O exército estadounidense cualificou a operación de "éxito", asegurando que se deseñara contra un membro da rede al-Qaeda.
"Se teñen probas, no canto de aplicar a lei da selva e entrar, sen provocación, nun estado soberano, poderían terse achegado ao goberno sirio e compartir a información", denunciaba este luns en declaracións á BBC un voceiro da embaixada de Siria en Londres. O ministro de Exteriores sirio, Wallid Muallen, definiu o acontecido de "agresión criminal e terrorista".
No entanto, e mentres o executivo sirio sinala que os oito mortos causados polo ataque aéreo eran todos civís, entre eles un pai cos seus tres fillos, voceiros do exército dos EUA definían nas últimas horas de "éxito" a operación militar. Segundo a versión estadounidense, o obxectivo era Abu Ghadiya, presunto antigo lugartenente do xefe da resistencia en Iraq, Musab Al Zarqaui.
Gostamos de asobalhar por asobalhar.Asinado G. Bush.
Danos colaterais diría a alta cúpula militar ianki.
"A culpa é dos talibáns por esconderse" G.Bush
O exército USA non é terrorista. E xenocida.
mentras tanto o presidente de españa, pertenecente á mesma familia política que o noso presidente de galicia e apoiados ambos polo partido que mellor dí representarnos como cidadáns libres de esta nosa terra, busca apoios polo orbe a fín de sentarse con esta caterva de criminais xogando o papel de dirixente de potencia rancia á conta dos impostos da poboación.
ignoro si finalmente este triste premier se sentará na mesa dos elexidos no olimpo do capitalismo e da rapiña mundial e a grande nova que ten para comunicarlles con tamaño empeño, pero témome que xa soio o intento deixará en cueiros os gastos perpetrados contra o erario cando o séu antecesor no cargo se empecinou en recibir unha aduladora medalla por parte do congreso de esta terrible nazón de criminais e bastardos.
é por eso que eu reivindico para mín un presidente, uns conselleiros, que en lugar de pelexarse por ese lugar na cimeira ou en estériles debates sobre impresentabeis gastos fastuosos en automóveis blindados, se pronuncien sobor da gravidade de estes sucesos e envíen unha delegación a honrar a estas pobres vítimas da mesma forma que se fai cando o morto é un noxento mercenario do capital e da ignominia coma os que pagan a soldada traidora das súas señorías.