Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A alternativa das nacións sen Estado"

Adiante a Cámara dos Pobos: cara a outra visión de Europa

As nacións sen Estado como vangarda na loita "por unha Europa de todos". Foi unha das ideas centrais nas xornadas organizadas pola Fundación Galiza Sempre.

Redacción - 17:15 08/11/2008

As nacións sen Estado como vangarda na loita "por unha Europa de todos" foi idea destacada no seminario celebrado esta semana en Compostela, organizado pola Fundación Galiza Sempre, co título "Outra Europa: a alternativa das nacións sen Estado". As intervencións respectivas Xosé Manuel Beiras, Aureli Argemi e de Anxo Quintana, pecharon o acto de clausura das xornadas da Fundación Galiza Europa sobre o futuro do continente.

Como colofón á cita, os organizadores quixeron subliñar o impulso ao proxecto da Cámara dos Pobos de Europa. Un foro co que, segundo Xosé Manuel Beiras, presidente da Fundación, poderase avanzar na proxección pública do traballo das nacións sen Estado de Europa. Na opinión de Beiras, trátase de construír unha nova Europa, que reformule os elementos básicos sobre os que se iniciou a construción europea, desde unha visión máis ampla que a estritamente económica. "Unha Europa máis democrática, de cidadáns libres, social e solidaria", sinalou Beiras, afirmando que esta idea vai máis en consonancia coa intención proposta xa por algúns dos fundadores do actual proxecto común.

A Cámara dos Pobos é unha iniciativa deseñada pola Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU). O acto de peche contou tamén coas reflexións do presidente do Centre internacional Escarré per a les minories étniques i les nacions (CIEMEN), Aureli Argemi, quen falou desa estratexia necesaria para que se faga visíbel "o discurso da Europa dos pobos". "As nacións sen Estado xa somos a vangarda na loita dunha Europa de todos, pero agora cómpre gañar visibilidade", explicou Argemí, salientando a importancia de que cara ás próximas eleccións europeas se reforce o discurso en favor da sensibilidade fronte a unha Europa plural. "Europa, ou será de todos ou non será nada", sentenciou o monxe e intelectual catalán. De paso, aproveitou a actualidade das eleccións presidenciais estadounidenses para exemplificar ao respecto do eslogan "podemos" asinado por Obama. Segundo Argemí, é un indicio claro de como "os débiles poden" a través dunha mensaxe "en positivo" mudar as cousas, e de xeito concreto neste caso, "facilitar outra visión de Europa", un continente "unido na diversidade".

Por último, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, analizou que a relegación dos pobos e nacións sen Estado veu froito, entre outras cousas, da propia "doutrina ultraliberal". Un xeito de facer as cousas que, en opinión de Quintana, demostrouse inútil, de forma que a crise económica actual "rebate rotundamente a ideoloxía animada polo neoliberalismo". Segundo o vicepresidente, agora fracasou un modelo que negaba a expresión política soberana das identidade nacionais "en nome tamén da eficacia suprema do mercado global". Deste xeito, prognosticou Quintana que propostas como a da Cámara dos Pobos, serán beneficiosas para a viraxe do rumbo cara a "outra Europa que ha fundamentarse na unión de pobos soberanos", como espazo para exercicio de dereitos sociais e culturais avanzados.


4,9/5 (10 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 8/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

As nacións sen estado só teñen unha alternativa posible para a sua existencia plena: facerse co seu propio, mais un muito diferentes ós €$tado$ da U€, e sen faceren parte do embigo do mundo, non é?

Opinador #2 9/Novembro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Pois xa nos dirás CÓMO se consegue iso, Ecoe.

Carlinhos #3 9/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu cuido que se somos consequentes coa evoluçom estrutura socio-económica (dependente e cos benefícios empresariais máis altos e cos salários e as pensóns mais baixos), co impsse do status político da Galiza (colonial) e mais co preocupante perigo de despariçom da sua identidade, estavamos máis a vontade na Uniom Africana (como covidados, esperemos que Angola, Moçambique, Cabo Verde, Guiné... nos emprestem umha cadeira).

OBSERVADOR #4 9/Novembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nações sem estado, sim, mas... para conseguir um estado ou para continuar a ser "sem estado"?

aovellaquemira #5 10/Novembro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Creio que a estratégia Bloqueira de se relacionar com as nações sem estado unicamente é errada. Elude a nossa natural saída ao mundo por meio da lusofonia e vive na gaiola estatal desenhada também com Ilga-Rag podendo ocupar cadeira e ter voz no mundo não só na nossa própria língua, senão precisamente por causa de termos essa língua (internacional).
O que há na atualidade é, em troques, um total autismo comunicativo com a lusofonia. Uma saída ao mundo só em espanhol e como espanhois, mediatizada pelo Reino Bourbónico. Um despropósito da emancipação individual e coletiva.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: