MANTENTA, de uns mandamentos, divinos pró caso, que constaban en tódolos manuais dos clásicos da Economía como elementos que defenestrarían calqueira sociedade.
Bastaría calquera cita mesmo de Adam Smith, Karl Marx e autores máis contemporáneos, mesmo bastantes dos nóbeles (!!) (que os establisments procuraron utilizar interesadamente ós seus bastardos intereses de politicastros vendidos ó extranxeiro -eu chámolles directamente MERCENARIOS- a outros países (de múltiples acordos sempre co imperialismo máis catastrófico e deles de mans dadas), a corporacións multinacionais, etc., para desmantelar o tinglado ou deixar en bolas as suas actuacións.
Mais o sistema conta con que tamén fan xuiz e parte as €mpr€$a$ p€riodí$tica$ (que só deben escribirse, como a SIP p.e., con $ e máis €), pois a unha, están penetradas do sistema bancario e mesmo facendo parte moitas directamente do capitalismo mundial.
A resultas non deixaron resquicio algún para demostrarlles que tiñan ideoloxía económica, só ideoloxía, e que con eso non se gobernou ben nunca, só con ela (non fai falta lembrar o 29).
O fenómeno da crise económica, AGORA TAMÉN álxidamente ECOLÓXICA, tamén FINANCIEIRA, e tamén a un só tempo ENERXÉTICA, predecesoras, é de esperar, de unha CONTESTACIÓN SOCIOPOLÍTICA de importancia e alcance ben pronunciado, fai configuración de unha nova situación (que o capital non ha deixar pasar para se expresar nas suas formas habituais, entre elas a básica concentración de capitais) na que, unha outra vez tirarán a millor tallada.
En fin, os líderes seudorelixiosos occidentais non serán os máis indicados para nos dirixir, tampouco agora nin a partir de aquí, pois xa demostraron abondosamente a sua fasquía.
Imperdonablemente esquecíame de nomear polo mensos a xa institucional e cultivada -tamén polos mesmos sacerdotes- CRISE ALIMENTAR MUNDIAL, da que se podería parrafear bastante tamén, mais DIRECTAMENTE INTRÍNSECA ó capitalismo e ó neoliberalismo inxerencista no Terceiro Mundo, vía Banco Mundial, FMI, ALCAs, etc. Esta é outra parte tamén imputable á escola de Chicago e á política ultra desenvolvida, trocando os seus cultivos tradicioonais (que endexamáis procuraron millorar nin extender,etc.) polos cultivos para o comercio mundial (que arrasou as economías agrarias tradicionais mais SUSTENTAVEIS.