O accidente produciuse a primeira hora da mañá do martes e foi provocado por un camión de gran tamaño na A-6.
Un accidente na autovía A-6 o martes á mañá causou a morte dun oso pardo no contorno do porto de Pedrafita, segundo informaron fontes da Fundación Ouso Pardo. O atropelo produciuse á seis da mañá no municipio de Veiga de Valcarce, no Bierzo.Ao parecer, tratábase dun exemplar novo, que foi alcanzado por un camión de gran tamaño que apenas sufriu danos, mentres que o animal suponse que morreu no acto.Máis información no Canal Verde.
Outros medios informan que foi en Trabadelo, non en Veiga de Valcarce.
E como puido entrar na autovía con enreixados?
Tamén é mala sorte. Para un oso que viña peregrinando a Compostela e van e cárganllo.
Cómo falas assím do teu pai Gabi?Respeta um pouco leilám¡¡
Sinto noxo e vergonza de vivir nun lugar onde ocorren este tipo de barbaridades e a xente mira para outro lado e/ou mesmo fan chistes.
Non foi un accidente...
Que uma palmípede epipelágica de pendor carronheiro, tal coma uma gaivota é, nom amosse nem um chisco de compassom pola morte de um parceiro do género úrsido, é facto bem lastimoso.
Ti podes rir, ó lárido que ateigas o ceu do beira-mar galego dos teus grasnados monolíngues, inatingível à gravidade dos camiões, mas acho que se contruissem "pontes verdes" para que a fauna terrestre pudesse cruçar as vias motorizadas sem medo a serem atropelados, tal coma se tem feito na Alemanha, este horrivel facto nom teria acontecido.
Insisto non tedes nin gracia nin desculpa. O que hai que construír son cochiqueiras onde poñer presa a vosa insensibilidade destrutiva e o voso medo a asumir responsabilidades. Non ao TAV, non máis estradas! Non máis carros nin máis cretinos soltos polo monte ! GNSV !
Magoa de ursos, cedo so se han ver en revistas
magoa moita magoa, pouco a pouco vamos destruindo o planeta, e despois viviremos no mundo futuro dos comics que leiamos de pequenos. Non aprendemos nada nen queremos aprender
magoa moita magoa, pouco a pouco vamos destruindo o planeta, e despois viviremos no mundo futuro dos comics que leiamos de pequenos. Non aprendemos nada nen queremos aprender
Cansa oir todos os días aos políticos promentendo máis e máis estradas. Ás veces, da a impresión de que o único que pretenden e que as grandes constructoras teñan contratos á esgalla.
Como sabe calquera que viaxe a miúdo, as estradas están cheas de animais mortos e, polo tanto, antes de facer unha nova vía, hai que asegurarse ben que é imprescindible, e de ser así, tentar deixar abundantes corredores para a fauna. Algo que por suposto, non se fai.
Dame pena cando escoito a políticos galegos dicir que Galicia non ten infraestruturas como Madrid, ¿realmente queremos ter a desfeita que hai en Madrid coas emes 30, emes 40...?
E fin, cada día estou máis convencido de que os seres humanos somos unha plaga para o planeta.
#5 que razón tes. Foi un asasinato premeditado. E se queres ver bos chistes vai ver os comentarios da bomba de ETA ao OPUS DEI.
Hai unha medida sinxela e simpre de máis que non usan en practicamente ningunha comunicación viaria, que é o paso subterraneo (a nível da terra circundante), e delo só ha unha responsabilidade i é a do propio €$tado (agora, para o caso, nas mans galegas).
Ademáis evidencia outro asunto fulcral: hai osos probadamente nos Ancares e tamén no Courel, e a Xunta galega de novo a velas vir: nin crea paraxes axeitados en flora e fauna, nin ten protección algunha sobre estes impoñentes animais (Asturies e Cantabria sí reciben fundos de protección, p.e.), moito ó contrario, apoia a destrucción ambental no Courel (mineiras de pizarra ata o desastre,...). As denuncias de SOS COUREL son constantes.
Estamos fartos de ver -"e xuramos non volver pasar fame"!! - por todas partes nas estradas de calquer condición, ourizocachos a moreas (animal exclusivamente beneficioso no rural), paxaros de todo tipo canda a primaveira, etc. ademáis dos consabidos gatos e cans!
A desidia farturenta en beneplácito destructivo, é unha divisa da Xunta galega do BNG e do pesoísmo do GAL.!!! Mais tradúcese en cartos para o meu caixón, como o kirie eleison!