A Asociación cultural ABERTAL del Eo-Navia rexeita que organismos galegos como a Consellería de Industria, a Dirección Xeral de Turismo ou a Deputación de Lugo, entre outros, subvencione festivais musicais unde actúan grupos como "Skama la rede", unidos ao nacionalismo radical asturiano que nega a existencia del galego de Asturias e con manifestaciois pasadas contrarias á cultura e lingua galegas del Eo-Navia. Parécenos un feito totalmente inaceptable que se contribúa a promocionar grupos contrarios á cultura galega alí onde exista. E estas actuacións son as relativas ao Festival Castañazo 2008 de Chantada, a Sala 600 de Melide e el Festival Arreaocabo de Celeiro (Viveiro).