Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONMÁN, PRIMEIRA GALEGA

Dous equipos de Redondela disputan o liderado da liga feminina

Peguform e Asador Arealonga ocupan as dúas primeiras posicións antes de disputar a terceira xornada.

Redacción - 12:57 24/10/2008
Nova xornada da Primeira Galega de balonmán feminino

Nova xornada da Primeira Galega de balonmán feminino

Dous equipos de Redondela xogarán, este fin de semana, polo liderado da Primeira Galega de balonmán feminino, na súa terceira xornada. O Asador Arealonga, segundo clasificado, recibe a visita do Peguform, que tratará de afianzarse no primeiro lugar. O partido disputarase no pavillón municipal de Chapela, o domingo, a partires das 12:30 horas.

Nos outros partidos da xornada, o Azkar Seis do Nadal Coia desprázase ao Grove para xogar contra o Rasoeiro Balonmán; e o Balonmán Tui recibe ás viguesas do Sárdoma. Os dous encontros disputaranse o sábado, a partir das 18:15 e 18:00 horas, respectivamente.


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: