Unha semana despois da aprobación no Parlamento dunha proposta para a creación dun Ente Xestor de Infraestruturas Ferroviarias.
"Nocturnidade e aleivosía". Son os cualificativos cos que desde a Plataforma Salvar o Tren se refiren ao último episodio protagonizado polo Ministerio de Fomento do que se ten noticia a pé das liñas ferroviarias. Un veciño que vive perto da estación de Catoira espertou durante a noite do pasado día 14 co barullo dos operarios que levantaban no lugar quilómetro e medio de vía do tren.
Paradoxalmente, desta volta nin sequera agardaron á posta en marcha doutra variante do TAV. "Fulminaron de golpe o 50% da operatividade da estación", láianse desde o colectivo. Recordan que a propia conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, xa asegurara que non se levantaría nin un metro máis da infraestrutura existente. Recordan ademais as promesas do presidente da Xunta sobre a esixencia do traspaso do tren de proximidade, a moción do BNG sobre o mesmo tema ou a proposición non de lei do PP sobre o fomento destas liñas. Quéixanse os veciños de que Fomento segue "burlándose" dos cidadáns mentres quedan en papel mollado os diversos compromisos políticos.
Madrid ignora a Política Territorial
Malia que María Xosé Caride asegurou que pediría explicacións ao respecto, a propia conselleira recoñecía este mércores que o seu departamento solicitoulle reiteradamente ao departamento xestionado por Magdalena Álvarez que non se realizasen novas retiradas de liña ferroviaria. Subliñou Caride que Fomento lle asegurou á Xunta que se cumpriría con esa petición, malia que a realidade nas últimas semanas amosa o contrario.
Non só Fomento teima en levantar as vías, senón que a subdelegación do goberno español na provincia de Pontevedra, na man de Delfín Fernández, actuaba con belixerancia fronte ás mobilizacións dos veciños que tentaban paralizar a acción dos operarios do ministerio. Así, hai poucos días coñecíase a multa de 1.500 euros para unha veciña pola súa participación nunha concentración promovida polo propio alcalde de Portas o pasado mes de xullo, en protesta pola supresión da liña de tren que durante un século pasou polo lugar.
O ente ferroviario propio vai para lonxe
Durante o debate do estado da nación, PSdeG e BNG acordaron a pasada semana unha proposta de resolución na que instan a Xunta á creación dun Ente Xestor de Infraestruturas Ferroviarias para a xestión das cercanías ferroviarias e para impulsar, en colaboración cos concellos, "novas iniciativas de mobilidade que permitan mellorar substancialmente a oferta de transporte público urbano e metropolitano".
Con todo, o proxecto semella ir para lonxe. A conselleira de Política Territorial ten comentado ao fío que no que queda de lexislatura non haberá tempo para a creación deste organismo, indicando que previamente deberá aprobarse a lei de fomento do transporte público, que incluirá a creación do Ente Xestor Ferroviario.
É totalmente incomprensíbel coma a incompentente das incompententes segue a ser ministra.
O goberno español SEMPRE despreza Galiza, énos case o mesmo que goberne PP que PSOE, para Galiza sempre é a mesma esmola
Que a Magdalena Alvarez e o PSOE sempre fora unha desgraza para Galiza coñecemolo dende os gobernos de FGonzalez.
Non valen choros... Onde ésta ese gran defensor da GAliza, o BNG, senon pactando cos que esta desguazando o tren, e polo tanto a integracion social do pobo traballador galego.
Estan defendendo o AVE, que é a xustificacion para levantar as vías de Catoira, Portas, Cerceda...
O BNG sodes pior co PSOE... Polo menos o PSOE non é "galego", é "español". Sodes uns traidores.
Non se pode admitir o que esta a acontecer co silencio complice de todos.
SALVAR O TREN É SALVAR A INTEGRACION SOCIAL DA GALIZA.
Chegaremos a Madrid en tres horas, mais non teremos a oportunidade de ir de Catoira a Compostela en Tren.
Sres do BNG, ata cando estaredes dando o aval ao PSOE.
O do tren é demencial; o goberno di que non vai a sacar ningún tramo de vía mentres fai todo o contrario ao mesmo tempo; ata hai tramos nos que o tren circulaba en trincheira entre Ordes e Compostela que foron tapados con terra e pedras, borrando todo vestixio do antigo trazado.Parece ser que no noso País non só non podemos ter un tren de proximidades, senón que incluso nos temos que esquecer do trazado, que non pode valer, no peor dos casos, nin sequera para unha vía verde.
Por outro lado, desexo amosar o meu desacordo con toda esa xente que atribúe todos os nosos problemas ao BNG; semella que algún pensa que para que Galiza se erga e tome conciencia é requisito indispensábel a desaparición do BNG;Eso tamén me parece demencial
A verdade no tocante ao BNG é que é a terceira forza galega, socio minoritario de goberno e que debería facer moito máis do que fai, pero non se pode dicir de nós os galegos que apoiemos moito a calquera partido nacionalista.
No do tren, igual que en calquera cagada que cometa calquera goberno co que pacte ten parte de culpa, agora eu tampouco quero partidos instalados na política de non continuo porque non se aceptan o cento por cento dos seus desexos, non para iso está o PP agora mesmo. Nesta estúpida democracia que temos na actualidade, na que desapereceron, case, a esquerda e a dereita na que un altísimo tanto por cento de xente pasa da política, mentres non lle moleste, o pacto político fai estranos e a veces incomprensíbeis compañeiros de viaxe.
Enton o que ha que reconstruir é esa esquerda... a dereita existe, porque a despolitizacion é de dereitas. A dereita odia a politica, so lle gosta a xestion dos diñeiros e subvecions.
E o BNG, hoxe mesmo Quitana dixo que o na Xunta non ha nin conselleiros nacionalistas nin socialistas, só "un goberno". Ben pois este goberno cala diante do que esta a acontecer co Tren, e apoia o que dende Fomento fan, o AVE.
E o goberno son Touriño e Quitana, Taboas e Canal, Patxi Vazquez e Bugallo... tanto me ten que sexan do BNG o non.
Pero, que logo o BNG non vaia decindo que eles "cren na Galiza", porque é mentira. Por iso son piores co PSOE, polo menos o PSOE sabemos quenes son.
O BNG din "crer na Galiza" e logo son complices das politicas contra Galiza. Iso é o pior, e, máis cedo que tarde, a xente darase de conta e lle pasara o que lle pasou a Refundazione Comunista en Italia..., que de ser de "esquerdas" pasou a apoiar un goberno de dereitas, e hoxe é extraparlamentario.
Unha organizacion de esquerdas, no momento que perde o seu proxecto estratexico, e convirtese en dos "SI" (ata nos argumentos lembrame a Fraga: "os do NON"), deixa de ser de esquerdas. E iso, en politica, se paga.
O Grupo Vázquez elimina 15 rutas entre Carballo e A Coruña
A Xunta consente o desmantelamento sistemático de servizos no transporte de viaxeiros de Bergantiños
MANIFESTACION E MOBILIZACIONS NA DEFENSA DO TTE PUBLICO E COLECTIVO... XA ESTA BEN DE COMPLICIDADES CO GOBERNO CENTRAL.
Ou nos movemos ou desguazan Galiza e non ha nada que independizar.
A ver si vos enterades sres nacionalistas dos que "cren na Galiza", se un mozo da Costa da Morte costalle chegar a Compostela ou Coruña de 2 a 4 horas,... e non atopa traballo na Costa da Morte, EMIGRA.
Se unha persoa de Ferrolterra non atopa traballo en Ferrolterra e si na Coruña (ou o revés), e non ten como achegarse se non é no seu coche particular (peaxes, combustibel, mantemento e seguros), EMIGRA.
Se unha persoa de Catoira non ten traballo ali, mais si en Vilagarcia ou Compostela, ou Rianxo, e non ten ttes publico (tren ou bus), senon o seu coche particular... colle e EMIGRA.
Porque en calquer zona como Galiza (con dúas áreas de máis de medio millon de habitantes, e algunhas máis con 200 mil ou algo máis, e ademáis, interconectadas entre elas), ou tés un ttes publico colectivo ou a xente buscase a vida.
"Crer na Galiza" é algo máis que unha frase... son feitos. E o que haxe fai a Xunta e que poderemos chegar a Madrid en 3 horas, mais non quedaran galegos para viaxar, salvo xubilados e executivos.
O pobo traballador ten dereito a non ter que pagar un imposto por ir a traballar -o coche particular, coa gasoliña, peaxes, mantemento e seguros-, porque a administracion publica prefire subvecionar ás empresas para construir o AVE (o TAV, que non é AVE nin nada que se lle pareza)
OU NOS MOBILIZAMOS XA, OU NON FICA NADA QUE DEFENDER