A responsábel local de Esquerda Unida insiste nesta entrevista en que foi o alcalde ferrolán e non o PSdeG o que fixo imposíbel a negociación.
Iolanda Díaz
Vieiros: Por que o alcalde (Vicente Irisarri, PSdeG) decide romper a coalición de goberno en Ferrol e cesar os concelleiros de Esquerda Unida (EU)?
Iolanda Díaz: A única explicación que atopo é a que el mesmo deu na conferencia de prensa, que xa levaba varios meses pensando en facelo. Non está afeito a negociar, ten unha capacidade nula para se sentar a falar. O seu estilo de gobernar é dar mandos e ordenar.
E por que EU quere revisar agora os salarios se en 2007, xusto ao chegar ao goberno, votaron a favor de os subir?
O grande erro que cometeu Esquerda Unida foi non introducir no acordo de goberno esta cuestión; pecamos de inexperiencia. Porque unha vez tomada posesión, a primeira decisión e convocar un pleno para abordar a subida de salarios. Sorprendeunos porque o soldo do señor Irisarri inclúe, entre outras cousas, o que cobra de dous consellos de administración. Estivemos pechados até as tantas da noite pero a súa posición era inamovíbel. Chegamos a conclusión de que ou cediamos ou non se chegaba a formalizar o goberno.
E votaron a favor...
Votamos a favor pero tivemos unha intervención durísima, pódese consultar nas actas de goberno. Ademais, EU aprobou un documento político e así llo quixemos facer chegar á cidadanía en que se acordaba mudar esta situación en canto se puidese. E no mes de xuño aprobouse outro documento político ao respecto da revisión retributiva. Tampouco queremos facer demagoxia con este asunto. Somos conscientes de que os cargos públicos teñen que cobrar soldos dignos que lle permitan a calquera persoa acceder á política. Pero todo ten un límite. Rosa Aguilar (IU), que é alcaldesa de Córdoba, unha das cidades máis importantes de España, cobra 52 mil euros.
Como valora que Irisarri decida reducir o seu soldo un 10% despois de toda esta polémica e unha vez roto o acordo de goberno?
É unha actitude demagóxica, cando cinco días antes porfiaba en que non o ía baixar un céntimo. Faino porque sabe que a oposición lle vai baixar o salario. Sábeo ben. E creo que a cidadanía entende estas cousas. Houbo unha negociación até o último momento, propoñendo recortar unha determinada porcentaxe, pero en xuño pechou as portas ao diálogo. Insisto en que o obstáculo é o señor Irisarri, non o PSOE. E supoño que percibe esta frustración, porque chegaba con fama de bo xestor, pero o convenio con Defensa está paralizado, e cada vez que vai a Madrid vén coas mans valeiras... será bo xestor nas súas empresas porque no Concello non.
Nestes meses tamén houbo outros conflitos entre concelleiros do seu grupo e o alcalde, por exemplo a raíz da folga da Policía Local...
Todo o mundo soubo que o señor Irisarri pactou por detrás coa UXT (sindicato minoritario no Concello de Ferrol, con delegados só na Policía Local) unhas condicións malas, cando na mesa de negociación se estaba a avanzar no acordo coa CIG e CCOO. Foi outra das mostras de lealdade do alcalde.
Dentro do positivo, poderíase destacar o proxecto de participación cidadá na elaboración dos orzamentos para o ano que vén, non si?
É que o propio movemento veciñal foi o que máis nos defendeu estes días. Neste proxecto participaron máis de 80 asociacións... Eu creo que o PSOE como calquera forza de esquerdas defende a participación, o problema é o alcalde que tenta paralizar este tipo de iniciativas porque lle gusta gobernar por decreto. Literalmente, sobre este tema dixo: "A min non me goberna ninguén dende fóra". Pero o importante é que lle demostramos á cidadanía que hai outro xeito de facer política, que houbo un cambio substancial en diferentes eidos como o de Cultura, aínda que me dea algo de pudor dicilo porque era a miña área...
Que futuro lle agoira ao actual goberno?
Teño unha profunda tristura porque había unhas ilusións tremendas de sacar adiante estes proxectos. Creo que é un auténtico disparate. É unha estratexia suicida. Non sei quen o asesora (a Irisarri), pero non van sacar ningún proxecto adiante, e ademais abríronlle ás portas do goberno de Ferrol á dereita. Está en mans do PP.
Como sempre, entre o que di a sra. Díaz e o que fai hai unha distancia sideral. O asunto dos soldos non é, en absoluto, o que provoca a rotura do goberno municipal ferrolán. É o que máis dano fai ao PSOE e por iso IU teima nel un día e outro desde hai un par de semanas e abre a porta para que o PP faga o propio.
Lamentablemente, IU só se dedicou nestes quince meses a facer políticas cara a galería, algunhas moi costosas, por certo.
É gracioso, por exemplo, que IU non deseñara política cultural ningunha e se dedicara exclusivamente a facer "programación cultural", como se o Concello fora un banco. Por non falar dun sectarismo que revirou media cidade.
a ver se no medio do millo pace a vaca veleno de ratos. é incríbel que haxa que "tolerar" comentarios machistas desta índole a estas alturas. e logo diranlles ás mulleres: "pero xa tedes igualdade! que máis queredes agora?" pois iso. que no millo que pacen as vacas se poña veleno de ratos. ou doutra cousa.
non coñezo ferrol máis que de lonxe, pero xa gostaría dunha tenente de alcalde con este discurso.
outros temos discursos e prácticas dereitizantes con nomes de progresía!
