Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
190 ESTÁN EN SITUACIÓN CRÍTICA

A extinción ameaza 1.200 especies de aves

Albatros, grous e loros son algunhas das familias que corren máis risco, segundo un informe difundido por BirdLife Internacional.

Redacción - 14:00 26/10/2008
O arao é unha das aves que corre perigo de extinción en Galiza

O arao é unha das aves que corre perigo de extinción en Galiza

O número de aves en perigo de extinción subiu até as 1.200 especies, segundo un informe difundido pola organización BirdLife International.

Perto de 200 destas especies atópanse en situación crítica, sendo os albatros, as grullas ou os loros algunhas das familias que sofren maior risco de extinción. No que se refire á división territorial, os trópicos e as florestas son as zonas onde se atopan a maioría das especies en risco, sendo Asia e Oceanía os continentes máis desfavorecidos.

Nos últimos 20 anos aumentou en 225 o número de especies incluídas na lista vermella, onde BirdLife rexistra as aves que corren un perigo de extinción inminente. Pola contra, son só 32 as clases de aves que saíron desta lista grazas ao traballo de repoboamento. Nas dúas últimas décadas tamén viviu un aumento exponencial a constitución de áreas para a conservación dos paxaros, onde as especies autóctonas teñen réximes de protección específica.

Os paxaros constitúen un elemento fundamental da biodiversidade, nunha época na que o deterioramento dos ecosistemas é un grave problema. Hoxe existen 100 mil especies diferentes, moitas delas adicadas ao goce do ser humano. Así o 33% das aves do mundo son utilizadas como mascotas e máis do 14% son presa da caza.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: