A empresa acolleuse á Lei Concursal, e pretende manter o seu cadro de persoal. Os sindicatos desconfían de que poida tratarse dun proceso de despedimentos encubertos.
Esta cuarta feira sóubose que a empresa de Lalín, Montoto, líder do sector téxtil estatal nos xéneros de punto (coa marca homónima e con Boxley, alén de traballar para empresas coma Lacoste ou Cortefiel), presentaba un proceso concursal -a antiga suspensión de pagos-, nos xulgados mercantís de Pontevedra.
A empresa ten traballando directamente para ela unhas 250 persoas, e perto doutras 200 en talleres auxiliares que dependen da súa marca, alén de varias plantas deslocalizadas en países do Leste de Europa. A empresa revelou, na tarde da cuarta, que só dispón de fondos para pagarlle aos seus empregados nos vindeiros dous meses. O acontecido en Montoto é un dos primeiros grandes golpes que a crise financeira lle pega ao téxtil no noso país.
Os problemas da falta de liquidez
Ao parecer, a presentación do proceso concursal foi debida a unha falta de liquidez á que se enfrontaba a empresa lalinense. Os responsábeis da firma levaban varias semanas negociando con acredores, entidades financeiras e o Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), mais finalmente tiveron que acollerse a esta figura. A situación, aseguran, é debida a actitude receosa dos bancos, mais non á falta de carga de traballo, que revelan segue a ser elevada, aínda que descendesen, no actual contexto, as vendas.
A familia Montoto, que fundou esta empresa hai máis de 30 anos, asegura que se vai esforzar para salvar os postos de traballo que dela dependen, e que confía na viabilidade do grupo. Porén, todo pasa por atopar activos que axuden a pasar esta situación. É a primeira empresa do téxtil que se acolle a unha concursal na comarca do Deza, onde xa pasaron por esta situación varias empresas do sector da construción, coma Proinsa, Ibaser, e, posibelmente, Prodezco.
Os sindicatos desconfían
A situación que está a atravesar a empresa creou receo nos sindicatos. Dende a CIG ven o anuncio feito por Montoto con cautela e desconfianza, xa que teñen a certeza de que hai un grupo de compañías que se está a aproveitar do contexto xeralizado de crise financeira para facer despedimentos encubertos, e non saben aínda se é isto o que está a acontecer na empresa de xéneros de punto.
Montes mais outos ham cair, neste país todos queriamos ser Amáncios Ortegas e ninguém presumia de trabalhador. Agora muito operário pequeno-burguês sem consciência de classe, vai luzir a "roupa de marca" e os relógios e outros complementos do cortinghlês pagados com cartom de crédito à passarela do Inem; há ser divertido coincidirmos ali.
Si os sindicatos desconfían ... algo pode ser que pase.
Habería que estudar ben este caso, xa que non se trata dunha empresa nova no mundo do téxtil, e conocen ben os fluxos de caixa.
No téxtil básicamente ingresase diñeiro dúas veces ao ano: sírvese aos clientes en agosto e en marzo, e cobras 3 meses despois. Con eses cartos tes que soster a empresa os seguintes 6 meses.
Hipótesis posibles:
- Menos ventas nesta campaña, e polo tanto menos ingresos. Aunque neste momento poida pasar algo así, o certo e que as ventas das prendas deste ano, fixéronse o ano pasado por estas datas, nun contexto que aínda non era de crisis.
- Mala xestión das inversións. Fixeronse unhas inversións desproporcionadas nun contexto de bonaza económica, e que agora resultan inviables.
- Aproveitar o contexto da crise e tratar de sacar tallada da administración tal como insinuan os sindicatos (a Xunta non pode permitirse que voten a rúa 250 traballadores coa repercusión que iso tería a nivel galego, apenas uns meses antes das eleccións.
Alenco, a última hipótese parece a mais razoável. A "crise" está a servir de pretexto para roubar mais dinheiro, com a conivência do governo. Eles dizem que precisam ajuda e obtêm ajuda. Quem não chora, não mama, pensam.
Só um detalhe: também em norma ILG-RAG se diz "venDas" e não "ventas". De venDer => venDa.
E aqueles apósitos que se colocam nas feridas ou nos membros quebrados são COMPRESSAS.
Mas para a higiene íntima feminina, nesse último caso, fala-se de PENSOS.
Que vem de PENSAR, mas não no sentido de RACIOCINAR, senão no de OLHAR PELA LIMPEZA, SUSTENTO E CUIDADO DE UMA CRIANÇA.
Si se lles regalan os NOSOS IMPOSTOS -ELES DESGRABAN POR "MECENAS", ETC.- ás eléctricas, á banca (por xogar fraudulentamente, tamén, o capitalismo non é distinto de iso), porqué non vai tomar a sua porción este seutor?
Montoto só é un pioneiro e non é parvo (de Lalín).