Prezado alboiando, magoa que de discursos non viva unha cidade. O único "progre" da sra. Díaz -se un quere velo así- e o discurso. Acción, nin unha. E eu nen sequera creo que o seu discurso sexa progre, creo que é pura pose.
A sra. Díaz é a representante dunha autoproclamada elite da esquerda que so enganou aos parvos.
mimadriña querida. nesta vida chamáronme xa de todo, pero machista... a min ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
esto está cheo de esquizofrénicos.
perodón, de esquizofrénic@s.
imos ter que sair da casa con vendas nos ollos, pa non excitarnos ó ver maz@s guap@s,.
xusto como lle gustaría á igrexa.
membros e membras deste foro, un pouquiño de seriedade, que somos animais.... a represión moral xa rematou...
Se colledes as miñas declaracións anteriores hacia a persoa de Yolanda Díaz, ou IU, veredes que sempre a ataco e a critico, pero desta vez vou romper unha lanza en favor dela e de Esquerda Unida de Ferrol. Coñezo algo a Esqueda Unida e a Yolanda, e eu non me fiaría de la no panorama interno, porque estiven dentro.
Penso que esta entrevista, polo menos nesta entrevista, entendo que Yolanda está falando con sinceridade e non está falando por ela, está falando por EU-IU de Ferrol. Entendo que ainda non coñecemos todalas puñaladas trapeiras de Irisarri hacia EU-IU, e en como, governar con este alcalde, independentemente que sexas de IU ou do BNG, ou de quen ti queiras (pero de Esquerdas), non é nada doado, pois a súa actitude é chantaxista, totalitaria,antidemocrática, irrespetuosa, prepotente, etc. e se cadra Yolanda ou IU gardanse moitas cousas que agora xa non importan e o mellor pensan que é o mellor para chagar a un entendemento no futuro, e non só para pactar un governo, senón para solucionar os problemas puntuais da cidadanía (que debera ser o interese xeral e prioritario de calquera organización política).
Os comenterios machistas de avacanomillo e mnawe, son bastante criticables e que por suposto non comparto.
avacanomillo, tes razón, as mulleres son todas parvas. Se cadra a que decidiu darte vida a ti a que máis!
Perdoade a miña intervención contra vacanomillo, pero non puiden conterme
hai a quen lle gusta sempre ir de víctima, e se non atopa motivos, pois invéntaos.
e que me diga a min algunha muller deste foro, que nunca observou a un home e dixo, "pois que bo está"..
canta hipocresía...
de todos xeitos, se algunha muller se sentiu ofendeda de verdade, pido desculpas e que vieiros retire os meus comentarios...
ala.
avacanomillo ti crees que as mulleres poden non inmutarse con comentarios coma "cando nunha persoa non atopas nada bo que comentar do seu intelecto, pois céntraste noutros aspectos nos que destaca...", só falar dos seus aspectos físicos. Os teus comentarios son ofensivos o xénero feminino, ainda que te refiras a unha muller en concreto. Hai mulleres e homes que non se inmutan incluso poden compartilos, pero a realidade que a túa actitude é machista. Podes pensar o que queiras incluso ser mentalemnte o pervertido que queirs, agora cando fas público o teu pensamento pervertido ou no pero dos casos o materializas as persoas que distinguimos os alagos, piropos dos comentarios machistas, o menos que podemos facer é condenalos públicamente.
Cubrícheste de gloria, camarada Díaz. A ver se toman nota os ferroláns e nas vindeiras eleccións te destinan a onde mereces, ao poleiro. Iso sempre que non o fagan antes os teus camaradas de taxi. Por favor, un pouco de país no Ferrol. Onde están os galegos?
Non é que me resulta moi simpática EU, mais a quen meteron nun taxi (e foron os votantes) foi ao BNG, nun estrepitoso e xustificado retroceso dos que fan historia (Reganosa, e tal) e dos que, coa súa virtude innata para a autocrítica (sempre e cando sexa a allea) a dirección Bloqueira foi quen de reaxir, non é?
tsk, tsk...
Á fin, tamén va ide ter a culpa o BNG das movidas IU-PSOE, PSOE-IU
Por suposto que non ten culpa o BNG desas movidas. Si a ten, pola súa desastrosa política ferrolá, de ter pasado do goberno á marxinalidade inútil. E de non aprender dos seus erros -xa veremos o futuro...
A mim o comentário da vaca no milho nom me molesta em absoluto, mas está claro que esta pessoa nom tem nada de cérebro...
E cómo se perdeu esse control? cantaba no seu Abril o Moustaqui!!.
Outra visión crítica, e síntoo pola entrevistada, é a que achaca ó goberno, que se autotitulou alternativa contra a rancia dereita ferrolán, non ter levado a cabo ningún dos grandes atracos que aquela -a dereitona de IF e PP- estaba a programar. Aquí:
http://www.primeiralinha.org/d...