Na situación actual de crise, os que terminan apertando o cinto son os traballadores e os donos de pequenas empresas que non poden seguir a flote. Vieiros falou sobre o que poderá acontecer en poucos meses con empresarios e sindicatos.
A taxa do paro do Estado Español podería chegar ao 11,2% a finais deste ano
Pode-se chamar de mil apelidos distintos, que o capitalismo e o monstro que temos que esnaquizar, canto mais cedo melhor.
Para que sirviu a venda das empresas estatais rendiveis como Telefonica, asteleiros,petroleiras, etc...
Para mandar a rúa a centos,ou mais bem miles de empregados. Despois tenhem a os medios de manipulacion para vender-nos o bonito que é todo que eiqui nom pasa nada, e que vivimos no melhor dos mundos posiveis.Onde ainformaçom da gente esta nas mans das multinacionais, quem quere saber a verdade???
O muito mais bonito envolvelo todo cum sofisticado envoltorio de luzes de cores, cumha pomposa musica acompanhandoa.
Polo teu propio interese diran-che. Tu nom penses que ja o faremos nos por ti.
E eu pregúntome: Onde están agora aqueles famosos neocon e ultraliberais que dicían que "para que el mercado funcione correctamente lo mejor es que el Estado no interfiera"??
En Europa e no mundo vimos de sufrir o estoupido de tres burbullas, a burbulla inmobiliaria, a burbulla bursátil e a burbulla financeira. Por qué se deixou que esas burbullas chegasen a a alcanzar dimensións desproporcionadas? Qué e quen provocou o nacemento de esas tres burbullas??
Agora algúns neoliberais se defenden dicindo que a culpa non é do mercado senón dos mercaderes (moi hipócria porque eles mesmos son os mercaderes e os que andiveron polo mundo adiante facendo enxeñería financeira e castelos no aire).
Resulta moi gracioso ver como neste mundillo das finanzas a facilidade coa que se pasa da euforia ao panico, do "mariconadas las justas" a "mariquita el último", do "o estado que non interfera" ao "que veña papá Estado a limparme o cú que só non podo".
Unha vergoña.
http://www.terra-galega.org
Gaviotero dixo: "si el Estado no interfiriese con sus tipos de interés, sus bancos centrales y demás a todos nos iría bastante mejor". (Y OLÉ!!!)
Señor Gaviotero, esta frase dí moito da súa ignorancia. Voulle dar un conselliño. Mire, aquí no foro non pasa nada, porque máis ou menos todos os comentarios fanse dende o anonimato. Pero este tipo de frases non as diga moi alto cando saia fora. As probabilidades de que se tronchen de risa na súa cara son moi altas.
Que gran verdade levaba a miña avoa cando dicía que non hai maior pobreza que a ignorancia.
Con respecto ao de Terra Galega, non se preocupe por nós. Eu, polo que me toca, seguirei encantado de loitar polo meu país. E se loitar por Galicia implica ter que facer o ridículo, fareino encantado. Todo o que sexa necesario con tal de limpar este país de porcallada mental coma vostede.
http://www.terra-galega.org
Aínda me lembro de Gaviotero cando escribiu que el fixera xa un plan de pensións privado. Que pasaría meu, co teu plan privado sen a intervención dos Estados? Lembro que alguén che contestara que tiveses coidado porque igual viña un "corralito". Ti non tiveches a sorte dos arxentinos. Aquí houbo intervención do Estado. Claro que os fascistas saben máis ca os agora banqueiros defensores da arbitraxe do Estado. Neno, que me parece que tes unha vidiña persoal bastante pobre pero non me dás mágoa.