Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Terra Eo-Navia

Edición xestionada pola Asociación Abertal
RSS de Terra Eo-Navia
POLÍTICA

Non tein profesores de galego de Asturias

A Consellería de Educación del goberno del Principado reconoce que non tein profesores de galego.

Eo-Navia - 20:28 24/10/2008
Tags:

 

El conselleiro de Educación del Principado reconoceu que non tein profesores pró galego de Asturias, as prazas quedan vacantes. A esto podemos unir a deficiente formación destes profesores cun cursín da Academia da Lingua Asturiana nada máis, unde os programas escolares solo inciden na literatura da asociación asturianista Xeira, evitando cualquera alusión á importancia da lingua galega e ás outras tendencias normativas e literarias. Os programas están cheos de erros graves e as docentes son sempre afis á ALLA ou á Xeira.

Del mesmo xeito este ano a praza de Luíña (Ibias) segue incorporada á lingua asturiana nuha área galegófona. Ten razón el conselleiro condo non atopa profesionais preparados, peró a súa solución de buscalos cos responsables da Academia da Lingua Asturiana non pode ser máis disparatada. Uha academia allía, que funciona como uha seita, prepara os profesores de galego de Asturias. El mundo al revés.

A esta ineficacia gobernativa hai que engadir a da Dirección de Promoción Cultural e Política Lingüística, presidida por Consuelo Vega, que se dedica a proporcionar encontros de escritores para pagar favores, e unde se realiza uha censura de tendencias e de opiniois claramente descarada. Peró podemos quedar coa marabillosa lección esperpéntica que nos dá María Antonia Pedregal Montes, xefa da Oficina de Política Lingüística que nos descubriu que a tradición literaria del galego de Asturia só ten máis de cen anos.


3,86/5 (7 votos)