Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
III Congreso de Feminismo Islámico

As mulleres do Islam procuran cambios nas súas leis para terminar coa discriminación

Buscan solucións, nesta época de globalización, para terminar coa represión nos países islamitas.

Redacción - 16:30 24/10/2008
A baronesa Uddin, a primeira muller musulmá en entrar na Cámara dos Lords Británica, participa no Congreso

A baronesa Uddin, a primeira muller musulmá en entrar na Cámara dos Lords Británica, participa no Congreso

Convidadas pola Xunta Islámica Catalá (JIC), unha vintena de feministas de varios países islámicos xúntanse esta semana en Barcelona para planear accións encamiñadas a terminar coa represión social, económica e política infrinxida ás mulleres polas leis do Islam neste época de globalización.

O Congreso tamén aspira a facer visíbel un movemento que adoita pasar desapercibido; segundo explica o seu director, Abdennur Prado, o feminismo islamita "é un movemento transnacional e emerxente, non maioritario, que propón unha reforma radical das leis discriminatorias e do xeito que ten a teoloxía tradicional de interpretar o Corán". Os organizadores do encontro tamén aspiran a facer visíbel un movemento que acostuma pasar desapercibido, xa que, segundo Prado, componse de moita xente que "traballa illadamente". Neste sentido, dende o Congreso tamén traballan para darlle pulo ao movemento a nivel mundial, "axudándolle á xente a sentirse apoiada", subliñou Abdennur Prado.

Durante o encontro analizaranse a posíbel contribución do feminismo islámico á construción dunha nova sociedade civil planetaria, baseada na cultura dos dereitos humanos e en valores centrais da Mensaxe do Corán, como son, segundo contan os organizadores deste Congreso, a democracia, a xustiza social, a liberdade de conciencia e a igualdade de xénero.

No Congreso participarán, entre outras personalidades, a ministra siria para os Refuxiados, e candidata ao Premio Nobel da Paz, Bouthaina Shaaban, e a baronesa Uddin, a primeira muller musulmá en entrar na Cámara dos Lords Británica, ademais da presidenta da sección feminina do Partido Comunista da India, Subhasini Ali. Alén das convidadas oficiais, han asistir unhas 400 persoas a título persoal.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: