Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para que aumenten "o compromiso co país"

Quintana urxe á reforma das caixas e a creación dun organismo galego de crédito oficial

O vicepresidente receitou "autogoberno" fronte á crise e tamén expuxo que Galiza debe participar na dirección do Banco de España e demais institucións de control de mercados.

Redacción - 17:00 08/11/2008

A reforma da lei reguladora das caixas de aforro coa fin de intensificar o compromiso destas entidades coa economía produtiva do país e estimular a creación de emprego foi un dos eixos do relatorio exposto este sábado polo vicepresidente da Xunta. Anxo Quintana salientou a necesidade de acometer esa reforma como unha das prioridades do país no ámbito financeiro e no actual contexto de crise económica.

Foi durante a súa intervención no acto de clausura do seminario "Outra Europa: a alternativa das nacións sen Estado", onde Quintana aproveitou para expoñer a súa visión sobre a urxencia dun "cambio de estratexia" que na súa opinión pode sumar esforzos en prol da economía produtiva de Galiza a través "dunha alianza coas entidades financeiras galegas". Deste xeito, considera o vicepresidente que se poderían achegar de forma conxunta capitais públicos e privados en apoio de proxectos empresariais "estratéxicos para o noso país".

Nese sentido, e alén da reforma das caixas, Quintana explicou a necesidade de creación a curto prazo dun "organismo galego de crédito oficial". Segundo debullou, trataríase dun organismo baseado na idea de "portelo único" que una todos os instrumentos de acompañamento empresarial cos que conta o Goberno e que de xeito concreto, favoreza a participación no capital risco ás caixas de aforro.

Autogoberno como garantía de acción fronte á crise
"Ábrese un tempo novo onde o autogoberno é o instrumento máis acaído para controlar e coordinar democraticamente a economía desde as nosas institucións e a través de políticas propias", expresou o vicepresidente do Goberno. Quintana inseriu nese desafío a demanda dun novo Estatuto de nación como ferramenta concreta que garanta o éxito nese camiño.

Así, na súa opinión, é posíbel recobrar e afondar a misión "regularizadora e estabilizadora" das institucións públicas gañando autogoberno que permita respostas específicas desde o ámbito económico. "As nacións que practicaron políticas máis autónomas son xustamente as que afrontan a crise global en mellores condicións", apuntou ao respecto. Segundo analizou Anxo Quintana, na medida en que se avance na asunción de competencias e cara a un novo modelo de financiamento, Galiza estará máis preparada para impulsar o seu desenvolvemento económico.


5/5 (8 votos)


Comentarios (10)

bainha #1 8/Novembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este é o documento aprobado segundo o Encontro Irmandiño:
http://www.encontroirmandinho...

Por que na nova non hai ningunha referencia de Quintana á proposta de creación dun Banco Público Galego, tal como disque se aprobou no consello nacional, a instancias do Encontro Irmandiño, entre outras medidas?
É que non se enterou de que ata a CIG (un sindicato!) na convocatoria da mobilización para o próximo 13 de novembro propón esa medida?
Título da película: Viaxe alucinante cara o centrismo.

Gaviotero #2 10/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Cuanto más autogobierno, Angelito, más audis y más despachitos de 2 millones de euros, más dineral que se nos va en pluses de altos cargos y en dinero para los amiguetes...

En tiempo de crisis, lo que hay que hacer es eliminar las autonomías y ahorrarnos así las payasadas que a diario sueltan estos tipejos que no valen para otra cosa.

Gaby_Otero #3 10/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Cuando vos hay crisis lo mejor es no gastar dinero en parvadas, como papeletas de voto, censos electorales y demás conachadas. Cuando vos hay crisis lo mejor es que gobiernen los de las derechas de toda la vida, que para eso vos son de buenas familias con tanto dinero que ya no necesitan robar nada a nadie, porque les sale por las orejas.

¡Por eso a los de las derechas nos gusta tanto que haiga crisis! ¡Cuando la gente vive bien, ni se acuerda de nosotros!


¡VASPAÑIA COÑIO!

dafonte #4 10/Novembro/2008 dafonte
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

a ver se iste tío galeguiza o apelido dunha vez, vaia cara hai que ter!!

alpabarda #5 10/Novembro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non nos vendas milongas, Quintana.
Para que serviría o Instituto de Crédito Oficial? Moi sinxelo, para dar diñeiro a quen queira a Xunta. Eso estaría ben? Evidentemente Non.

Se xa mandades en Caixanova e Caixagalicia, por qué queredes crear un novo ente que as controle ainda máis?. Non o sei, pero dame arrepíos.

Despois que pasará? Pois que que se entras polo aro ben, senon non quedarás sen a pasta (ou daranlla á competencia, que para o fin é o mesmo). Este tipo de economía non é o que levará a Galiza a ser un país ceibo, ó reves, cada vez seremos máis dependentes de incompetentes. Se lles seguirá dando diñeiro, non ao que vale en este país, senon ao que pasa polo aro.

Gaviotero #6 10/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



UnDeTantos #7 10/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gavi,bufón,xa andas co rabo entre as pernas,Quintana e o BNG volverán a decidir nas próximas eleccións e os teus quedarán fora.

!Ha, ha, ha!

Gaby_Otero #8 10/Novembro/2008 Gaby_Otero
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Los bloqueros etarras sois ladrones porque nos tenéis envidia a las buenas familias de toda la vida. Vos gustaría ser tan finos coma nosotros, y saber hablar castellano tan bien coma nosotros. Pero sois unos pailanes de la aldea que ninguién respeta. Y aun por enriba ninguién vos va votar en las próximas elecciones porque Feijoo vos va dar a todos una mallera que vos van quedar las piernas abaneando.

BonKarallan #9 10/Novembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Tes razón #2 Gaviotero imos eliminar as "autonotuyas" e proclamar a independencia xa.

Vakaloura #10 11/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Prezado Quin: Quizabes non che falte un chisco de razón no teu prantexamento. Pero o pior de todo é que a meirande parte non cremos nos nosos políticos. Nin tan sequera en ti que posibelmente sexas o menos malo de todos. O cal quere dicer que a cousa non remata de callar. Até o de agora non nos diches moitas razóns de credebilidade. Pois ti imaxina que despois dos comicios PP ou PSOE se sintan livres cun governo en maioría?
Outra cousa ben distinta sería que tiveras credibilidade ti máis a túa equipa, pero non te enganes ti nin nos enganemos os galegos…..é o que hai!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: