O autor de 'Memorias dun exorcista', un crego madrileño, di que, pola contra, en Castela ou en Valencia hai menos casos "porque son terras máis cristiás".
Un sacerdote católico madrileño, autor de Memorias dun exorcista, asegura que Galiza rexistra máis exorcismos ca outras zonas do Estado Español. Segundo José Antonio Fortea, que presentou este luns o seu libro, é debido a que aquí "a maxia está moi estendida", fronte a Castela ou Valencia, "terras máis cristiás, con maior práctica relixiosa e con menos problemas neste campo".
Nunha entrevista concedida a Europa Press, o exorcista, un dos cinco que existen no estado, tamén advirte que "as grandes cidades promoven tipos de esoterismo moi perigosos". De todos os xeitos, só atenden uns catro casos de posesión demoníaca ao ano.
Entre os síntomas, salienta o cambio de voz, convulsións, trances, berros blasfemos ou o uso de linguas descoñecidas para o posuído. No seu libro, Fortea conta as súas experiencias a xeito de diario.
Menos lobos caperucita.
E logo queren que nos tomemos a relixión católica en serio. Cando é puro teatro, coas súas traxedias e as súas comedias de terror.
A ver, cantos son máis? En Galiza un e no resto cero?
Valencia terra máis cristián? Mouros e cristians. O Cid Campeador.
Vedes moita tele. Hai que ver máis ao Padre Casares.
O que temos é moita imaxinación.
pois se os exorcismos non teñen que ver coa relixión católica por que se dan no mesmo Vaticano cursos de exorcismo? http://www.fides.org/por/news/...
Concordo plenamente co cura católico espanhol: "cambio de voz, convulsións, trances, berros blasfemos ou o uso de linguas descoñecidas" só há que ver, ler e escuitar aos d'O Belisco da Corunha, os do ómnibus GB, La Voz de Galicia e afins.
#3, Obrigadinho, desconhecia essa publicaçom humorística, saiu-lhe umha dura competidora à revista Retranca. Umha(s) pergunta(s): se há tanto "problema supersticioso" na GZ, porque ponhem a foto dumha queimada na parte superior direira da sua página? será a queimada o remédio contra a Sida?
http://www.fides.org/por/sanit...
Xa cando o da inquisición, un inquisidor dicia que ou se nos mataba a todos ou se nos deixaba, dicia que en galicia so había putas e meigas. Estan chalados. Tomaron polo segundo e velaí tes a consecuencia.
¿Que exorcismo fisechedes os de Vieiros,para suprimir os comentarios sobor de Xusto Beramendi?.
Meigas!! Meigas!! Mouchos, curuxas, sapos e bruxas!!! A maxia, a maxia!!
Os LUMES AMEIGADOS en Cuarto Milenio (atencion o doblaxe que fan do galego)
http://es.youtube.com/watch?v=...
A sério:
aqui, no Norte de Portugal (Galiza do Sul), passa-se o mesmo. Porque será?