Despois de que o fiscal xefe do TSXG indicase que a cidadanía fai poucas denuncias sobre atentados ao patrimonio, o colectivo envíalle unha peneira das que eles mesmos realizaron.
De xeito concreto, a plataforma SOS Courel destaca o caso da canteira da Campa, activa aínda sen sequera licenza municipal, recordando que lle afecta a unha superficie de máis de 300 mil metros cadrados en terreos que teñen recoñecida a súa protección medioambiental especial. Lémbranlle á fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que o Courel "no seu conxunto pertence ao Patrimonio Cultural" desde a protección estabelecida hai case vinte anos. Sinalan ao fío que malia que a orde de peche desta canteira foi confirmada polo TSXG, a Xunta "non só non cumpriu a súa propia orde, senón que lle deu autorización autonómica en xullo de 2007".
As obras nunha vía a pé da devesa da Rogueira que destruíron un camiño milenario, unha fundición romana e o circo do glaciar do Céramo ou o impacto de pistas e corta-lumes en mámoas, castros, covas e camiños tradicionais no contorno de lugares como Froxán e Seceda, son outras denuncias que aparecen na escolma que SOS Courel lle vai enviar ao fiscal. Estragos dos que acusan a diversos departamentos do Goberno, e sobre as que desafían a fiscalía a prestarlle a súa atención. O pronunciamento da plataforma chega despois de que o fiscal xefe, Carlos Varela, explicase esta semana que bota en falta que se produzan máis demandas xudiciais sobre delitos ao patrimonio e recomendase concienciar a asociacións e administracións. A maiores SOS Courel advirte da existencia de "atentados perpetrados para intimidar" a membros do colectivo.
Ninguém delinque tanto como as próprias administraçons.
Na aldea de Perros,concello de Sarria, previo arboricidio de castaños centenarios, un residente pechou con bloques de cemento e alambrada parte dun souto que sempre estivo aberto e foi de disfrute colectivo, nel atopase unha capela, celebrandose cada primeiro domingo de agosto unha festa na honra Nosa Sra do Camiño, temolo denunciado no concello,Xunta,Valedor do Pobo, pois atenta claramente contra lei de protecion do Camiño de Santiago,lei de patrimonio cultural,valores eticos, e esteticos, a asociacion amigos do souto, reinvindicamos un area de ocio e descanso, que ben poidera levar unha lapida na honra de Frei Martin Sarmiento, por ser os seus orixes familiares desta aldea, e pasar moi esquecido no seu anos das Letras Galegas, na aldea e no concello,o mesme tempo e un enclave no Camiño de Santiago. Recordar que Martin Sarmiento foi un gran loitador pola lingua e cultura galega.
Parabéns a SOS Courel! Se non fose pola loita de xente coma vós... E a loita é dura, durísima, e non hai garantía algunha de que a cousa remate ben. Adiante, moitos folgos!